CARENCIA de INDECENCIA: INDECENCIA


CARENCIA DE DECENCIA: INDECENCIA

Pontevedra, ao 23 de Novembro de 2002
           CARENCIA DE DECENCIA:
               INDECENCIA
Que nome absurdo é deducir a CARENCIA,
O que non hai ou e que se perdeu.
Carencia de amor tenro,
E a dor ferida de morte absurda.
Carencia e a demencia,
A falla do sentido común,
O abuso  constante
Aos seres humanos necesitados.
Carencia de agarimo pedido,
E un rexeite ao amor comprendido.
Hoxe en día a carencia fai-se
En forma de abuso brutal.
En forma de despido rápido.
En forma de doloroso deshaucio,
Unha política temeraria
Daqueles banqueiros ususeiros,
Que carecen da dignidade
Humana necesaria.
Carencia son as leisies inhumanas,
Da carencia das medicinas,
Máis elementais para os seres humanos.
De que xeito brutal e abominable,
Chega a deshumanización
Dos seres humanos. Temos de todo
E non temos de  nada e posúen,
Un si lenzo frío de morte provocada.
Carecen de tanto, porque
Arrincáronlles as gañas de vivir,
Namentres os seus corazóns feridos
Choran pingas de sangue pura.
A vida enteira non é un xogo común.
A vida non é unha mera distracción.
A vida é a mesma vida enteira,
Que fomos tecendo
Ao longo do tempo morto.
Basta xa, de absurdos sufrimentos
Ou basta xa, da creación
Das absurdas fábricas da dor.
A vida é a verdade inversa,
A vida non é un cacho de felicidade.
Que é a vida se non vivo?
Que é a vida sen un berro libre?
A vida, por veces,
En estado de carencia continua.
Impoñen tantas carencias
E medra a dor innecesaria.
              Míguela   Déboos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s