PENSAR DIFERENTE


Pontevedra, ao 12 de xaneiro de 2013 -MAL NÚMERO
 
SE NON MEDRA-
 
 
 
 
 
                   PENSAR  DIFERENTE
 
 
 
Xaneiro frío
 
De palabras inútiles.
 
Naceu o ano perdido
 
No tempo simultaneo.
 
Os libros dicían
 
O que había que dicir.
 
A palabra exacta
 
O folgo  necesario
 
Pero a torpe
 
Palabra humana irreflexiva,
 
Fixo, coma ,sempre,
 
Un discurso absurdo,
 
Cheo de incongruencias,
 
Na que era pas ión humana
 
E a sen razón temeraria.
 
O valado que divide e separa
 
Aos corazóns xunguidos,
 
Fíxose unha separación
 
E polo mesmo fin,loitaban:
 
O final da dor insolente
 
Que vai segando
 
As vidas humanas.
 
Crearon un sector
 
Dividido e convulso.
 
Non había nin gañadores
 
Nin perdedores ,
 
Nin premios fascinantes.
 
Había a diversidade opinada,
 
O criterio diferencia dor,
 
Mais non había que condenar
 
Ao criterio alternativo,
 
A aquel que non compartía
 
As diferencias reais
 
E pretéritas
 
Todo estaba escrito
 
 Nos libros  diversos
 
Quizabes da cor azul,
 
Quizabes da cor verde
 
Estaban escritos
 
As normas e os consellos
 
Mais de nada valeu,
 
Namentres
 
As palabras valeiras
 
De contido substancial
 
Crearon o cisma absurdo.
 
Nos enunciados,
 
Non embargan tes
 
Eran interpretados
 
Ao xeito desexado
 
A seguen de quen
 
Viñera a palabra
 
Pronunciada.
 
Non comprendín, nunca,
 
Na división da tripulación
 
Cando un Capitán xusto
 
E benévolo era
 
O noso gran amigo
 
Que sempre
 
Nos levaba
 
Ao rumbo exacto
 
Do Porto Desexado,
 
Onde non había a negritude
 
Da dor que peta
 
No corazón brando
 
E bondadoso.
 
Palabras contra palabras
 
No mesmo navío,
 
Común embarcación da travesía,
 
Son símbolos para a rebelión
 
Un absurdo motín inútil.
 
Eu non sei que é a verdade
 
Eu non sei que é a mentira,
 
Eu sei que as palabras
 
Saen da boca ben aberta
 
Para sandar feridas fondas,
 
Ou para facer
 
Dunha infección local
 
Unha praga de dor constante.
 
Os feitos a facer
 
Están escritos na sabedoría
 
Das súas palabras impresas,
 
Nos enunciados pertinentes
 
Nos textos sinalados.
 
O desacordo verbal
 
E unha opinión diferente
 
Un feito democrático.
 
As condenas inútiles
 
Son feitos verbais
 
Por mor dun enfado absurdo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                  Miguel   Dubois

Unha reflexión sobre “PENSAR DIFERENTE”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s