Arquivo da etiqueta: Pontevedra
PEDRA FRÍA
Non me arrinques os amores queridos,
e non me asustes con temores tremendos,
falla constante de nocturno soño.
Non me quites as ilusións soñadas
soño, que a dor morrerá,
pesadelo intenso posesivo:
un vivir sin vivir, un respirar
a torpes suplidos insurrectos
e partidas as ilusións,
coma vasos de vidro roto.
Soño que virá a liberdade roubada.
Soño que o negro mudará a branco.
Soño que os malos momentos castigadores,
ficarán coma un mala lembranza esquecida.
Que máis non nos enganen, que mentir
non o fagan a destro e sinistro,
incluíndo o Norte, O Sur, o Leste e O Oeste,
temos fartura desengano e os ventres
pola dor do noso espírito insurrecto,
aqueles que teñen corazón pétreo,
e os beizos de xeo branco,
da bicos xe lados que as bocas pechan
de sinistro frío perverso.
Quitan de aquí e rouban de alá,
cidadáns perdidos e deshonestos,
ladróns de luvas brancas,
As arcas do Estado ficaron,
fracas e cheas de fame
e os nosos diñeiriños enmagreceron,
famentos de vida plena
e amantes da solidariedade
e do progreso sociai comunitario.
Voaron a lugares estraños
en aeronaves despistadas,
que saíron a horas intempestivas
rumbo de illas perdidas,
paraísos do mal consentido.
E o País, non medra, non medra,
o noso país, o pobo foi
manifestando o seu enfado razoable.
Os salarios baixan e a vida sobe,
como se fora a vida enteira,
un gran rañaceos considerable
e desapiadado, creador da necesidade
E os ánimos caen coma unha pedra dura
e tirada á beira dun alto cantil ventoso.
Barcos poucos se miran pola mar brava,
e os peiraos permanecen cheos
de barcos quedos e parados.
Os barcos de Marín dormen,
un estraño soño mortal
de ferro e ferruñe, óxido ade rido
a babor e a estribor.
Mariñeiros perdidos no paro desapiadado
sen futuro próximo algún.
Todo vai decaendo incesantemente
Os motores sociais
quedan apagados,
a Sanidade quérena
que sexa de pago duro.
Carencias nos colexios públicos,
a ratio por aula aumenta,
restamos o número de profesores,
convertendo o Ensino Público
e Centros Educativa Carencia is
de nova creación chamados.
Os Centros de Educación Infantil
e os da Educación Primaria
son chamados, agora,
Centros Educativos Carencias,
a según a normativa vixente,
eu che quito e non che dou ren.
Por si fóra pouco a Lingua Galega,
vai ficando nun plano relegado
nu vagón de cola e derradeiro
onde as letras e frases están frías
do tren das linguas habidas.
Falemos inglés en nome
da Raíña Británica,
ou ceca is na memoria
de Willian Shakespeare
ou T: S: Elliot,
e fagamos de Alfonso
Daniel Rodríguez Castelao,
un tolo nacionalista.
En fin imos perdendo
a nosa propia identidade,
imos perdendo a nosa propia lingua,
imos perdendo a nosa propia
literatura e a historia de Galicia,
baixa aos límites do fondo mariño
onde todo é unha escuridade permanente.
Que dicir que fuximos de nós mesmos,
galegos e galegas de baixa auto estima,
aínda sabendo que X. L. Méndez Ferrín,
foi candidato ao premio Nobel.
Falemos por caso do Rexurdimento,
Rosalía, Curros Enrriquez e Eduardo Pondal,
Outras grandes poetas como Uxío Novoneira,
Manuel María, Celso Emilio Ferreiro,
Manuel Cuña Novás, Antón Tovar Bovillo,
Manuel Lueiro Rey, Antón Avilés de Taramacos,
ou Lembrémonos de Ramón Cabanillas,
de Rafael Fieste, de Luis Seoane,
de Bernardiño Graña.
Músicos como Bibiano, Benedicto,
Fuxan os Ventos, Milladoiro,
Luar na Lubre, Xerardo Moscoso,
Emilio Cao, Miro Casabella,
Suso Vaamonde, Os Tamara,
Xil Ríos, Andrés Dobarro,
Leilía, Uxía, María Manuela,
sendo vendidos a un prezo baixo
coma una absurda mercadoría.
Despóis din que din
máis non din nada.
Mais ben fan don-don-din.
Venden miseria enteira,
a prezo alto,
namentres o comedores sociais,
están cheos de comen sales necesitados.
Quen lle pagará a Manuel ou a Uxía
o medicamento preciso, para
a supervivencia vital despois
de todo unha vida de intenso sacrificio?
Cantas promesas incumpridas.
Cantos cartos roubados.
A Democracia é unha enferma grave,
na que lexíslase a medida,
dun opresor que derruba
as leis es da liberdade.
Estas palabras escribidas,
son un alegato constante
en contra do abuso aprobado.
Mentiras sobre mentiras
son as vosas verdades falsas,
que a vós os desacreditan
e a nós fannos máis fortes.