Pontevedra, ao 5 de outubro de 1013.
FATAL
Marchouse, sen pena nin gloria,
Marchouse coa testa erguida
e o pensamento claro.
Marchouse por obriga.
Marchouse pola la boura ineficaz.
Marcho se de cara a outros portos,
Portos no que atopar o sosego,
dunha travesía lenta e segura.
Dicían que era doado a palabra senlleira.
Dicían que dicían algo máis nada dicían.
O campo estaba ermo
as miradas confusas e as preguntas
non tiñan respostas axeitadas.
O movemento mecánico
ou a constante robótica,
fixo a xuntanza entre amigos
carente de capacidade reflexiva
e crítica tamén. Non se fixo
o que había que facer,
provocando desercións
do campo da liberdade.
Son libre para estar libre,
e nunca perderei a condición
propia de cidadán amante
de todo o que non este xa preso.
Que maior torpeza, que
o atrevemento, invadido
incompetente mente,
do que non sé é competente.
Que nefasta acción é despedir
ao que sofre, a súa propia
incomprensión e a dos demais.
Berros dabondo e marcha xa.
Non podo soportar as condutas
prepotentes e os berros insoportables.
A vida non é como eu
quixera que fora,
e cada un ocupa o lugar
que non lle corresmponde,
fáltando ás elemntales leis es
do res peto humano.
Por iso, marchouse
sen pena nin gloria
do lugar que el axudou
a erguer con esperanza máxima,
con gozo constante
a costa de moitas horas,
e por iso marchouse
mirando e observando
os feitos desfeitos.
Míguel.