CAMAS RODANTES


adrianaflagoa@yahoo.es

Cuenta Microsoft
Click Me!
                                   CAMAS RODANTES
        Pontevedra, ao 11 de agosto  de 2012    
   
O tempo está ferido polo frío ferinte,
 E pola dor, que é o principio do pracer perdido.  
Camas con rodas pequenas,  
Pequenos círculos de goma dura,
 
Atravesan as portas corredoiras  e transparentes,
E longos espazos estreitos, es tensos corredores.  
Internas estradas dos hospitais grandes,  
Onde un berro  perdido se escoita  
No fondo escuro e afastado,
 Dun corredor escuro.  
Facianas fixan a   mirada preguntona,  
Na fonde da dor,  
Actividade contra o sufrimento indesexado,  
Onde a dor creba o principio cirúrxico,  
Da básica  harmonía e do sosego.  
Traballadores vestidos de branco inmaculado,  
Coma se foran estatuas móbiles,  
De branca neve de inverno frío,  
Ou verde quirófano , campo operacional,
Cirúrxico de bisturís e escalpelos,  
Onde durmen totalmente ou parcialmente,  
Según o caso preciso,  
Os protagonistas dos espazos da dor.  
Tacto perfecto de ciruxano preciso e conciso,  
Pulso magnífico,  
Man de ciruxano exquisito,  
Bísturi perfecto ou fío interminable,  
Miras o reloxo, moitas veces, incontables veces,
E non da pasado o tempo non ten presa,  
E procuras empatizar có teu familiar,  
Érgueste e séntaste, namentres,  
Séntaste e érgueste, un sobe e baixo inquieto,  
Un sentirse impotente ante o descoñecemento,  
Médico, perdido en abstractas  
Suposicións absurdas,  
lPérdeste nos minutos pasados de tempo  
E o tempo transcurrido non ten fronteiras definidas,
 Nin valados e entón vives,  
Coma un naufrago que non quere  
Morrer no tempo e no lugar, tampouco.  
Un tras ego de camas rodantes veloces,
Fagan paso Señores!,di unha enfermeira  
Vestida nunha funda verde escura.  
Rompen o senso va leiro dos longos corredores,
Onde no fondo pérdese unha voz longa,  
Unha vez máis, dor de ferida intensa e san dante,  
Namentres as pequenas rodas grises,  
Son a fonte continua dun son grave e desasosegado.  
Botellas plásticas transparentes,  
Amosan o cumio dun mastro metálico,  
Coma se fora a bandeira dos enfermos derrotados,  
Saa de bo xes cirúrxico, camas perfectamente aparcadas,  
Saen e entran as rodantes camas,  
Onde descasan o enfermos.
Lectores sabios de doenzas concretas,  
Leen detidamente, o historial  clínico   do enfermo,
Con xeito de seguridade e atentamente,  
Preguntas sobre preguntas,a según o caso.  
Quen é vostede?  Non podo operar ao enfermo,  
Me di o lector das historias clínicas definidas,  
Debido a que non ten asinado o apartado corresponde,  
Entón poñemos cara de desconsolo ou ledicia  
Según o caso sexa, grave, leve oi que sei eu!  
Que sería mellor?  
E por, so mentes, unha firma esquencida alóngase,
 O tempo para a intervención cirúrxica.  
Tomben manda os protocolos burocráticos,  
Denantes dunha operación cirúrxica.  
Levan ao meu familiar antro o medo e a tristura,  
Longas horas de espera longa e indefinida,  
Perdido polas páxinas de Sol de Agosto,  
Escrito polo  gran William Faulkner  
Namentres un dos protagonistas  
Camiña polas rúas de Jefferson.  
Chamadas intermitentes as familiares dos enfermos,  
Pola banda do  persoal sanitaria.  
Laios desconsoladores ou máximas ledicias,  
A sorriso  nervioso  e torpe  as bágoas que mollan e doen,  
Suores fríos frontais e as mans molladas,
 Por mor  dun suor húmido e nervioso.  
Ou calor excesivo  por mor do momento vivido,  
Sen alternativa e obrigado,  
Namentres o tempo avanta,  
E a testa é un pensamento continuo imparable.
      Míguel   Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s