PEDRA FRÍA


 
 
 
Click Me!

Pontevedra, ao 12 de outubro de 2012.

                        
                                                         PEDRA  FRÍA                 

Non me arrinques os amores queridos,

pola gracia e amor fondo,
de quen máis quero

e non me asustes con temores tremendos,

falla constante de nocturno soño.

Non me quites as ilusións soñadas

soño, que a dor morrerá,

pesadelo intenso posesivo:

un vivir sin vivir, un respirar

a torpes suplidos insurrectos

e partidas as ilusións,

coma vasos de vidro roto.

Soño que virá a liberdade roubada.

Soño que o negro mudará a branco.

Soño que os malos momentos castigadores,

ficarán coma un mala lembranza esquecida.

Que máis non nos enganen, que mentir

non o fagan a destro  e sinistro,

incluíndo o Norte, O Sur, o Leste e O Oeste,

temos fartura desengano e os ventres

 que brúan en orde confuso,
perdidos, vento da miseria,
 que máis non nos mintan, non

pola dor do noso espírito insurrecto,

aqueles que teñen corazón pétreo,

unha dura rocha insensible,

e os beizos de xeo branco,

da bicos xe lados que as bocas pechan

de sinistro frío perverso.

Quitan de aquí e rouban de alá,

cidadáns perdidos e deshonestos,

ladróns de luvas brancas,

elegantes e finos cabaleiros
do desengano e da miseria.

As arcas do Estado ficaron,

fracas e cheas de fame

pobre  daquel que non ten
que levarse  á boca
e calmar a fame persistente
As arcas do Estado foron saqueadas,

e os nosos diñeiriños enmagreceron,

famentos de vida plena

e amantes da solidariedade

e do progreso sociai comunitario.

Voaron a lugares estraños

en aeronaves despistadas,

que saíron a horas intempestivas

rumbo de illas perdidas,

paraísos do mal consentido.

E o País, non medra, non medra,

o noso país, o pobo foi

manifestando o seu enfado razoable.

Os salarios baixan e a vida sobe,

como se fora a vida enteira,

un gran rañaceos considerable

e desapiadado, creador da necesidade

non querida e rexeitada,
por norma vital e constante.

E  os ánimos caen coma unha pedra dura

e tirada  á beira dun alto cantil ventoso.

Barcos poucos se miran pola mar brava,

ondas perdidas no seu movemento
constante e decidido,

e os peiraos permanecen cheos

de barcos quedos e parados.

Os barcos de Marín  dormen,

un estraño soño mortal

de ferro e ferruñe, óxido ade rido

a babor e a estribor.

Mariñeiros perdidos no paro desapiadado

sen futuro próximo algún.

Todo vai decaendo incesantemente

sen avisar unha saída razoable.

Os motores  sociais

quedan apagados,

a Sanidade quérena

que sexa de pago duro.

Carencias nos colexios públicos,

a ratio por aula aumenta,

restamos o número de profesores,

convertendo o Ensino Público

e Centros Educativa Carencia is

de nova creación  chamados.

Os Centros de Educación Infantil

e os da Educación Primaria

son chamados, agora,

Centros Educativos Carencias,

a según a normativa vixente,

eu che quito e non che dou ren.

Por si fóra pouco a Lingua Galega,

vai ficando nun plano relegado

nu vagón de cola e derradeiro

lingua minoritaria,

onde as letras e frases están frías

do tren das linguas habidas.

Falemos inglés en nome

da Raíña Británica,

ou ceca is na memoria

de Willian Shakespeare

ou T: S: Elliot,

e fagamos de Alfonso

Daniel Rodríguez Castelao,

un tolo nacionalista.

En fin imos perdendo

a nosa propia identidade,

imos perdendo a nosa propia lingua,

imos perdendo a nosa propia

literatura e a historia de Galicia,

baixa aos límites do fondo mariño

onde todo é unha escuridade permanente.

Que dicir que fuximos de nós mesmos,

galegos e galegas de baixa auto estima,

aínda sabendo que X. L. Méndez Ferrín,

foi candidato ao premio Nobel.

Falemos por caso do Rexurdimento,

Rosalía, Curros Enrriquez e Eduardo Pondal,

Outras grandes poetas como Uxío Novoneira,

Manuel María, Celso Emilio Ferreiro,

Manuel Cuña Novás, Antón Tovar Bovillo,

Manuel Lueiro Rey, Antón Avilés de Taramacos,

Darío Xohan Cabana, Carlos Casares

ou Lembrémonos de Ramón Cabanillas,

de Rafael Fieste, de Luis Seoane,

de Bernardiño Graña.

Músicos como Bibiano, Benedicto,

Fuxan os Ventos, Milladoiro,

Luar na Lubre, Xerardo Moscoso,

Emilio Cao, Miro Casabella,

Suso Vaamonde, Os Tamara,

Xil Ríos, Andrés Dobarro,

Leilía, Uxía, María Manuela,

Pilocha, Xoel López,

sendo vendidos a un prezo baixo

coma una absurda mercadoría.

Despóis din que din

máis non din nada.

Mais ben fan don-don-din.

Venden miseria enteira,

a prezo  alto,

namentres o comedores sociais,

están cheos de comen sales necesitados.

Quen lle pagará a Manuel ou a Uxía

o medicamento preciso, para

a supervivencia vital despois

de todo unha vida de intenso sacrificio?

Países estranxeiros dabondo percorridos,
emigrantes da necesidade e da miseria.
Habitantes de barracóns e obreiros
ou obreiras en Bavieria

Cantas promesas incumpridas.

Cantos cartos  roubados.

A Democracia é unha enferma grave,

na que lexíslase a medida,

dun opresor que derruba

as leis es da liberdade.

Estas palabras escribidas,

son un alegato constante

en contra do abuso aprobado.

Mentiras sobre mentiras

son as vosas verdades falsas,

que a vós os desacreditan

e a nós fannos máis fortes.

Miguel  Dubois.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s