WESTGATE, WEST OFXORD


est 

 

 

HTTP://POETRYOFTHEWORLD.WORDPRESS.COM

 

 

 

 

HTTP://MUNDODEFISTERRA.BLOGSPOT.COM.ES

3th   July  2013, Comezo, remate o 8 de agosto de 2013

Oxford,  British Study  Center.

                  Westgate

Adico este poema, ás miñas compañeiras en Oxford:

           MARÍA

           MARI

           CARINA

               e

           TERESA

 Un acio de silencios enteiros,

 verde esperanza vestida de verde,

 verdes parques de descanso plácido,

 uvas enteiras  poderosas e grosas

 e redondas uvas de zume ateigadas,

 prendidos acios  colgantes

 e  verdes parras extensas,

 penduradas de aramios tensos,

 fío metálico tirante,

 e pedras longas e estreitas,

 a modo de teito aéreo

 e xusto mantemento,

 terras queridas

 desta amada Galicia máxica

 e feiticeira, folgar das Terras

 Atlánticas, de campos longos

 e de minifundio constante, 

 de terra negra e fértil,

 do interior fermoso e montañoso

 Monte Outo, perdido no Cumio,

 ou Terra Chá, decisiva planicie,

 Verdadeiramente,

 un acio pendurado

 de uvas verdes e grosas,

 redondez a feito elíptico,

 a certa distancia do chan cha.

 Verdes e vivas de intensa cor,

 fermosura  penetrante aos ollos,

 uva verde aplastada polo branco

 dente forte e resistente,

 branco que rompe o froito desexado,

 acesos, abertos as faces

 tenramente trituradores,

 abertos entre a beleza existente.

 Uvas tintas e uvas brancas,

 tan brancas coma brancas

 escuma dun mar cha ,

 tranquilo no que o vento

 intermitente e penetrante,

 simplemente,

 fai de ilusión óptica,

 e a virtude intensa da calma

 desexada e esperada e non

 desesperada, crea a calma

 chicha, planicie do mar calmo

 e sosego da lentitude inicial,

 delirio fondo e estratéxico

 dun zume  do mar   azul,

 e verde coidado e delirante

 de gustos prendidos de delirios

 e soños diferentes, por doquier,

 nunha noite caída do ceo aberto,

 na escura noite perdida e extrema

 das lembranzas, pantasmas

 dun pasado abstracto e delirante

 e, por veces, e non sempre

 concreto ,preciso e impertinente.

 Lúa intensa e chea de fermosura,

 agasallo da noite luminosa,

 fondos buratos circulares,

 ao fondo da noite perdida,

 entre tódolos delirios celestiais.

 Bóveda celestial delirante,

 cuberta enteira aberta

 e total sobre a miña testa grande,

 astros luminosos e escintilantes.

 A noite enteira non era

 unha pantasma ocasional,

 ou provisoria, pasaxeira

 ou perdida no teito celeste.

A noite enteira,

 era un descanso temporal,

 carente de delirios absurdos,

 na noite enteira e sosegada.

 Non pronunciamos, nunca,

 as mesmas, absurdas palabras,

de sempre, e de acotío,

 absurdas e incorrectas,

 tonterías solemnes e absurdas,

 pensamentos inútiles,

 que nada din e que nada aportan

 ao paso rápido da vida.

A noite enteira,

 non é un silencio constante,

 unha aventura perdida e desvirtuada

 no mundo luminoso,

 dunha noite de verán ao descuberto.

 Luz dos meus ollos  abertos,

 a fonte da luz constante,

 do mirar quedo e sinistro,

 do ver e do distinguir,

 un delirio perdido nun soño

 absurdo; un soño rompido

 absurda vida enteira

 en ti vivo e deliro

 de soños políticos deformados,

 con alteracións mentais profundas,

 desmesuradas e quebrantadas,

 quebrados e mal formados,

 na ecuación  mínima esixida

 ou nula da vida inútil.

No medio da noite enteira,

 enteira, está a lúa redonda

 a fermosa raíña da noite enteira.

 Nesta noite fuxiron as  dores

 penosas e os prexuízos absurdos,

 que limitan a felicidade desexada.

 De que vale o laio absurdo e inútil,

 dunha a teoría do medo intenso?

 De que xeito comprensible,

 podo acudir á palabra felicidade?

A noite pecha era moito máis,

 que as absurdas palabras inútiles

 do discurso político incoherente,

 valeiras de contido específico

 palabras inútiles e perdidas

 no baleiro intenso

 que feren os sentimentos

 ben acollidos, de certo.

A vida podería ser,

 un museo incompleto.

 nos que andaría

 aínda non chegaran

 os obxectos máis desexados

 e os suspiros sorprendentes,

 da carencia que vai a ser habitada

 nun futuro próximo e desexado.

A vida podería ser,

 un conxunto de palabras valeiras,

 rematadas, nun camiño curto.

 A vida podería ser un silencio

 continuo e sincero, carente

 de marmulos absurdos,

 de decisións inútiles.

 Eu che quero máis,

 polo día que pola noite

 e pola noite che amo

 o resto do día enteiro.

Eu che amo tanto,

 no decisorio, no definitivo,

 no bico aceso que altera

 o silencio consentido,

 e na carencia do inútil,

 cando  te amo daríache

 enteiro o interior,

 o  meu, o que posou.

 e as túas bágoas serían

 un afastado sentimento 

 da dor plena

 incluído, os sons inútiles

 carentes do sentido existencial.

Acompañamento dun fondo

 absurdo, que penetra e doe.

 O silencio absurdo e adverso,

 chamábame, ao corazón baleiro.

 Enchíaseme coa túa voz decisiva.

 Deixeime  caer nos criterios absurdos.

 Libereime  da sufocación consentida,

 e do delirio fácil que me chamaba,

 a beira deste gran museo de Oxford

 chamado Pitt  Rivers,

 Museo das Ciencias da Natureza,

 Podería ser Oxford,

 moitas grandezas conservadas,

 cun certo son señorial específico

 e aristocrático e perdido no tempo.

Un College importante,

 de prezos prohibidos

 para os cidadáns de a pé,

Os Colleges de Oxford,

 chamaban ás portas do Poder

 e a memoria pretendida.

 Lembranzas  

 de Edificios Memorables ,

 de tantos anos pasados

 xa construídos,

 per in século seculorum,

 de Colexios Maiores,

 de Igrexas Perpetuas

 de oracións perdidas,

 de pedras frías do pasado.

 Puidera ser Oxford,

 unha lembranza obtida

 dun tempo pasado,

 do  Poder e da Gloria Británica.

Oxford da  fría pedra,

 sentimentos da frialdade social,

 nobres colexios das clases

 acomodadas, que abundaban

 na economía propia.

Oxford da Nobreza fenecida.

 Oxford dos diamantes rompidos.

 Oxford dos días de Oscar Wilde.

 Oxford dos días de Indira Ghandy.

 Oxford dos días  de Benazhir Buttho,

 Oxford dos día de Margaret Thatcher,

Paredes escuras  dun sentimento

 oculto, que se respira no ar difuso.

Oxford era unha oración estragada,

 no silencio da noite fonda,

 . Oxford era

 un rebumbio de voces  afastadas,

 que reclaman 

 o mesmo remate verbal:

 a xustiza igualitaria inexistente.

 Oxford ferido de pombas perdidas.

 Non atopo sosego no fondo

 da noite perdida e única.

 Noite perdida nos silencios ocultos.

 Oxford foi unha noite longa,

 perdida ao longo do tempo.

 Furaron as noites absurdas,

 e polos Colexios Maiores,

 da  cidade de Oxford,

 corrían furiosos sisudos

 estudantes de libros infinitos,

 do Imperio Británico,

 coma Tony Blair,

 Harold Macmillan,

 Douglas  Hume,

 Harold Wilson,

 Edward Heath,

 escritores

 coma J. R. Tolkien,

 Robert Graves,

 Graham Greene,

 T. S. Elliot.

 Trastornos emocionais,

 de tempo ferido de morte

 das humanas vidas vividas.

 As vidas  dos corvos negros.

 As vidas dos veloces galgos.

 As vidas dos  cabalos fermosos

 e as carreiras fluviais,

 entre Oxford e Cambridge,

 a forza do remo forte

 e competitivo.

 Foron máis de trinta

 pasos humanos, de home,

 ou de muller británica,

 os continuos paseos

 entre a cidade fermosa,

 na que Lewis Caroll,

 profesor de matemáticas

 chamado, realmente,

Charles Dogson,

 escribiu Alicia no País das

 Marabillas, que con frecuencia

 falaba, Gonzalo Torrente Ballester

 aos seus alumnos no Instituto

 de Ensino Medio, Valle  Inclán,

 da cidade de Pontevedra.

Polas rúas de Oxford,

 múltiples nacionalidades,

 xuntábanse, nunha marea humana,

 que as rúas ateigaban.

 Oxford era unha chamada a cáseque

 tódolos *teennagers de tódolos

 lugares de cáseque o mundo enteiro,

 a excepción do mundo marxinal,

 que non teñen nin lugar

 nin espazo posible en Oxford

 Ese que existe  carente de afecto,

 máis que nada conta no mundo cotiá,

 que todos ben coñecían.

 A pesar de que esta vila foi fundada,

Oxfam.

 En Cornmarket Street,

 os músicos tocaban e cantaban,

 afanosamente, as súas propias

 creacións ou unha chamada

 as alleas cancións, de sempre,

 polas que o tempo non pasaba.

 Eran cantigas que permanecían

 por sempre, no tempo vivido

 ou no espazo ocupado,

 Paquistaníes, chineses, holandeses

 irlandeses,  celtas con arpa,

 frauta e gaita voz e instrumentos,

 hindús, brasileiros, latinos,

 anglosaxóns ou escandinavos,

 con guitarras eléctricas

 ou chelos grandes e fermosos.

As máquinas fotográficas,

 disparaban de feito compulsivo,

 namentres, os guías locais

 explicaban a historia

 de Oxford e edificios circundantes.

Librerías para comprar libros

 máxicos, ou historias de amor

 interminables, ou a biografía

 de Nelson Mandela,

 na noite de Oxford,

 nos que podían soñar nunha noite

 de verán, sentado nun belo xardín

 da cidade de poderoso beleza

 e historia innegable.

 Subirse a aqueles vermellos

 e fermosos autobuses altos e longos

 de dous andares e  poder divisar

 a fermosura da cidade de Oxford,

 a traveso da  fronte do  cristal

 dianteiro, do segundo andar do bus.

 Un bus internacional de moitas

 razas ou nacionalidades diferentes.

Ou pasar un día feliz en Cowlley

 Road, barrio intercultural,

 e interétnico, diversidades da razas

 humanas, habitantes da diversidade

 entroido anticipado para nós.

 Música fermosa entre baile

 interraciais , timbais poderosos

 e grandes instrumentos de vento.

África fai a súa presencia,

 nesta cidade de gárgolas,

 de cruces e de afiadas agullas,

 que apuntan ao ceo de Oxford.

 J. R. Tolkien, anúnciase,

 como escritor poderoso

 de imaxinación plena,

 frecuentando

 o Pub Eagle and Child,

 que foi lugar do noso lecer,

 e descanso ocasional,

 neste Oxford, namentres,

 habitante habitual da vila,

 existía un certo ambiente

 shakesperiano

 de tarde ao morrer,

 nas portas do teatros principais.

A xuventude en pleno, enchía

 a variedade dos espazos inútiles,

 rompendo o silencio habido,

 nuns instantes anteriores

 creando un continuo poderío

 de voces permanentes e concretas.

Noites enteiras de Oxford,

 lembrando a Romeu e Xulieta,

 dende Stratfford Upon Able

 até o centro do corazón de Oxford,

 quizabes o amor fondo,

 e  máis fermoso de toda

 palabra ou feito vital.

Que senso podería ter,

 a miña vida sen non sei amar.

 Non podo vivir, sen o arte de amar.

 Oxford, estaba, vivo  en plenitude.

 Oxford dos vivos, Oxford dos mortos,

 persoeiros importantes ou persoeiros

 miserentos e  vestidos de trapos inmundos.

Tiñan un sentimento de amor

 é unha constante máxima,

 é unha fonte amorosa

 constante, froito da virtude

 de dar un bico libre e espido,

 por absoluto desexo

 dos  teus beizos abertos,

 polo amor que che profeso.

Oxford habita as rúas ateigadas.

 Oxford apagaba os silencios inútiles.

 Oxford, existía, e  movíase,

 estudaba  libros de historia afastada,

 do presente actual, namentres,

 a auga decisiva e vital,

 introduciuse polos túneles

 do tempo aberto á vida,

 decisións constantes,

 sen dubidar os criterios absurdos,

 máis elementais da existencia vital.

 Un tempo de néboa gris,

 uns neboeiros espesos,

 penduraban do ceo agrisado,

 cor chumbo polos ceos de Oxford

 polo que voaba un globo aerostático.

Oxford Verde, Oxford Gris,

 augas do Río Thames quedas,

 por enriba  delas navegaban

 pequenas embarcacións,

 coa forza motriz, dunha longa

 pértega, que crava no leito do Río.

Un mozo ou moza todos mozos/as

 e a pértega que atravesa a verdes

 augas do río lento e sosegado,

 do Río Verde, Thames,

 fondo do Río Verde ferido

 lembrándome daquel poema

 de José Angel Valente,

 por tan longo artefacto.

 Limo do descanso permanente,

 lento  lombo do Río, adicado,

 ao descanso da auga limpa.

 Paz e sosego constante,

 espada cravada no fondo,

 ao volta ao pasado,

 nunha grande extensión,

 verde de terreo. Un lago feito

 a medida, cantidade de auga

 calculada e exacta.

 No fondo e no afastamento,

 onde o horizonte perdíase,

 erguíase un columna alta,

 a  modo de estatua ilimitada

 como querendo imitar

 a Trafalgar Square,

 no afastamento perdido.

Un castelo inmenso,

 Bellheim  Palace,

 inmensamente grande,

 de columnas fermosas

 de esculturas fantásticas,

 de bustos perfectos

 e adorables cadros,

 de cores intensas  e fermosas,

 chamounos a nosa lembranza

 a aquel Primeira Ministro,

 chamado,

 Sir Wiston Churchill,

 cadros, perfectamente, coidados,

 prendidos daquelas paredes,

 lembranzas dun colonialismo

 brutal e cruel,

 exhibicionistas do poderío supremo,

 bibliotecas inmensas de poderosos,

 libros de páxinas do saber,

 constante libros do lecer axeitado.

A Raíña Ana, permanecía, perpetua,

 na súa linda escultura branca;

 e aquel órgano luxoso e poderoso,

 colgaba os seus cilíndricos tubos,

 na fermosura de tan fermoso cuarto.

 Era a sa para os días de mal  tempo,

 nos que as poderosas damas,

 adicaban seu tempo á lectura fonda,

 ao non laboriosas quefaceres

 ou a fácil apalabraría de bocas libres,

 das verbas inútiles.

De socato o órgano luxoso,

 escachaba o silencio.

 Miramos fotografías en branco

 e negro

 de Sir Wiston Chruchill,

 no número 10 de Downing Street,

 no seu escondinte segredo

 atrás dunha parede dun **toilet.

Onde recibira unha chamada de

Roosvelt,

Lembranzas da tremenda,

 Segunda Guerra Mundial.

 O tremendo odio asasino,

 o desamor constante,

 a rotura dos Dereitos Humanos,

 namentres, os paxaros negros

 do odio subversivo,

 atravesan os ceos ateigados,

 de cidades como Londres,

 ou outros lugares castigados,

 pola demencia das bombas

 mortíferas, que erguían,

 berros temerosos

 A Luthbaphe,

 non perdoaba e castigaba.

Arredores de Oxford,

 na miña fronte miraba,

 unha Igrexa perpetua

 pétrea e quente,

 agarimada por un Sol intenso,

 inusual, nas terras de Inglaterra,

 presente dun cacho grande

 de luz enteira e aberta,

 unha agasallo inusual do ceo aberto.

 A esperanza non se perde

 e, as veces, sentíase coma,

 unhas labazadas consentidas.

Queriamos a solidariedade,

 fonda todas as razas humanas.

 Liberdade plena e absoluta

 rotura das duras cadeas miserentas,

 liberdade para os seres emigrados,

 que viñeron a estas terras,

 a establecerse en Oxford,

 quixeron estar libres de calquera

 humillación racial, ou gueto perverso.

Este absurdo poeta da vida,

 pediu xustiza plena,

 unha das máis altas peticións

 do ser humano.

Libérame da opresión que me mata.

 Oxford pediu unha liberdade

 e pediu a liberdade dos presos

 dos laios ocultos, aqueles

 dores incomprensibles,

 que flutúan, no ar supostamente

libre. Vivir a vida para vivir,

 fondamente, da verdade desexada.

A vida non podía ser unha esperanza

 inacabada, unha prisión constante.

 Os disparos inútiles, asasinos do día,

 significaban un queixume mal querido

 ou a rotura do silencio perdido.

Deixamos atrás os Palacios

 Vitorianos, as mansións bastas

 as cruces da dor exhibida,

 os soños rompidos e malogrados,

 non quixemos habitar os loureiros

 inútiles, como simbolismos estraños

 de absurdos premios.

Non quixemos ser, o ser

 coma na Roma clásica

 que demandaban egoísmo continuo.

 Toquei a miña vida enteira,

 coa punta dos meus dedos

 pequenos diminutos  e curtos.

 Toquei para sentir o pracer

 de sentir , a vida enteira,

 fondamente coma o vento

 que acariña a miña cara.

Fun o teu irmán querido,

 cando ti o querías e funo.

 Díxenche a verdade precisa,

 por favor: dixéchesme a verdade

 exacta, o deserto da mentira,

 e dixéchesme cal era

 o teu lugar preferido,

 para laiarte ou rirme, intensamente

 mais no me mentiches,

 e atópache os tempos útiles da vida.

 E, continuaba, sentado

 nunha rúa de Oxford,

 convidado ao entroido vital,

 convidado á ledicia fonda,

 convidado á música intensa

 aos baile trepidantes

 de hemisferios afastados do lugar,

  de Cowlley Road, ficoume

 a lembranza, o senso do ritmo

 os corpos danzando

  permaneceron, na lembranza

 aquelos fastuosos e suntuosos

 Colleges: coa o All.Soouls´,

 Balliol, Bransenose, Christ Church,

 Corpus Christi, Exeter, Harris

 Manchester, Hertford, Lady

 Margaret Hall, Lincoln, Magdelen,

 Mansfield, Merton, New,

 Oriel, Pembroke, Queen´s,

  St Annes´s, St, Catherine´s,

 St Edmund Hall, St Hilda´s,

 St Hugh´s, St Jonh´s, St Peter´s,

 Somerville, Trinity, University,

 Wadham, Worcester.

Oxford de días de pantasmas

 aparecidos, estrañas sombras

 nocturnas que no século pasado,

 foi mirado na ponte do

 embarcadeiro, pertiño do xardín,

 botánico de Oxford.

 Oxford érguese poderoso

 có Christ Church, onde está

 a catedral da cidade,

 cantos de monxes gregorianos,

 encheron o espazo baleiro

 e un potente órgano poderoso,

 acompañaba a aquel coro perdido

 na delicia dun canto espiritual.

 Radcliffe Camera,

 cilindra e perfecta,

 cunha grande bóveda permanente.

The Bodlein Library,

 fomos o primeiro día

 acompañados dunha gravadora

 de man. Houbo que repetir

 a visita con absurdos comentarios

 dunha guía inglesa, sobre

Oscar Wilde, e Nelson Mandela.

 Aquela boca indiscreta de humor

 británico e sarcástico.

 Dona faladora explicadora

 comentaba que Bill Clinton,

 non rematara a súa carreira

 universitaria nas aulas

 da Universidade de Oxford.

Eu vivía en Alword Grove,

 media hora do centro da cidade

 nun fermoso lugar cun gran

 campo deportivo vestido

 de verde intenso; era un barrio

 traballador, ordenado no que

habitaban xentes de países distintos,

 no moi afastado da Mezquita de Oxford,

Subimos dun daqueles buses vermellos

 e fomos cara a Abington,

 aos lados da estrada,  existían

 casas diferentes,

 ou hortas urbanas; a estrada

 era defectuosa con baches dabondo,

 que facía que o noso bus vermello

 choutara a destro e sinistro.

Chegamos pertiño ao centro do pobo,

 achegados a unha igrexa católica,

 chamada de Saint Edmund,

 e pertecente a dioceses de

 Portsmouth; fotografamos

 os diferentes lugares chamativos

 un grupo de boas amigos

 acompañadas dun verán quente,

 entramos naquel pequeno templo

 namentres eu miraba

 os números das tumbas

 de xeito decrecente até

 o límite permitido

 dende a data de nacemento

 até o derradeiro día vital

 do finado ou finada

 que aló descansaba

 polos tempo de tódolos tempos.

Celebraron, en Oxford,

 May Morning

 a Mañá de Maio,

 namentres os coros

 no Magdalenen College,

 subían a parte máis alto

 do college, para anunciar

 o vida do verán.

 Subida a 188 pes

 á Igrexa sa Universidade

 de Santa  María Virxe

 e así poder mirar

 todas as agullas

 dos picos das igrexas de Oxford

Book  Lover´s Paradise

 o Libro dos amantes do paradiso

 memorando a Blackwell,

 unha institución libreira

 ben coñecida a cidade

 na que se apoderaba

 do saber dos libros

Ou o Hogwarts Hall

 do Christ Churh

 impresionante comedor

 na que se filmaron escenas

 dalgún libro,

 Rowlim, chamada Harry Potter,

A historia de Oxford

 con feitos e sinais, sons

 cheiros de 900 anos

 da Historia de Oxford.

 Hunksey Park,

 xustamente ao sur

 do centro da cidade

  camiño abaixo

 de Abington Road,

The Castle and Prison,

 O Castelo e Prisión,

 a renovada prisión

 chea dunha certa

 lenda negra

 das vidas dos prisioneiros.

Botanic  Garden,

 Xardín Botánico,

 xardín diverso

 e tropical.

 Amigas miñas,

 deixamos atrás aquela bela cidade

 e vimos afastados e afastadas

 de fermosos e lindas lembranzas,

 que, penso, faranos máis doada

 a comprensión do mundo,

 o sentimento plural,

 a cohabitación de razas diferentes

 a senso da beleza plural

 ou a fermosura de edificios marabillosos

 facenda das rúas da cidade

 espazos que agasallan a nosa vista.

    Miguel   Dubois.

OXFORD É UN SOL EXPLÉNDIDO CARREGADO DE LUZ INTENSA.

HTTP://POETRYOFTHEWORLD.WORDPRESS.COM

HTTP://MUNDODEFISTERRA.BLOGSPOT.COM.ES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s