Pontevedra, ao 2 de Xuño de 2013  
 
 
PODER PERVERSO.
    Gardade un silencio permanente,  
 de rosas amarelas e camelias brancas.  
 Calade que xa chegaron os sumos mentireiros  
 os que dregandan o mundo de verdadeiro.  
Mundo que queremos vivir,
 apartados   do sufrimento inútil. Sufrimento creado,  
 pola maldade humana e a verificación perversa
de verdades desherdadas de calquera
afirmación sensata e coherente.
Converteron a vida nun mundo mentirán
Unha civilización salvaxe e brutal.  
Vanse apagando as risas enteiras do pracer,  
 que medra, constantemente polos mundos reais,
  para nos o  feito do sorriso
 é unha apertura a ledicia.
Cara enteira aberta ao sorriso preciso.
  Cabreadas estás as sinistras rúas esquecidas
  da perversión do poder establecido.
  Imos perdendo a expresión leda,
o sorriso interno que exprésamas
nas nosas facianas indecisas.
 A ledicia de vivir en paz,
namentres vannos 
creando o mundo adverso,
inverso do pracer.  
Que maior esperanza
que non perdela a esperanza.
  Que maior vitoria é dicir, basta xa!  
 Combate vital absurdo inducido á necesidade.
 
 Dicir: vida érguete constante e dereita,
 
na contra da acelerada morte consentida.  
Que maior dor que a perda da vida inesquencible,
daquel ser humano que me quentou a vida,
cunha calor intensa ateigada de sorrisos permanentes.
Sopreivos mundo europeo dunha Troika,
que pide sacrificios inútiles, en favor
dun poder financeiro que aí lla seus capital es,
en lugares intocables. Sexa restablecido,
o senso común a felicidade colectiva
as ganas de vivir, intensamente,
namentres condenamos a uns poderes ocultos
de rostro de descoñecido que vai menten do
medo polas capital es da vella Europa.
Pelexas en Madrid, pelexas en Franckurt,
brutalidade policial concisa e fora de lugar.
A liberdade quere ser agachada,
polo abuso da banca poderosa,
que fai deshabitar o corazón dos máis necesitados.
Xente que durme nas rúas desoladas.
Xente abandonada polos servizos sociais
das vilas das provincias das diferentes   
e Comunidades Autónomas.
Xerar pobreza e abandono.
Pechar comedores escolares gratuítos.
Insuflar a necesidade, evitar o coido
da xente que necesita dependencia socia
imprescindible. Crear problemas
cós medica mentes imprescindibles
Limitar as prazas de funcionarios públicos.
Namentres o Poder establecido fai unha dobre vida,
que parece que nada ocorre no seu firmamento político.
Coma se pode negar escándalos tan grandes?
Como se pode mentir tan doadamente,
sen dimitir dos seus lugares importantes
tan desacreditados coma os corazóns negros?
A vida segue, pero o país cada día perde
máis oportunidades para vivir con dignidade.
Vai pasando todo, como se nada pasara.
          Miguel   Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s