AS PALABRAS DEBEN SER FEITOS


 AS PALABRAS DEBEN SER FEITOS
 
 AS PALABRAS DEBEN SER FEITOS
 
 
 
 
  AS PALABRAS DEBEN SER FEITOS
 
 
 
Benquerido Carlos, Juan: escríboche este
 
correo electrónico, a feito de denuncia
 
 
comprensiva . Ben sabes que este País está feito
 
un “caos”. Nunca pensei que chegariamos a
 
este deterioro, pero é un feito palpable. O que
 
non o queira mirar pacede de cegueira. Os
 
cidadáns, baixo, nengún concepto, merecemos
 
este mal trato, esta falla de respeito continuo. A
 
miña maneira de pensar, eu penso que se
 
critica moito, mais o reverso da moeda e a
 
inaccción, o inmovilismo. Da a impresión que
 
asumimos a derrota, sen máis ne menos.
 
Chegará a un intre na que a Escola Pública,
 
fique nun recurso miserento que dará clases
 
aos necesitados, e moitos nenos e nenas, que
 
antes asistían a Escola de xeito normal, no
 
futuro ficarán nese tipo “precario”, que xa
 
existía no franquismo. Lémbrome en Vigo a
 
rente da miña casa, as Escolas Públicas, na
 
Rúa García Barbón, ou as Escolas de San
 
Ignacio, para os fillos dos traballodores de
 
Vulcano, en Teis.
 
         A conciencia solidaria é unha frase feito e
 
carente de senso. Ao fin e para rematar vivimos
 
nunha sociedade, totalmente, carente de
 
valores, na que as verbas estouran nunha
 
parede, coma se estiveramos xogamos ao
 
frontón.
 
        E unha tremenda volta  atrás.
 
 
          Unha aperta:
 
 
                         Miguel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s