AGASALLO A FINA CASALDERREY. O SOL BRILLA EN XEVE


Pontevedra. ao 17 de xaneiro de 2013

A FINA CASALDERREY,

MESTRA, ESCRITORA

E NOVA MEMBRA NUMERARIA

DA REAL ACADEMIA

DA

LINGUA GALEGA

A súa propia constancia,

O seu traballo amado,

De creación literaria merecida,

Ao longo da vida entre clases,

E longos espazos de escritura

Concisa e fi del e espazos teatrais

De suxeitos en movemento continuo.

Amarrouse con forza coma un cravo ardendo,

Ao amado idioma galego, idioma mai,

Lingua do pobo galego querido,

Fonte dunha ledicia cantareira.

Cántaro danzante que caeu no chan mollado,

Naquel mundo máxico labrego e pobre.

Nacida na parroquia,

Pontevedresa de Xeve,

No seo dunha humilde familia.

Curmá do meu amigo benquerido,

Carlos Mosteiro, tamén, natural

do Xeve labrego, xornaleiros

Do salario inxusto, area concreta

E misturada entre leiras diversas

E casas diferentes construcións,

Entre pedras e árbores distintas,

Sombra do encanto sublime.

Amigo tenro e calado,

Carlos Mosteiro,

Fonte da tenrura do teu si lenzo,

Cómplice e amigo,

Cuns ollos que falan

Constantemente do

Achegamento puro

Do desinterese e da amizade,

Tamén, mestre, ensinante

E escritor premiado

Primeiro Premio Barco de Vapor,

Compañeiro meu,

No Maxisterio pontevedrés,

Nos derradeiros anos do franquismo,

Cando as rúas estaban ateigadas

Dun frío glacial de policías grises.

Creador Carlos meu bo amigo

do Manual Instrucións para

Querer a Irene,

III Premio Abril de Narrativa

Para a Mocidade,

Ano de dous mil e un

Premio Primavera,

Ou o día que Miguel Induráin

Chegou a Gonderande.

Fina e Carlos,

Carlos e Fina

Afían lápices longos e bolígrafos

Usan contando historias

Marabillosas: a beleza das palabras.

Xogaban de miúdos, a miúdo,

Polas terras de Xeve,

Os dous curmáns, daquela

Distancia afastada mais inesquecible,

Coma se o tempo non existira.

Tempo atemporal e queixume partido

Ao ar libre en hortas longas,

Con fiestras abertas

A paisaxe expléndida e luminosa,

Ou en campos de millo verde,

Millo verde ou verde millo,

Cantaba o Zeca Afonso,

Palleiros cónicos, dourada palla,

Monumento vivo dun labrego activo.

Carros de vacas lentas,

O son daas rodas grandes,

O cheiro a bosta,

Cabazos ateigados de espigas douradas,

Espigas asadas ao lume espido

Dunha fogueira acesa,

Xornaleiros constantes traballadores.

Caía lento e pertinente o serán en Xeve,

E o merecido descanso chamaba.

Chamaban ao marmelo, os bacallaus

Fritidos e rebozados con ovos

Do galiñeiro da tía Carme,

Chama o viño tinto,

Chama o viño branco,

Pola gorxa aberta ou dilatado burato

De entrada, por onde morre a fame,

Ou líquido elemento

E a pureza cristalina da auga crara

Da fonte de Sempre Bota.

As parolas voan polo ar cuberto

De intensa fermosura, dun Xeve

Labrego de salarios miserentos,

Que non chegaban ao fin de mes.

Cho llos ocasionais e moito traballo

Que convidan aos seus habitantes,

A unha emigración forzosa.

Galicia perdida na súa miseria,

Na súa extrema necesidade,

Namentres Fina, ía có seu caldeiro,

Pesado e da cor do chumbo gris,

Para enchelo de auga crara e fresca

E carrexar desde a fonte

Dos Tres Canos, até a súa

Casa humilde , doce morada,

Das lembranzas inesquencibles,

Daquela en Xeve, non había libros

Namentres o Pai de Fina,

Avivaba a tenra imaxinación

Daquela meniña que tanto

Desexaba ter unha irmanciña,

Que ao fin chegou.

Era día feireado en Xeve,

E Fina leda e fermosa,

Dicíalle a xente que pasaba

Por diante do seu lar,

Que xa tiña unha irmanciña,

Recén chegada ao mundo exterior.

Fina de nena, laiábase

Cando atropelaron

Ao gato dos viciños.

Días da Escola longa

E dicía a mestra;

Finita, senta.

Eran tempos duros,

Naquela Pontevedra

De Gobernador Civil,

Da ingratitude imposta

Para os nenos e nenas

Educados polo autoritarismo,

Para un Estado Ditatorial

Carente de liberta des,

Por suposto,

Era aquel Xeve,

Na que entre tantos outros

Nacera, Valentín Paz Andrade

Onde alí descansa, por, sempre,

Xohana Torres,

Luz Pozo Garza,

Rosario Alvarez,

Margarita Ledo

E Fina Casalderrey

Vai ser a quinta Académica Numeraria,

Da Real Academia Galega,

Cinco mulleres feitas e dereitas,

Que son os dedos dunha man enteira:

Traballo constante, lectura obrigada,

Achegadas á fermosa literatura galega,

Onde non sobran escritores de calidade máxima,

Galicia creou un xardín de escritores sabios,

Que expoñen as súas obras poderosas,

Coma se fora as rosas vermellas,

Os caraveis brancos, as camelias rosas,

Os froitos da beleza dun xardín lindo.

A flor acesa das palabras vivas

De escritores e escritoras

Que fan máis fermosa a lectura

Dos pétalos das flores multicolores,

Como se foran, as follas dun libro interminable.

Un libro sen fin, onde o sol nunca se pon.

A fonda luz de Fina, o alumeou os lugares perdidos

Da súa fermosa obra, grande obra, en lonxitude,

En número de libros publicados,

E na variedade temática dos mesmos.

Dende a Empanada galega, até a violencia xenérica,

Os meniños enfermos que procuran integrarse

Os que necesitan moito amor, tanta dimensión

Da amor necesitado. Fina, foi abrindo veiros

Diferentes, coma as polas dunha arbore insurrecta.

Foi dando unha estrutura moi particular e persoal

A escrita con querida, palabra aberta,

Fina, cantos anos nos quedan a nosa xeración,

Dende aqueles dezanove anos teus,

Cando acudiches coma mestra a Pino Manso

Naquel Pontecesures, durmido no tempo pasado.

Dixéronme os meus amigos trasnos,

Que son os meus mellores amigos, sen dúbida,

Que choraras naquela primeira clase.

Canta emoción constante!

Canto tributo aos ensinantes!

Mais cando a escola do Pino Manso

Déixache, as bágoas percorreron,

Os espazo aberto das túas meixelas craras,

A emoción constante e a sensibilidade extrema,

Fai de Fina, unha muller grata e bondadosa,

Fina crea historias fantásticas e marabillosas,

Cunha imaxinación inesgotable.

Unha fonte máxica de realidades e fábulas.

Representa a realidade ou a fantasía,

En pezas teatrais, laboratorios da vida,

No que un alumno pode ser

Un fantástico actor dramático.

A vida pode ser un drama.

A vida pode ser un soño desexado,

Pero a vida non está exenta

De total teatralidade.

A vida é unha obra de teatro longa.

Por iso Fina Casalderrey,

Entrégoche este poema por ledicia,

Por ver que tes merecido,

O teu lugar na RAG.

Parabéns Fina.

Miguel Dubois.

https://poetryoftheworld.wordpress.com

http://mundodefisterra.blogspot.com.es

http://vintedez.blogspot.com.es

http://omundodaillainsuinamicaelarons.blogspot.com.es

http://onortepoetico.blogspot.com.es

http://mundodesalvora.blogspot.com.es

http://munodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com.es

http://teachenglishtochildren.blogspot.com.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s