VERDADE ESPIDA


VERDADE ESPIDA

Pontevedra, ao 21 de abril de 2012

Cambios estraños chaman

A unha porta indebida,

Provinte dun núcleo insensible.

Deserto de amor constante,

Inimigo da teoría solidaria e necesaria

Arte de amor constante,

A teoría da versión correcta,

O vértice oposto a verdade pura,

Convérteas nunha realidade cotiá,

Que derruba os corazóns ateigados

De esperanza necesaria e desexada.

A política do medo e da aseguranza,

Chama aos lugares veleiros de contido,

Contido de forma e fondo adverso,

Inversión do correcto e xusto,

Verso roto, poema triste e inconsciente.

Din, dicindo o que non deben dicir.

A verdade poden ser palabras mal articuladas,

Verdades de denantes e mentiras polo de agora,

Teoría da frivolidade verbal e perversa,

E ao fin do discurso, todo resta e nada suma,

Quitar e quitar para nada avantar e ficar,

Na miseria tremenda que encarece a vida normal,

Un capitalismo aberrante de mercados deboradores,

O pobo somos os escravos constantes,

Dun mundo alleo a nós que habita os paraísos fiscais.

Condición inexacta e inxusta, arrebato de usura e codicia,

Palabras que firen con feitos tremendos,

Que maior respecto que o home polo home,

A man a man e vida coa vida, desfacendo as batallas estériles

Sociedade desumaninza, arte do desamor indesesaxado.

Condena inxusta ao mundo da necesidade prescrita,

Arrincar as ilusións desexadas e a vida merecida,

Polos los merecederos habitantes deste pobo ceibe.

Emigrar a afastadas terras tan diferentes,

Retomar, de novo, a triste diáspora e o afastamento

Esquencer o Mundo Solidario,

Ou dicir Sálvase quen Poida,

Rexeitado de inmigrantes necesitdos

E partir dos nosos emigrantes mozos e mozas,

As terras do alén. Que absurda contradición!

Abandonar a Nosa Terra Amada

E rexeitar ao necesitado que procura axuda urxente.

Mais a memoria é feble e o cabalo do tempo,

Bule polos mundos da lembranza.

A Historia é unha materia esquencediza

Namentres a amnesia desintegra as lembranzas pasadas.

Engadir un sufrimento innecesario,

Unha dor irreverente que atravesa as feridas , de novo.

Reverenciar ao mundo monetario

Frío e deserto da humanidade,

E deixar morrer de fame ao Continente africano

Onde a fame mata, día a día,

E condenar ao ser humano máis necesitado.

Baixar a calidade educativa tan necesaria,

E de vital necesidade para medrar como País.

Ou pagar a gratuidade dun servizo sanitario,

Privar do preciso do que compre, día a día,

Facer do presente o comezo dunha inxusta carencia,

E facer da nosa xente seres manipulables,

Namentres determinados políticas,

Non saben utilizar a dialéctico do discurso verbal,

Con palabras torpes e arrogantes de ton cirimonial,

A modo de improvisación indesexada,

Dominados pola necesidade prescrita,

De absurdas receitas miserentas.

Que maior torpeza, que facer máis pobre, ao necesitado,

Que maior mérito que ilusionar a un pobo enteiro,

Dicir que nada está rematado

E que o camiño será longo máis nunca imposible.

Ao necesitado , ao que carece de cá seque todo.

Rotura da liberdade merecida e traballada,

Miseria inmerecida, castigo de tempos inhumanos.

Sempre unha obsesión constante e machácante,

Failles dicir que nunca eles ou elas teñen culpa,

Como se foran un merlo branco que voa pola luz intensa.

Redimidos e bendicidos, sempre, teñen a culpa obsesiva,

Aqueles que governaron en tempos pasados,

Nombrados con todo tipo de insultos constantes.

Imos escribindo a historia enteira

E haberá un día achegado

Que a verdade, so mentes, terá un camiño:

A verdade.

Miguel Dubois

https://poetryoftheworld.wordpress.com

http://mundodefisterra.blogspot.com

http://vintedez.blogspot.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s