CAFÉ RECORTADO CON MALA LEITE


Pontevedra, ao 10 de Abril de 2012.

CAFÉ RECORTADO CON MALA LEITE

UN RECORTE FINO.

Un castigo inmerecido,

Como presente, me deron,

Na cumio extremo da miña impotencia

Un día vivía con Felicidade,

Pulo latexante e vivo,

Cumio da lus brillante e intensa,

No que as ledicias vivían,

En cada extremo do longo día perdido.

Fonda lus que intégrame e achégame

As ganas de vivir un mundo aberto,

Ceo extenso e ilimitado

Lus aberta aerea e invisible

Un mundo aberto, amplo e diverso,

As augas azúis tranquilas

Dun mar de continuo sosego,

Viviamos nas tranquilas augas

No extremo intenso alcanzado

Dunha raiola incisiva e penetrante

Que atravesaba o poder do ar íntegro.

Vivín o calor fondo dunha vida tranquila,

Vivín os desexos cumplidos dunha noite amorosa

Na que a lúa se dibuxaba no teito da noite espida.

Vivir sintindo como os paxariños cantaban,

Doce múseca natural e fermosa

Nas arbres ateigadas de follas verdes,

E frores de intensidade branca,

E sucumbir a un mundo, enteiramente, feliz,

Bágoas de choiva fina, piolla na pel espida,

Caían dun ceo cargado de nubes repetidoras,

Algodós grosos cubertos de branco e gris chumbo,

Que, de novo, amosaban o poder da choiva

Que ía mollando os campos secos,

Campos povorentos e decadentes,

Chuvia da esperanza desexada,

Nacemento dun futuro froito verde

Da terra castaña ou negra,

Orixe e extremo longo,

Chove e chove esperanza,

Non me laio da dor oculta

Namentras o ar cheira a terra mollada,

Escoito e sinto o dominio da choiva bagoante,

Que os meus cabelos loiros se mollan

Pingas que pola frente caídas,

Un serán de choiva vive,

A rente dun campo hermo.

O labrego a súa leira longa, sacha dura

Os sulcos da terra sedenta, abrénse

Gardan as semillas que serán froito.

Nunca perdo a esperanza,

E a forza intensa que me domina.

Faime abrir os camiños futuros.

As distancias, vanseme facendo máis pequenas,

E o tempo pásame a gran velocidade,

Coma se fora un ave veloz e invisible

E acato o valor das palabras reais,

Que alimentan o meu interior famento

Dun futuro mellor, aínda non debuxado

Que as malas novas espanta,

E a forza do noso traballo alivian.

Será o camiño aberto de futuro próximo,

Sucumbir do medo paralizador,

Buscar con forza os camiños da liberdade,

Abrir as portas que pecharon sen causa,

Chamar a cada ser humano polo seu calificativo

Correspondente, nin máis nen ,menos,

Decente, indecente, maquinador

Dun mundo egoísta que remata

Coas realidades dos traballadores,

Darse a pobreza de xeito obrigado

Por a indecencia dos mercados temerarios

Namentras o Fondo Monetario Internacional

Ameaza de forma decisiva e condundente,

Namentras aoutos cargos do Estado

Ameazan aos funcionarios

Quitándolles o café das once da mañá

E sen poder mirar o periódico, prohibido,

No posto de traballo.

Que invaden a sociedade nun desasosegado

Inmereciado que reduce a cantidade

Das nóminas mensuais, que fan máis duro

O quefacer cotiá; ser desertor de antiguas tendas

E cubrir a necesidade primaria.

O estado do benestar quérenno arrincar

Do vivir cotiá e levándonos

Ao un estado increíble de malestar xeral.

A necesidade chama a máis necesidade

E a carencia é sunstituido polo

No seu tempo foi abundancia virtual.

Somos libros grosos carentes de contido

Cunha decoración exterior perfecta.

O mundo aparente que engaña

Qu viste fino y e non dí nada.

A carencia dos sentimentos

E o presente de indicativo

Do verbo roubar en enorme cantidade.

Sempre restando, sempre ignorando

A necesidade dos necesitados,

Dos febles seres humanos

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s