CANTAR AO MEU CUÑADO


Ponteverda, ao 29 de febreiro de 2012

CANTAR AO MEU CUÑADO

IN MEMORIAM

Adico, este poema
ao meu cuñado

JOSÉ CARLOS SILVA DIOS,

I

Que emprendeu a súa derradeira viaxe,
O día 27 de Febreiro pasado,
Máis ou menos ao mediodía,
Cando o sol astro maravilloso,
Brillaba intensamente,
No ceu azul aberto á beleza,
No lugar de San Lourenzo de Meis,
Rodeado dos seus seres máis queridos
A rente do seu lar, descansaban,
Os campos te terra castaña,
Terra chá sementada dabondo
Froito o millo ergueito en espera,
Ou a pataca soterrada
Na terra querida
Do Concello Meis
As arbres que derramaban
Bágoas de tristura fonda,
Sorriso apagado pola dor penetrante.
As canas secas cor de area ergueitas
Ou inclinadas en decadente dor lineal e absurda.
E a quietude das casas viciñas
Os son dos paxaros dun ar encantado
Namentras un pequeno gatiño,
Branco e negro, vida e morte,
Camiñaba inquedo apartado da quietude do silenzo,
Pola terraza exterior que daba a un xardin de frores coridas,
Planicie extensa dun verde céspede esperanzador,
E fermosas arbres vestidas de follas verdes
No fondo da mirada unha chaminea dun lar achegado
Botaba seu branco fume froito da combustión existente.

II

Que tristeza inmesa se sinte,
Cando miras que infermedade incurable
Fora como un asasino despiadado,
Que arrinca a vida enteira dos seres humanos.
Que impotencia tremenda Que verdade desmerecedora,
Que soliviantado dor parte o espíritu da calma.
Sentir que nada podemos facer,
Somentes manter a ledicia na súa presenza,
Namentras ,José Carlos, desprende
Da súa boca un sorriso inequívoco,
Por un ser querido, tenro e bondadoso
Que pide descanso total, por sempre

III

Visitei tantos portos diversos,
Unha mapa global enteiro,
Mirei o mesmo sol aceso e intenso
Por todos os Continentes do Mundo Enteiro.
Atravesei a diversiradade de todolos mares.
A proa do meu barco era un coitelo constante,
Que partía o mar de proa en dúas partes diferentes,
A babor e estribor cun rumbo fixo,
Que abriáse paso ao longo dos mares descoñecidos.
Toda a diversidade das augas azuis verdes e grises.
Fun Capitán do vento forte
E coa forza da miñas mans, sostiven a roda,
Que facía que o timón collera o camiño adecuado,
Fun forte no furacán furioso de medo e violencia
Dirixín innumerábeis manobras
As entradas e saídas dos peiraos,
De tantos países de todo o mundo
Percorrín os cinco Continentes,
A mar enteira, coma un potente berro
Chamóume a súa rente
Eu obedecín ao seu berro forte e potente
E navegar ao traveso dos mares do Mundo
Foi o meu alimento cotiá.

IV

Bondade suprema, bondade,
Traducida a un amor constante,
Que penetra no noso corazón interno.
Sorriso amplo, ollos moi abertos,
Bondade tras bondade,
Tan escasa en outros seres humanos,
Pranto polo ser querido que marchou
Nos días nos que a dor era constante.
Bágoas da cara tensa e longa,
Amarga boca de zume de limón puro,
Anguria forte e coitelo de dor constante,
O alento e o desalento.
O sorriso ou o pranto
Noites de ledicia nos bares múltiples
Con longas barras cubertas
De branco mármore insensible
Ou materias similares
Vasos e tazas brancas
Viños brancos ou tintos
Tabernas mariñeiras,
Naquel lugar fermoso de “O Corgo”
No Concello de O Grove,
Na taberna de Manolo Tasitas
Ou na Taberna de Tirilán
Marchas a Dena,
A aquel Forcado, para comer costilla,
Con verdes pementos de padrón,
Ou bacallau a brasa un chisquiño dourado,
Con leituga fresca con tomates fermosos,
Cebola en tiras cortada, con aceite puro de oliva,
Da veiga da rente da churrasquería,
Calamares fritos, mexilóns ao vapor,
Ou choquiños na sáu propia tinta.
Festas do marisco máxicas,
De fermosos centolas bermellas
Ría de Arousa, belleza fonda
Atravesabas en un barco racú,
Ou atracar aquel barco catamarán
A Alfredo de O Crisol,
Pilotado desde Palma de Mallorca,
Atravesar a Ría de Arousa
Cando o equipo de fútbol do Anduriña,
Da Vila dos Mecos,
Onde a vida perdeu O Meco”
Aforcada nunha figueira
Xogaban na outra banda da Ría,
Berrar coma tolos polo noso Anduriña
No campo local Monte da Vila.
Ou mirar un partido de fútbol
Na televisión sen son
E o aparello de radio aceso.
Xuventude que marchache,
Que xa non voltarás nunca
Aínda que eu quixera,
Aínda que fora para mirar
A túa faciana leda,
Teu corpo sentado detrás
Dun cristal transparente
Cando puñas discos de vinilo negro,
Nunha discoteca da vila de O Grove
E Cat Stevens afirmaba con beleza,
Baby, Baby this is a Wild World,
Ou Leonard Cohen, cantaba Suzanne,
Namentras a min escapábase a miña
Man xove na cintura da miña moza,
Agora compañeira constante,
No sosego ou na dureza do momento,
Amada e desexada a quen eu confundía
Cunha serea marítima, algo maravilloso,
Ao meu tacto torpe e man con nervios activos,
Sacada do mar fermoso,
Serea soñadora e singular
A tempo, e a pesares, adaptouse
Ao medio terrestre e seco,
Bailando na pista daquela pequena
Disacoteca “O Faro”,
De feble lus apagada,
Onde os nosos beizos tenros xogaban
Noites de xuventude, con vasos cilíndricos,
Adentro o seu contido diverso
Pasando a noite enteira,
Bailando ou soñando,
A facer un mundo mellor,
Entre afirmación creída
Ou escoitando a abstracción
Dun mundo inexistente.
Falabamos daquela política nacionalista
Cando trouxete “Sempre en Galiza”
Dunha viaxe túa a Arxentina.
Terra da pasada diáspora galega,
A Asamblea Nacional Popular Galega
A . N. P. G. xurdía con forza
Pequeno chaveiro propagandísco,
Prateado no fondo e unha estrela bermella
De cinco pintas afiadas
No medio do chaveuriño nacionalista,
Dentro do campo
No Naciolanismo Galego,
Sentimos a nacionalismo noso,
Compartido en Asamblea,
Namentras Manolo Lueiro publicaba
A súa poética de denuncia social,
Aquela “Escolma Ferida”
Absoluto canto a denuncia social,
E o abuso consentido,
Namentras ti José Carlos, me retirabas
De manifestacións da rúa Castelao
Na vila de O Grove,
Nas que eu non debería estar,
De forma agarimosa invitábasme
A reflexión social ao pensar reflexivo,
E me decías que aquel non era
O lugar no que eu debera ocupar.
Era ledo mirar a túa sorrinte faciana
Era ledo mirar o amor profesado
A toda túa familia enteira,
Home de xogo claro,
Home amarrado á verdade e o compromiso.
A vida era máis doada a túa rente,
Eras un home grato e apacible
Que partías os silencios cun sorriso.
Gardabas o teu sufrir, cando tocaba
No teu interior onde ninguén
Se dera de conta. Canto amor diches.
Home desinteresado amigo do humilde
Que máis sencillez
Que a teu sorriso tenro.
Pasou o tempo, ou tempo pasou rubindo,
Ou cambiou a forma da nosa faciana
Pero fuche constante no teu feito de vivir
Cun amor fondo que abranguía o desalento,
Porque eras tí, Carlitos Silva,
Un ser agarimoso que choutaba
Con soltura e delicadeza as ondas bravas
Do mar furioso e aceso,
Pero ti, Carliños, sempre levando o rumbo
Preciso para chegar ao porto próximo.
Me sinto valeiro sen a túa presencia,
Todo ocorre moi de presa,
De sócato onte xa non existe,
Carliños. Fica un deserto imenso
Sen a túa presenza placenteira,
Que placer compartir contigo,
As horas e os días coa a túa lingoaxe
Clara e sinxela, vínculado a verdade.
Compartir contigo os intres ceibos
Da vida, esa vida que che dan
E que sen permiso che arrican,
Coma unha entrada de cine caducada.
Xa non nos contarás aqueles contos graciosos.
Aqueles contos máximos que ti sabías contar.
Un ampro valeiro enche o meu peito
Namentras o meu corazón chora,
Dabondo a túa ausencia indesexada.
Que dureza non poder limitar a dor
Mais agora, quizáves, poda dicir
Que non me da medo morrer
Porque a túa beira estarei.

Que duro resulta dicir silencio, silencio,
Que vai a falar o frío constante.
Que dura sigifica decir ausencia
Sentila tanto no noso interior.
Que duro significa dicir,
Esquenzo ou non che mirarei
A túa faciana fermosa.
Decir dicen que todo comeza
Decir dicen que todo remata.
Mais que difícil é asimilar
A ausencia indesexada
Que difícil resulta,
Botar de menos,
Mais, a pesares, do que nos falla e estivo
Fica a lembranza no interior de noso ser.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s