VIDA EN AROUSA


Pontevedra, ao 20 de Novembro de 2011

VIDA EN AROUSA

Pasa a vida precisa e constante, día a día, día con día

Tanto tempo como teño, longo e disperso na súa plenitude

Os reloxos marcan o tempo xusto e exacto, os días cantan

Sen pedir permiso algún aos habitantes constantes e bule

E a vida vai pasando, contando tempo, tanto e tanto

Vanse constríndo as horas felices antre sorrisos e placer,

E ímonos afacendo ao letargo pesado, coma un saco cheo

Tempo para vivir, ou tempo para desaparecer, silenzo

Arrinco de min as feridas dun corazón doído, sangue,

Bico con forza e loito e sobrivo, as pelexas indesexadas

Ergome valente no medio da liorta consentida

Para vivir nesta vida de ledicia e tristura, de quita e pon

Tamén, combiación de ben e mal, de sumar e restar

Acudo ao teu peito, canda o medo indefinido me chama,

E espero o bico desexado no serán canso e torpe,

Morre enteira o día cansado e ábrese o poderío nocturno

O ceu cambia de cores ou ponse cáseque Negro pechado

Ou deixar mirar lúa chéa,as estrelas e planetas distantes

Por enriba das nosas testas grandes ou pequenas.

Aló no fondo do ceo perdido onde o tempo é un soño

Constante, que non se esquence, doadamente,

E doume de conta como pasa a existencia medida
.
Como se estivera vendo a paisaxe do campo aberto

Ao traveso dunha fiestra limpa, cristal transparente,

Nun tren longo que me leva a unha descoñecida estación.

Vou de tren en tren, de estación e estación,

De cidade a pobo e de pobo a cidade, de Nome a Nome

A miña vida é coma unha longa viaxe en ferrocarril

Na que baixo e subo, de novo ao Tren Vida.

E vou pasando pola existencia comprida

Coma unha pantasma doce e tranquila,

Habito nos minutos constantes, de pura enerxía vital

Habito as horas desexadas, as que sempre espero,

Non vivo das horas dorosas, que cheiran a verba indesexada,

Onde a ferida ábrese, aínda que Eu non quixera.

Pasa tempo e tempo da vida comprensible ou ingrata

E bebida na estancia temporal,como un líquido especial

Que fai máis doada a existencia, cando o furacán berra,

Enrugas habitan na pel da miña faciana concreta, a miña

Sináis do Paso de tempo vivido, cicatrices e marcas

A modo de agasallo dos anos pasados.

Voume achegando a un tempo pasado

A medida que me vou facendo máis sinistro e vello,

Vou rehabilitando o tempo pasado

Como se for a, coma Marcel Proust,

Na busca do tempo perdido.

Busco a perpetua belleza

Nos cadros de Renoir,

Namentras paseo lento

Pola Rúa Montparnase,

Pensando en ir mirar a tumba

De Oscar Wilde,

No cimeterio de Pérre Lachaise

Descansa a súa rente Jim Morrisson

No silenzo de voces apagadas

Guitarras en total descanso

E batería en silenzo continuo.

The Doors,pecharon as súas portas

E constrúo pensamentos gratificantes,

Tempos dos tempos que nunca voltarán

Lembranza, testemuño do que foi acto pasado

E convértese en gratitude da lembranza

Que percorre a gratitude do que foi.

O vento Norte que agarimaba a mIña faciana

A potente lus solar, que enchía de lus constante

O que noutro intre foi escuridade pura

Unha pedra dura na pequena man de meniño

Como xogo de apuntar ao lugar exacto,

Castelos de aréa mollada

A orela da Praia de branca areea fina,

Ordes de adultos grandes e sinistros,

Como aseveramento do imperativo.

Campos de millo verde polo vento pentiadas,

A súas follas longas en movemento constante

Cantas lembranzas rexistradas

A miña primeira moziña

Eu con máis nervios cqueríalle tocar

Seus doce dedos pequeniños,

En pleno nerviosismo infantil

Ou xogar a médicos e enfermeiras,

Nun mínimo e correcto despertar sexual,

No máis íntimo do que xa no é, mais foi.

Hestorias de vivos e mortes,

Hestorias de martiñeiros sobrevivintes

Cando todo parecía ser seguro naufraxio

Na Ría de Arousa Fermosa e Encantada,

Con diaños de morte imperdoable.

O Monte da Curota como gran testigo presencial

Namentres Valle Inclán pétreo

No seu cumio obsevada o espectáculo vivo

Da vista perfecta e soberana.

Barcos saían de Cambados, Paco,

Terra de Ramón Cabanillas.

Cando o serán caía,

E viñan pola noite con sardiñas de prata brillante.

De O Grovre a súa flota completa

Ia cargada de redes esperanzadadoras.

Toda a Ría de Arousa na súa función mariñeira perfecta,

Namentras en Noia, Antón Avilés,

Escribía uns perfectos Versos Araucanos.

Rianxo,ancoraba o seu pensamento

En Alfonso Daniel Rodríguez Castelao,

Namentras Manoel Antonio,

Percorría as augas oceánicas

Nun fermoso pailebote de fermosas velas brancas.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s