NON SEI QUEN ERES


NON SEI QUEN ERES

Sempre, a tí achegado,

Sempre, dicíndoche que si,

Sempre, dicíndocho,

Mais sen saber por que.

Moitas veces, me pregunto:

Verdadeiramente: quen eres?

Que queres de min?

A resposta é sempre, a mesma.

Non sei o que de min queres

Despóis de tantos anos de mútua convivenza.

Che miro detidamente, mais non sei quen eres,

De certo. Parece que tes medidas as túas palabras

Premeditadas. De ti non xurde a bendita espontaniedade,

Fonte da verba quente,

E me sinto de tí tan afastado,

Non embargantes, cáseque rozámonos

Na roupa posta ou na distanza das mans.

Quen eres? Que queres?

Sempre as mesmas eternas preguntas,

Que se perden no ar dun coarto pechado.

Mais te miro, fito a miña mirada nos teus ollos escuros,

E baixo a testa grande de vergoña monstruosa.

Todo afáise extraño ao teu carón distante

E as miñas palabras testarudas testemuñas,

Pérdense na plenitude de ar convulso e perverso.

E nunca me respostas as miñas curiosas preguntas,

E despóis de facer o meu interrogante a túa persoa,

Reina un silenzo xélido que todo o enche.

E intento, saber quen eres en realidade

Quen eres atrás do teu traxe caótico?

Como facer para entrar no interior do teu corazón?

Como rematar con este silencioso deserto tortuoso?

Como ser a fonte das túas verbas continúas?

Como descubrir que eres, na realidade,

Despóis de tanto tempo de convivenza perpetuada.

Que tristeza tan grande me abrangue

Cando penso que non che coñezo,

A pesar de todo.

Que anguria penetratente me abrangue

Cando sei o teu nome e apelidos

E non sei quen eres, realmente.

Paréceme coma se o día desaparecera

E unha noite negra e tremenda

Me habitara, por sempre.

Dime: quen eres ti?

Muller de carne o oso

Que contigo convivo?

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s