PARA LOÍ, A MIÑA PRIMA


PORTUGAL

A Póvoa do Varzim ao 16 de Outubro de 2011

CARTA ABERTA A MIÑA PRIMA LOÍ

Bondade inmensurable, Amplitude de vida aberta ao Mundo enteira, Eido íntegro ao derramar, Unha fonte constante de auga contante. Forza eminente e responsable. Camiño do esforzo e da superación Alicerze seguro, fórmula continuista. A miña falta maior, de todo e a pesares, Tanto pesa e pesa tanto É ser unha persoa adiantada No tempo vivido, Longa lonxitude temporal, A pena e a Gloria, O laio e o sorriso longo, Extension constante. Foron momentos inevitables Os que non puden deixar Da miña vida enteira, Mais canto andado teño, Nos camiños da vida enteira, Mais canto teño percorrido A pesares do ben escaso e do mal abundante, Que fai morrer aos seres desvalidos. Sulcal os camiños indesexados, Chorar da amargura forte, Zume de limón no paladar fino, Rir, intensamente, Paiasos actuantes que fan rir aos meniños palestinianos, Coa felicidade recibida, Bendita risa Por canto vivir para vivir, Tocar a vida íntegra, Coas puntas dos meus dedos longos. Habitar o valeirado dos espazos da miña vida enteira. Seguir o sulco constante e productivo, Do arado torpe e admirable, Fonte continua do alimento dun longo campo, Agoantar a chuvia forte Nos días de invernía dura, Na maravillosa Vila do Norte de Portugal, Chamada a Póvoa do Varzím, Brillante Océano Atlántico brillante. Sentín que os demáis Ao meu carón Quérenme, fondamente, Mirar e querer, Ao meu fillo, Benvido de Terras brasileiras, E nos seráns longos Pregúntame como estarán O Cucas no afastamento Na vida brasileira Do Leme a 180 kilómetros do Sao Paolo, Distrito financiero, Ou habitantes do esquencemento, Perdidos polas rúas, Desabitadas, Silenzo mortífero Que destrue vidas enteiras Froito do continuo desamor E desengaño habitual e decadente, E decer amor fondo Que percorre As veas longas Do meu río vermello, Vida, continua Forza, osíxeno E un bico amoroso Dou, con ledicia Cando a tarde cae Lenta e vermella Condeada á belleza máxima. A tarde cae lenta No dominio da belleza, Onde vivir resulta doado e perceptible. Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s