FOLERPA, NO CUMIO DUNHA ONDA


FOLERPA, NO CUMIO DUNHA ONDA
Publicado o 7 Xuño, 2011 por migueldthduboisthenaisie53
i
1 Vote
Pontevedra, ao 5 de Xuño de 2011

FOLERPA, NO CUMIO DUNHA ONDA

Que facer, para crear un ambente calmo e sosegado.
Como elimimar as verbas caducas, a hestoria DA nada .
Como arrincar do teu cor pechado o medo que che habita.
Como xenerar a ilusión constante na verba valeira e hoca.
Como descubrir a ilusión ferida cando che doen,
As abertas e desconsoladas mentiras absurdas.
Como rematar cós discursos descorazonadores.
Como inventar falsas oracións afirmativas
Que son o colmo constante DA absurda mentira.

A verdade é unha ilusión secuestrada,
En bellas caixas de zapatos antigos
Que nunca pisaron conforme dos camiños DA liberdade
Como se for a o vento forte e ceibe,
Que acariña a miña face enrugada.

Crearon o mal creado o deserto valeiro DA xustiza correspondente.
Crearon dificultades destinadas aos seres humanos febles,
Usurparon OS dereitos debidos e gañados

Que maior silencio inasumible que OS teus beizos pechados
En quebra constante e esquecemento absurdo
Que maior castigo duro que as portas pechadas
Que ruina perversa as fábricas pechadas
E cubetas de ferruxento poo, as duras máquinas paradas.
Fábricas pantasmas abandonadas, desconsolo,
O son dos martelos martelando convertíronse
En esquencementos doutros tempos vividos.

Os días afánseme duros e miserentos,
Namentras o mar chora bágoas de auga salgada,
E unha ráfaga de vento esporádico,
Ergue as brancas areas de Praia Longa,
Namentras outeiros brancos érguense
Nos cumios das ondas mariñas, beleza pura,
Parece que coma o mar enteiro tivera vida
Puntos de branca neve no cumio DA fermosa onda,
Barcos, botes pequenose dornas de Arousa
Convírtense en perfectos saltimbanques
Pura beleza en movemento
Perdo a miña mirada interna ao mundo externo
Na maravilla DA paisaxe fermosa
Cuberta de fonda luz azul e branca, e transparente perfecta.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s