ESTRAGAR O QUE HAI, NON


Atlántico soleado, no 4 de outubro de 2011.

Parece ser que xa non existe o outono fermoso,

De chuvia pingosa, de chan mollado,

Polo rito da constante da choiva que molla,

Que fai cambiar a paisaxe fermosa do outono

De chonzos e castiñeiros,

De arbres espidas de folla pasaxeira.

O outono, de antes, parece que se convirtiu

Nun cuarto aberto do pasado, non tan distante,

O poio petreo xa non está tan frío,

Como naqueles tempos na que a palidez da lus fixa

Era un feito constante e factible.

O outono é agora soleado e aberto a lus suprema,

Outono quente, quentura no medio ambiente,

Cambio climátimo por mor do pouco respecto

Ao mundo Natural, que se derruba e morre,

Sen conciencia absoluta,

Plan de futuro escachado

Derrube das outas montañas brancas

Do Polo Norte,

Iceberg á deriba, quentura indebida,

Namentras a Natureza é violentada

Sen o mínino respecto ao medio habitable.

O home que se volta en contra de si mesmo,

Presa da ambición desonesta,

Erguer montes de dolor constante

Por mor dos criterios especulativos.

Derrubar o medio, sen respecto,

Figuras nas cabeceiras do diarios desonestas,

Crear un Mundo artificial,

Que xenera a maior impotencia

A fidelidade do Mundo Natural.

A mesma arma mortífera,

A mesma mentira constante,

Que nos fai ser máis pobres e miserentos.

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s