SALVADOR DE BAHÍA


Pontevedra, ao 2 de decembro de 2010

Poema para Salvador de Bahía , O Brazil.

AO MEU FILLO ÁLVARO, residente actual en

SALVADOR DE BAHÍA.

Comtemplar puiden

O feito humano de querer amar,

No fondo do sufrimernto e da necesidade.

Rostros infantís piden axuda

Nos suburbios das esquinas abandoadas.

Sentinme ledo e non souben medir

A necesidade simplemente,

Con palabras simples e valeiras.

Nenos de Salvador de Bahía,

Alvaro, meu querido fiño,

Os nenos e nenas e adultos,

Piden amor por tódolas esquinas perdidas,

Da man dun deus descoñecido,

Un cachiño de amor, Meu Señor,

Faga o favor, Meu Señor,

Deme un anaquiño de amor.

A necesidade fíxome preso

Desta Institución de axuda aos necesitados.

Retiráronme das sinistras rúas

Da calor queimente

E do frío supreso e adverso.

Uns homes e mulleres da Galiza,

Viñéronnosos mirar hoxe,

O tempo non perdía, en absoluta,

Querían querernos e,

Facernos unha pequena visita necesaria,

Quentar os nosos corazóns abandoados,

Escoitar an nosas miserias

Que a ningúen impórtalles

Meu Paisiño Quridiño non ten traballiño

Miña Naiciña Choromiqueira está enferma de desamor,

Mais eu gusto xogar con estes galegos

E galegas que conmigo non viven.

Son a nós diferentes máis teñen quente

O corazón e agasállannos con sorrisos constantes.

Sentimos, docemento o galego agarimo

Ao longo da nosa pel negra

Da nosa pel branca.

Vivimos ao valeiro da rúa deserta,

Da rúa ateigada de necesidade constante,

Durante un longo tempo

De constantes frustracións.

A Institución, díxonos,

Que abandoáramas as rúas sen retorno,

Que arricáramos de nós o medo a vivir,

Con anguria permanente e sufrimento total.

Estamos ben cós galegos e galegas,

Terra afastada do Brazil grande.

Un día abandaoremos o Centro Institucional,

Porque queremos ser libres,

Como un paxaro ceibo

Que vóa con toda liberdade

Polo espazo do ar limpo.

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s