UK+1+2+3+4


Pontevedra, ao 14 de agosoto. de 2011

UK+1+2+3+4

Esquencemos a amada Terra,
Orela Atlántica e campos fecundos.

Terra seca do verán nos campos de millo verde,

Onde o vento ceibo pentea as follas longas,

Costa do millo verde aberto campo enteiro.

A lus forte e as tebras esquencidas

Onde nada medra, quizáves o silenzo inútil

De cara ao mar, cheo de liberdade intesa,

Ondas saltimbanques, sobe e baixa, baixa e sobe

O mar non erá un lugar chá naquel intre exacto

O mar era un carrusel constante de ledicia infantil

Eu gallopando no meu cabalo branco arriba e abaixo,

Como un barquiño deitado na superficie marítima

Tempo limitado e cáseque diminuto, cacho de vida pequena

Espazo temporal pasando bulindo.

Tempo, vida e morte, tempo diluído no tempo,

Acuarela branca e negra, de fondo gris perpetuo

Se fago un tempo total da existencia vivida.

Engadido por outro tempo, gañado ao seu paso inesgotable.

Viaxamos pola bella Inglaterra e polo País de Gales,

Carddiff, Capital do Dragón Vermello, símbolo do País de Gales

Museo fermoso, pinturas máxicas, minuciosidade extrema,

Arquitectura clásica con mestura da construcción comtemporanea

Fermosos monumentos nos lediciosos xardíns bellos

Ateigados de coorido, expresión máxica da cor natural

Adoramos a belleza dos fastuosos monumentos,

Columnas cilíndricas en paralelo grosas e outas

Entradas de Museos do Tempo e da Vida Pretérita

Onde gardan as lembranzas, en fermosas vitrinas

Froito do pasado poderoso Imperio Británico,

Antigos peiraos, nos que os barcos cargaban

O negro carbón morto das minas negras abandoadas

Mineiro galés ou irlandes, ou home vido de fora,

Falantes, algúns, do galés e outros do inglés predominante,

De xeito similar acontece na amada terra,

Na que imos esquencendo a identidade lingüística,

E desprezamos os nosos valores literarios poderosos.

E varios que loitan pola apertura dun idioma non ben tratado

Ampla baía de Cardiff, abertura hancha de cara ao mar

Xeografía humana actual, chamado mundo multicultural,

Observamos a fermosas rúas de Oxford,

Ríos de xente continua que persevera no andar

Da bella cidade de Oxford.

O pasado da súa arquitectura impresionante

Traballo constante de canteiros especialistas,

Gárgolas, pequenas esculturas delirantes,

Vigas, soportes. columnas, dinteis,

Anxos vestidos de demos negros

E demos negros vestidos de anxos brancos,

Que, aínda perdura, agora, tempo distante,

Demos negros vestidos de anxos brancos,

Dende a súa construcción feita con precisión perfecta

O horloxo do tempo deixou construido,

A veracidade da construcción poderosa,

Daquela Lewis Caroll, facía literatura

Con Alicia no País das Maravillas,

Caroll, Profesor do Christ Church, de Oxford

Era maravilloso fotógrafo

O máis grande College de Oxford era O Christ

Primeira Universidade anglófona,

Chamada “a cidade das agullas don ensoño”

British Study Center,

Fonte de coñecemento da lingua foránea

Alumnos de Brasil, Rusia, Italia, Catalunya

Ou Valencia, ou calqura Patria do Mundo

Con alumnos desexosos de aprender

A lingua inglesa de xeito preciso.

1

De, sócato, cando ía camiñando por High Street,

Dinme de conta, que o teu nome non existía

Que ti foras un estrano soño perdido no fondo da miña memoria,

Unha pantasma de soño non feito e autocreado,

Procurei porte no campo da habitada memoria

E o teu nome non aparecía.

Sentín un valeiro desesperante,

Naquel viaxe ao pasado

Mais desapareceras do meu pasado e do meu presente,

Coma se foras unha persoa que coñecín

E xa non me lembraba dela.

Un sour xélido invadiu a miña fronte ampra.

Adorada cidade da Bath, Patrimonio da Humanidade,

Construcción pétrea e uniforme, firme e fermosa,

Cidade que parece que ficou ancorada no pasado,

Tranquilidade uniforme, xardíns debuxados,

Sobre un chan fecundo, con fontes delirantes de auga fermosa

Termas antigas de tempo dos románs,

Spas do sosego e do descanso,

Mesturábase edificios bellos coa xente xove, que ía aprender,

Fermosos teatros e cinemas encantadaros,

Cidade temporal de Jane Austen,

2

Mais xa non me lembraba do teu nome,

Coida que a memoria perdín.

O idioma daquel home, Alcade da súa vila,

Lugar do seu nacimento

Por onde o Río Avon atravesaba a vila

Nun tempo da súa vida pasada,

De mandato local con amante londinense

O habitante pasado e prodixioso

De Strattford Upon Avon

Chamado William Shakespeare,

3

Esquencín como eras, e como falabas,

Aquel retrato do século XXI

No seu ano once nun agosto quente

No que, antre outros tantos morreu

A xove Winy Winehouse, residente en Londres.

Maravilla de xente, xove e desinhibida,

Antre unha raiola soar e unha choiva castigadora

Dáballe vida a vida có seu sorriso continuo.

Ateigado Strattfort Upon Avon de xente de todo

O Amado Planeta enteiro, plural e diverso.

Había de raza branca, había de raza negra,

Había de razas orientais: chineses, coreanos,

E xaponeses de poderoso ien, habitantes

De catásfrofes recentes ou catástrofes horribles

Horrendas lembranzas, elemento inventado

Por Albert Eisten, morte segura en Hiroshima e Nagasaki

As rúas estaban invadidas pola multirracialidade.

O mundo necesitado e o mundo opulento,

Que facía turismo en coches de luxo prodixioso

Mira; Xosé María,: un Rolls Royce.

Productores da especulación actual,

Desertores da soliedariedade social

Aliados dos políticos que non saben o que din,

Ou agachan a verdade nas caixas fortes acorazadas,

Das partes opostas ao vivir equitativo, estabamos

Os outros habitaban non habitabamos hoteles de luxo esquisito,

Coma Montse, coma Maite, coma Carmen, coma Pilar,

Coma Xosé Angel, coma Xosé María, ou coma Mar,

Coma Miguel, habitantes de casas oxfordianas

Habitantes no extraradio, Blackbirds Leys, ou Rose Hill,

Onde o luxo é unha prohibición constante.

Se non en un Bred and Breakfast, sencillo e económico

Se o poder adquisitivo era normal e corrente

Como un día, da vida mesma, emocionantemente.

En Oxford, locía o explendor daquel pasado de expolio.

Cando do mundo colonial chegaban os abusos,

Froito da prepotencia do poder imperial,

A vida enteira, no seu máximo explendor,

Habitaba polas rúas do comecio e o consumo.

Franquicias, marcas ou diversos medios do shopping constante,

Encarregánse de aumentar o consumo externo.

Dende o mercancía máis sinxela a un disparate absurdo,

Músicos con vellas guitarras tocaban polas beirarúas

Do esquencemento, namentras no chan chá e cáseque deserto

Un chapeau aberto soportaba o mínimo peso

Dunhas poucas moedas; sempre, céntimos e nunca libras.

Camiñabamos os queridos compañeiros e campañeiros

Docentes en curso no estranxeiro, profesores estranxeiros

Por diande do Gran Monumento do Memorial, da Raddccliife- Camera.

As igrexas monumentais eran un claro signo distintivo da Igrexa de Inglaterra,

Agullas ergueitas, sinalando a belleza do ceo oxfordiano,

Colexios Maiores, suntuosos e maxestuosos pétreos

Verde herva urbana, cafés nos adros das Igrexas Fermosas,

Cuna do saber poderoso, Bibliotecas do Mundo Pasado

Xogos de libros máxigos, Madeiras de Primera Clase dentro

Do ranking ,madereiro da calidade e do luxo

Cristaleiras multicolores , verdes encendidos de verde esperanza

Azuis escuros, tonalidae máxica, amarelo ou gris claro

Igrexas Maxestuosas, bailaríns de ballet maravilloso,

Bailando na Fermosa Igrexa de Saint John.

Organos por instrumentos fermosos

Fondedade e xenio

E de son celestial ateigaba o ar existente,

Turistas invasores, ocupabamos os lugares tranquilos

Mareas humanas invandían as rúas de Oxford,

Onde vivíu Oscar Wilde, no Madalegne College.

Que el mismo definiu como o mellor periódo da súa vida

O tempo vivido en Oxford, froito dunha beca

Gañada no Trinity College de Dublín

Porque non falar de J.R. R. Tolkien

Profesor na Universidade de Oxford

E escritor do mundo fantástico

3

Namentras íache buscando por diversos lugares de Oxford

E, por un intre perdido, pensei que te atoparía

Mais non esquencía o teu nome perdido

Busquei libros especializados en la biblioteca Bodleian

E, somentes, atopei o silenzo das`palabras frías

Saín, desesperado polas rúas perdidas.

Preguntei por ti, nos lugares máis diversos

E de sócato, mireite chegar á miña fronte.

A ledicia estorou coma unha bomba caragada

De choros e risas. A partires de aquí

Nunca más che perdín.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s