VIDROS ROTOS DA FIESTRA PARTIDA


Pontevedra, ao 9 de agosto de 2011.

VIDROS ROTOS DA FIESTRA PARTIDA Ver como pasa a vida vivida, ledicia contida ou pranto aberto A dor que mata, maldito ser insensato, Dia con día e palmo a palmo, Tramo a tramo, distancia curta ou longa, Sufrimento asumido, queixa amarga, Ver como ímonos restando, tempo ao tempo, Coma se a vida fora unha conta de restar inútil. Imos deixando o pasado distante. O tempo morto ou añoranza querida, Os sentimentos ocultos que morren de pena constante, As mentiras medran sobre a verdade rotunda, A mentira créase para o sufrimento alléo, O meu nemigo morrerá e morrerá, igoal, ca min, Aínda que sexa unha evidencia continúa, Unha falla de respecto á existancia plena. Un balazo mortífero matará a un ser vivo ausente de tenrura, Aos amores acesos e lugares desexados rematará. Abren feridas inexistentes, creadas coas falsedades, Os nemigos da Paz amada, os bandidos cotiás Os dictadores crudeles asasinos, Leen discursos inútiles, de palabras valeiras  Inacabados que ninguén comprende. O donos do diñeiro mundial, Trabucan o senso real das finanzas, E a vida é un contrasenso repugnante, Constante, desafortunado e contradictorio. Sempre, os mesmos desafíos inútiles, A sobrecaga continúa da perda inxusta, Aparecen, sen pedilo, De tempo inútil, de palabras valeiras  Nútrese o discurso da palabra sobrante, Que a verdade enchería de plena liberdade De contido propio e conxunto valeiro  O senso común e a verdade plena, Sempre, as mesmas mentiras continuadas Daqueles que falsifican a verdade única, Falsificación dunhapalabra perdida, Collida, como fonte de maldade perversa. Pagar pagamos, sempre, os mesmos, Os perdedores perpetuos os fillos do pobo, Acostumados aos desafíos e as medos perversos. Que máis dor que a rotura da ilusión, soño partido, Que dor absurda facer sufrir, ao ser iñocente Sadismo puro e desconsiderado. A aquel que de mañanciña, moi cediño, Erguese con ilusión e fortaleza. Maldito paxaro mortífero de morte absurda Que visten de negro as mañáns craras Namentras as noites londinenses  Erguense na súa propia violencia incontida. Casas de longas lapas de medo e vermello ardendo Loita urbana de laios e dores, Estalla na súa forza enteira o desasosego conseguido. A impotencia constante ante o futuro incerto, Onde están as palabras cheas de futuro Que pasean polo calexon de Vento Espido. Sectores marxinais esquencidos Dos Governos mandatarios, Prato deserto de comida quente, Pan duro de onte ou nantronte, Namentras a mirada silenciosa, Parece un xeo branco que se desfae Na superficie da nesa valeira da coziña. A ilusión soñada coverteuse nun soño partido. Romperon as ilusións prometidos Coma os vidros limpos das fiestras pechadas. Todo era nada, todo era nada, Era nada o que tiñamos e nada déronnos, Ante a desidia pertinente. Somente quédanos a esperanza querida, Un vento limpo de misera constante E un compromiso coa realida actual. Non máis palabras sobrantes Si, ós feitos reais como a vida enteira. Miguel Dubois.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s