DAVID


Pontevedra, ao 31 de xulio de 2011

DAVID

A vida fíxose unha armonía inusual

Un campo a esperanza aberta,

Un futuro para construir, tenazmente,

Un pranto da dor sutil e precisa,

Unha estourido de xúblio puro,

A entrada en contacto có ar exterior,

Despóis de tanta comodidade vivida,

No mundo interno dun hinchado ventre,

De muller preñada, nun punto de espera.

Seu berro vital, agudo e penetrante, xurdíu

Namentras Pilar asulagábase suorosamente

Antre a dor posible é o pranto ambivalente.

Pilar choraba por mor do nacemnto do neno,

Pilar choraba pola súa emotiva maternidade,

Namentras Sergio, supoño,

Non estaba exento dun nervioso preciso

Como Pai primerizo desconcertado estaba.

David, veu ao mundo neste verán ledo

Ocupando o espacio necesario

Para a súa pequena habitabilidade,

Fermosa criaturiña pequena,

Froito do amor e da pasión,

Dunha parella namorada.

Sergio, xa non é aquel meniño pequecho

Que María Angel ía buscar a León

No coche do seu namorado,

Chamado Miguel, un home outo

Un tando despistado e atolondrado.

Naceu o pequeno David Maño

Zaragozano. Aragón

Que lémbrame a José Antonio

Labordeta, berro quente de liberdade

E a Río Ebro.

Naceu o neno David Alvarez

Namentras a noticia percorría

Por lugares diferentes,

Onde esta familia xove, permanecía,

Volcan aberto ao mundo exterior,

Xúbilo, dor esquecida,

Sorriso nas caras tensas

Namentras a miña filla Susana

Comunicábame que aumentara

En número a familia, un David merecido,

Pensei nunha criatura pequeniña

No colo dos seus en Zaragoza.

Facianas sorrintes,

E o tempo vai pasando,

Creando novos seres

Namentos outros e outras

Camiñaron dirección

Da Illa da Esperanza Perpetua,

Onde din que non existe o tempo

Onde din que non se anda nin

Para avante e nin para atrás.

David colle dianteira.

David durme tanto.

David mama o leite branco.

David é un pracer constante.

David é o camiño futuro.

E como a fror que deu súa fermosura

E o comezo dunha existencia plena.

Danos a felicidade precisa

Arrinca de nós a dor que doe,

Danos o sorriso preciso

Fai do noso corazón unha primaveira florida.

Durme neno David,

Durme neno pequechiño

No colo da túa Nai queridiña

No colo do teu Pai feliz.

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s