POR LOIS PEREIRO NESTE ANO 2O11, ADICADO A ÉL O DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS


A LOIS PEREIRO

Pontevedra, ao 1 de maio de 2011

Deixar o Mundo, non debe ser tarefa doado.

Marchar as Illas da Distancia Eterna,

Mergullar no misterio absoluto,

Pensar en tí, Lois Longo e Fraco,

Abertos os ollos dabondo,

Morando nas Terras de Monforte,

Ou marchando o Incio,

No verán repetivo de cada ano.

Facerme a competencia con Xosé Manuel,

Namentras eu ficaba atrás

Coma se fora aquel alumno

Da derradeira fila.

Monforte Vila, de inmensa néboa

E berraba un auxilio perdido,

En medio da tupida nube deitada

No chán de Monforte.

Ía mirar e xogar con meu amigo,

Juan Raíces, viciño de casa

Acompañante de longas viaxes

Naqueles tempos de longos trens europeos,

Ou ferryboats que nos levara

As Terras do Eire pobre e atrasado.

O Mundo Celta caénos enrriba,

Como unha lousa fría de morte.

O mundo literario constante

A revista Loia,

A amizade con Manolo Rives,

Meus gostos tan particulares

Por escritores xermánicos

O gusto por Paul Valéry,

O gusto por Rimaud, Baudelaire,

Joyce presenta na lectura fabulosa.

Madrid, aquel Madrid

Da Rúa de Extremadura

Aquel andar no que refuxiánbase

Os perseguidos pola policía política,

Aquel Madrid tremendo

No que asasiñan sen piedade

Aos avogados laboralistas.

As grandes manifestacións de total repulsa,

Os días coa túa moza querida,

Os días sen a túa moza amada.

A infirmidade mortal,

Ese aceite velenoso

Que che ía deformando o corpo enteiro.

Marchache, marchache

Mais deixáchenos con bóa lembranza

E bóa escritura galega.

Descansa en paz, Loïs Pereiro,

Por hoxe e por sempre

Pegada forte deixaches

En nós, querido escritor.

Miguel Dubois

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s