>O REVÉS DO MUNDO


>

 
Pontevedra, ao 15 de xaneiro de 2011.
 
 
O REVÉS DO MUNDO:
 
 
HISTORIA DUNHA LABAZADA.
 
 
 
Sentirse aire puro e respirable.
Sentirse sosego sereo de mañanciña.
Abrome enteiro a vida pura e sensible.
Habitar, habito, silencios constantes,
Miro bandadas de paxaros ceibos
Na plenitude de seu fermoso voar.
Comtemplar a belleza do azui ceo.
Sentir a vida enteira. coas mans,
Coa vista e os ollos moi abertos
 
Ser, habitar, pertencer, amar.
Amar a persoa amada e libre
Presa de ninguén, pero amada,
No máis puro sentido da palabra enteira.
Palabra que énchote
Do máis puro significado real.
A vida para vivila.
A morte para non existir.
 
Habitar o aire silencioso e puro
Que dignifica as almas dos homildes
Homilde abasallado polo medo e o rencor.
Atravesar  a néboa gris e branca,
Descubrir o que, nunca, creín
Que existía. Aceptar a dor
Que me toque sufrir.
 
Habitar o ar silenciosamente,
Darche un bico lento,
Acariñar as túas longas costas,
Mirarte, con delicia sublime
Erguerme á altura dos teos lindos ollos.
Pararme cós meus beizos nos teus beizos.
Esperar non ter presa e disfrutar,
Da ausencia da dor que penetraba.
 
Son pouco máis que un silencio constante.
Son o vento voante,
Que insufla as velas dos barcos veleiros
Ou  son unha rosa que delira belleza,
Son algo, mais non son nada.
Son materia viva e nada serei.
 
A vida pasa, o mar ruxe,
O barco rompe amarras,
O rumbo non existe
Palabra do mundo quimérico,
Somente a forza natural,
Move a o barco perdido.
 
A vida segue a natureza enfurecida,
Por mor da irresponsabilidade humana.
Fai dos ríos,mares  asasinos,
Do sorriso, pranto constante,
Non ten piadade dos sentimentos,
Sempre os mesmos irresponsables,
Voltan a cometer
Os mesmos erros.
A hestoria repítese,
A torpeza é un acto irresponsable.
Como rexerse polo sentido común,
Como habitar un mundo decente,
Como escapan os antigos dirixentes
Dun país chamado Túnez.
Quen pode falar de xustiza política,
Que absurdos políticos,
Pasean súas deshonestas linguas
Enrriba de micrófonos contaminados.
Namentras imos perdendo
A identidade propia,
No eido dos números abstractos.
A economía mingua, constantente,
Como unha fermosa lúa de agosto perdido.
As nóminas máis necesitadas,
Decrecen numericamente.
O feble constantemente, feble
Paga o abuso dalgúns
Cidadáns anónimos.
A mentira medra sobre a mentira.
A corrupción permítese,
E o abuso non é condeado
Por nigunha doctrina coherente.
 
 
 
 
Miguel   Dubois
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s