>A FONTE DO VENTO


>

Pontevedra, ao 23/01/11
 
 
 
 
A FONTE DO
 
VENTO
 
 
 
Vento forte.
 
Forte vento,
 
Que na porta petas.
 
Vento vestido de
 
Violencia constante,
 
Vento que choras
 
Intensas bágoas.
 
De vento potente.
 
Para que, vento,
 
Se querer  quixera,
 
Auga limpa, chorara
 
De bágoas inútiles.
 
As árbores tremen
 
Dun vento constante,
 
O pó do chan seco
 
Convírtese
 
Nunha nube turbia
 
De vento gratuito.
 
As ondas da mar
 
Brava, sen vergoña,
 
Erguense có vento
 
Venteiro, forte
 
E poderoso,
 
Perfecto Deus Eolo,
 
Rey Consante do Ar.
 
Medo os mariñeiros
 
Teñen de morrer
 
De vento mortal,
 
Súas mulleres tristes
 
Choran bágoas
 
Amargas,
 
Limóns amarelos,
 
Necesarias bágoas de
 
Desafogo puro.
 
O vento é coma
 
Un sinistro total.
 
Escacha a árbore,
 
Parte o corazón
 
E derrama
 
Pranto dabondo.
 
Por mor da súa
 
potencia inaudita
 
Da súa forza extrema,
 
As tellas dun perdido
 
E desesperado
 
Tellado sinistro,
 
Para chuvas
 
Do fogar.
 
Vóan pola súa
 
Potencia poderosa
 
E tremenda.
 
Os balados rompen,
 
Os cabalos choutan
 
Desesperados.
 
Vento, chámase,
 
O cabalo negro
 
De Manolo
 
“O Furacán”
 
Máis malo
 
Que o vento puro,
 
En acción extrema.
 
Vento polo día,
 
Vento pola noite,
 
Vento asasino,
 
Que fundes barcos
 
Sen piedade.
 
Sempre eres o  Norte
 
Sempre eres o Sul,
 
Sempre eres o Este
 
Sempre eres o Oeste,
 
Sempre sodes ventos
 
Cruzados ou
 
Combimados
 
Que rachades  as
 
Brancas velas
 
Dos veleiros
 
Selleniros,
 
De navegantes únicos,
 
Da presente Ría
 
Perfecta,
 
E outros Oceános
 
Do Mundo Enteiro.
 
Ergues do chan
 
Húmido
 
As follas do Outono
 
Mortas e miserentas,
 
Tiradas nun chan
 
Inútil e esteril.
 
Trema a sinistra
 
Arbore esquecida,
 
Madeiro inaudito,
 
Namentras
 
Un cazador solitario
 
Dispara cartuchos
 
De pólvora asasina.
 
Un coello branco
 
Viste cunha
 
Ferida vermella
 
Froito do brutal
 
Deporte da caza
 
Asasina.
 
O campo está verde
 
Cargado dunha
 
Esperanza fonda
 
E gratuita
 
O ceu, gratruitamente,
 
Viste de cor chumbo
 
Escuro con manchas
 
Brancas e azuis
 
Escuras.
 
As árbores perfectas
 
Dobran os seus
 
Fortes troncos duros.
 
Un baile de polas
 
Incoherentes
 
Move o vento forte
 
E gratuito,
 
Namentras paxaros
 
E paxariños
 
Agáchanse aos
 
Lugares
 
Quedos e ledos,
 
Exentos da violencia
 
Dun vento frenético,
 
Namentras
 
O papaventos
 
De Mariña Branco,
 
Está pendurado
 
Nun ciroleiro,
 
No medo da horta
 
Cargada de froitales
 
Suculentos
 
E formidables,
 
Productores gratuitos.
 
Nun segundo,
 
Púdenme 
 
De dar de conta
 
Da belleza do entorno
 
Fermoso.
 
Galicia estaba
 
Fermosa
 
Naquel momento,
 
Antre vento constante
 
E batalla
 
Meteorolóxica.
 
Sentír unha emoción
 
Contida de amar
 
A Terra Nosa
 
Con vento,
 
Era  o lugar un
 
Espectáculo móbil
 
Constante,
 
Mais  a forza do vento
 
Facía todo máis vital
 
Máis rápido.
 
Namentras
 
As Illas Cíes
 
Descansaban
 
Na súa perfecta
 
Quietude constante.
 
Ons cansada,
 
Descansaba
 
No medio da
 
Fermosura
 
O vento vivía
 
No ventre aberto
 
Do ar puro,
 
Producíase toda
 
Unha música
 
De diferentes
 
Instrumentos,
 
Era a Natureza en
 
Constante movemento
 
E sons diferentes:
 
O son grave,
 
Do bruar do vento,
 
Os silbidos espidos
 
Que entraban
 
Polas fendas das
 
Fiestras pechadas.
 
O lume aceso
 
Da chimenea
 
Deslumbrante,
 
Que choraba
 
Lapas azuis
 
De fonda tristura.
 
Alumeaba
 
Con toda a súa forza.
 
O can ladraba forte
 
No medio do ar
 
Convulso,
 
O espectáculo
 
Estaba servido,
 
Sen trampa posible.
 
A Natureza
 
Amosaba a súa
 
Constante sabedoría
 
Namentras homes
 
E mulleres
 
Obedeciamos
 
Os mandatos
 
Da Metereoloxía
 
En alerta vermella.
 
 
 
 
Miguel  Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s