>A TODOS AQUELES E AQUELAS DESAPARECIDOS E DESAPARECIDAS, QUE, INCOMPRENSIBLEMENTO, DESAPARECERON


>

                           Marín, ao 2 de setembro de      2010.
A TODOS AQUELES E AQUELAS DESAPARECIDOS E DEAPARECIDAS QUE, INCOMPRENSIBLEMENTE,
                      DESAPARECERON.
Roubáronme   a liberdade persoal,
O mundo ao que pertencía até o de agora,
Roubáronme o sorriso aberto  e perfecto
E coma se nada fora, nen o día luminoso
Mais ben fixéronme en noite pecha,
Tebra, cor negra do desasosego
    
E agora non sou  eu nen a miña sombra habitada
Son perda ou desaparición, fantasma ausente ,
Froita da tolemia ou  a maldade  humana
O tolo está    ceibo e a liberdade   está secuestrada
O pranto aceso a dor tremenda, a ferida aberta e sandando
Atravesa as fibras máis sensibles do ser  humano,
Daste de conta da sen razón, do mundo cruel
Da brutal violenza do ser humano, besta  diabólica
Cumpre coa súa laboura de vivir, nun suposto sosego
Vivir en paz, afastada da insensatez e do marmurio dos tolos
E nun mundo esperanzador,
Mais a sen razón, a tolemia vil
Faise cargo de por as frores do xardín murchias
Arrincarlles a belleza sublime que lles ocupa
A cor das flores polícromas é decadente e tremenda
O caravel e rosa  e sanda
Existe unha flor descorida e concreta vestida de negro de morto
Cando a vida enteira debería ser vida acesa
E sorriso aberto, volcán aberto ao mundo da ledicia
Despóis de todo o día fíxose  noite   
E a noite foi a mesma, noite triste
A traición a vida vivida, allea,
A un usurpador de vidas vivas
A conversión, de momento,
En non se sabe que,
Mais non está no espazo visible
E, as veces, pregúntaste
Onde están as vidas roubadas,
Onde están os que xa non están
E deberían estar ocupando o seu lugar na vida
Viñeron chorando ao mundo comenzo
Mais arrincárannos das vidas, tamén chorando
A golpes da dor forzosa, de pranto extenso
De queixume constante,
Pranto de vida constante,
Constante de pranto constante,
Devólveme a vida enteira
De comezo a fin con pranto e delicias,
Arrincador   de ledicias puras,
Habitantes do sorriso e do desenfado,
Fillas da vida en vida de felicidad   
 Dádeme o ar para respirar
Darme a vida que arrincáchede,
Eu quixera ser, tamén,
Unha fonte continua de sorriso.
Miguel   Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s