>A BEIRA DO MINHO, FUN LEMBRAME DABONDO


>

SER O QUE SOU

                                        O Grove,   o día14 de agosto  do 2010
    
                               
                                
 Á  BEIRA DO MINHO, FUN LEMBRARME DABONDO,
A lembranza, pasado querido, pasado vivido na  plenitude
Volvoreta  polícroma dunha primavera afastada,
Tempos deixados no pasado doutros tempos deshabitidos
Senlleiros
Boomerang que amin volta.
Tempo que, de cando en cando, as veces,
E cando menos o pensas, sen dúbida,
Emerxe potente á superficie da memoria esquencida
Como  a auga dunha fonte ausente e pensativa
Que chora auga crara, bágoas dun tempo pasado
Como un pesamento afundido me medio da existencia temporal,
No lugar máis apartado da nosa psyque, soterrado, máis, xuro: emerxe,
Forte geiserg de branca escuma  ergueita,
Emerxe á superficie e frota na tranquilidade pensante,
Sosego do que foi, presente no seu lugar  e tempo,
Pequena gabeta que garda os días queridos
Como ternos libros antigos cheos de deleicia e armonía escrita.
Garda roupa antiga e pechado na que gardamos prendas  esquecidas
As que puxemos e posuímos que xa non pomos, esquecidas nas lembranzas abertas.
Portas que abrimos de vivendas perdidas, abofé que tenho malancolía,
Pero a vida é o conxunto dos feitos desexados, amor, bico, susurro branco e pequeno
E aqueles semi  queridos, que arincáronnos, medo, tristura, ameáza e violencia,
Polo medo preso e a vergonza medrosa; verso do medo vivo!
O sorriso amplo da cara aberta ao mundo enteiro, cara cuberta de amor fondo,
E aqueles días que eu desexaría non queridos nen vividos
Pasados sen nome e apelidos e datas contratos, supostas pantasmas brancos
Nas que as transparentes bágoas asoman aos nosos ollos de vidro roto.
Non de min fuxas camiño de ningures, non escapes pola fronte, e sem rumbo
Sem lóxica  pura ou fundamento concreto, como un tolo insolente,
Camiño de ningunha parte , onde os pensamentos non existen, pantasmas viventes
Ou na dirección do país de ninguén
Onde o corazón frío non latexa, amor vivo, amor frío, corazón de xéo duro
Mundo valeiro, aquecida lembranza vivida
Porta esquencida da derradeira palabra pronunciada
Tráeme ao momento presente, agora, de contado,
Non tan distante e inesquecible, perdido na néboa branca,
Memoria  fixa e aberta ao tempo pasado, pretérito perfecto,
Ou subxuntivo perdido no tempo dos verbos aprendidos.
Chuva de inverno dos invernos dunha infancia perdida e gañada,
Que persiste na niña mente inqueda e viva polo de agora
Persistentemente como unha doce lembranza inesquecible,
Pegada forte, rexistro inesquencible,
E o xa que non existe  o que xa foi, o mundo pasado, hai un tempo..
Que a noción temporal perdín nunha mañá desesperada,
Rocío transparente e o día por diante, interrogante
Habitáculo do pretérito que pousa, lentamente,
No tempo vivo de agora, por sempre, habitado, polo vida actual
Parecendo unha fermosa cantiga doce, unha esmola recibida,
Chamáronme uns momentos deliciosos, uns sons incomparables
O estar na quentura da familia portuguesa, antes e agora,
Uma Casa  Portuguesa com Certeça, nao esquenzo o canto
Que cantara Amalia Rodrigues,
Polos establecementos lisboetas
De mandolinas, guitarras e voces fermosas
Fálavos agora dos meus primos e primas
Descendentes de Luis de Camóens,
Polo lo que a  literatura portuguesa  é referido
Lectores das Lusiadas, Habitantes do Mar
Amigos de Grandes Descubrimentos,
Que correspondía ao un Portugal de  Cantos de Xesta.
Quero decer  vinho verde
E caldos do Porto, fermoso Douro, a rente
Cambiei de país, país achegado e querido e amado
Onde a Minha Mae, naceu: na Póvoa do Varzím
Rúa da Caverneira, número 5, atrás dunha Fábrica Conserveira
Chamada  A Poveira, latas de sardiñas prateadas,
Naquel mundo distante, mundo da perfecta memoria habitada
Ela foi poveira e portuguesa, amante da aréa quente
Da praia longa  poveirá, estival baño na salgada auga atlántica
Mar aberto de ondas grandes, forza mareira, ondas en movemento continuo
Lembranzas da miña infancia vivida, encendida memoria,
Como a bela dun bello candil, dunha antiga quinta.
Nos camiños do tempo pasado; habito na lembranza, voume ao pasado
Posúo o límite permitido do  propio recordo, que, mentalmente, habítame
Sen distanza no corazón amado, perto no querer.Por  qué non querer?
Por qué non ser un amador, ou amante sumo?,Ave suprema do verbo amar?
Non comprendo a existencia enteira sen querer e sen amar,
O que non ama está seco, coma unha folla amarela en outono  deconsolado e triste.
Que fermoso é querer sen límites!
Cando eu che quero permítome o luxo de insuflar ledicia,
Contigo a vida enteira ten  sentido,
Que  faría eu, somentes  soio, sen ao teu amor prendido?
Que bonito é encher un beijo valeiro.
Fun estar coneles no pobo portugés de Seijas
Despóis de Vila Nova de Cerveira
Denantes de Caminha, no que compramos
No pasado manteiga salgada e café Sical,
Vila de descanso e sosego, praia aberta e Lanhelas
Unha fiestra aberta a beleza do Río Miño,
Un habitáculo de paz e sosego continúo
Un lugar tranquilo, habitado de inmensa quietude,
Vento soave, palabra verdadeira, tenrura e soave amor,
Dozura, suavidade, sorrisos infantís, ledicia fonda,
Meniño ou meniña, enche de ledicia o coarto.
Meniño arrinca o pranto ou o inútil queixume:
Non chores, meu neninho, na inutilidade
Dun pranto pasaxeiro; eu dareiche, con amor
 Unhas palabras agarimosas, e unha lembranza perfecta,
Unha mirada cravada na beleza do Río Fermoso
Miño   galego e portugés unha liña   fronteiriza invisible,
Antre dous paises que se aman, penso eu no meu íntimo coraçao
Coa Illa dos Namorados,  nomeado hai tanto tempo
Por Meus Pais Queridos, caminho da Póvoa de Varzím
Destino do contento e da ledicia
No medio da auga  doVerde Río
Verde Fermoso, porta aberta a todo o verde existente,
Sucumbo ao verde minhota, sucumbo a verde beleza
 Planicie verde, arbre verde, mirada verde, mazá verde,
Miro a belleza verde intensa no fondo da túa mirada azul.
Teus ollos son azuis, como o azul do ceu fundo e distante
Que penetra na meniña dos nosos ollos de todas as cores habitables.
Seijas está ,maravillosamente, linda, as súas Rúas Quedas e pacientes
Nas que a que vida habita en lentos movementos articulados.
As súas durmidas pedras toscas e torpes, nas que a calma suma manda,
Están cheias de alambiques aguardenteiros de venda ao público diverso.
Miguel, querido Miguel, ao fin coñecín a túa casa miñota,
O pasar do tempo troúxome eiquí, lugar querido por tí,
 Derradeiro sono cumplido da túa vida, pedido con pracer e gosto
A beira dun monte fermoso e um río ateigado de belleza máxima
Esa fiestra aberta a ledicia dun Río Máxico, que morre nas augas Atlánticas
Mar adentro ao Oceano Aberto, a derradeira expresión dunha vela perdida
E as lembrazas sucumbiron  coa perda da memoria, memoria espida,
Veleiro coas velas presas, rumbo a Terra de Ningures
Onde a memoria é uma ilusión perdida.
Antre a portuguesa Caminha e a espanhola A Guarda
Trasego de barcos transbordadores,
Promontorio vixiante da desembocadura dun Río Ledo
Canta beleza poden os nosos ollos acadar
Nunha sóa mirada
E posible mirar tan sublime vista,
Desde o cumio do Monte de Santa Tegra?
Antigo pobrado Celta, arqueoloxía bem conservada,
Tellados cónicos de palla burda, tosquedade total,
Castros circulares, restos arqueolóxicos, pedras antigas
Poboadores de vai   xa  tantos  séculos,
Pregunto ao ar limpo de Santa Tegra,
Se mirou aos habitentes celtas,
Pero, sempre, é un ar calado e  sen resposta,
Unha respota fría, unha palabra xeáda on the rocks.
Fincapé, de novo,  fago ,perdón na femosura verde e nas augas grises do Pai Miño,
Que extende  a  súa longa fermosura en  extensión acuífera,
Esmeralda do ceo caído, bágoa verde dun ollo de deus perdido
No ceu estrelado de desamores perdidos e amores gañados,
En forma de longa anguía comprida que longamente na auga frota,
Surcada pola escuma branca dunha embarcacaon deportiva
Esquíes perfectos que erguen auga branca polo ar branco  e ergueito,
Coitelos cravados na auga  chá, planicie de auga,
E fácese dela auga uma escuma ergueita e cortante.
Que maior acto que amar sen fronteiras sem liñas   divisorias,
Igreja linda de Seijas, mírame agarimosamente,
Como se vida tiveres, querida Igrexa rezadora.
Subo o camiño até a Branca Casa, lugar lindo e ledo,
Sofía, vai de perfecta guiadora, eu sego as súas rodas pretas
Tan pretas como tódolas rodas pretas de tódolos carros.
Fito  a mirada, de novo, no Pai Minho, pedón, pola repetición,
Río ateiagado da Máis Pura Beleza, non canso na miña     afirmación,
E nao canso de mirar  ao traveso da fiestra rectangular.
Cantas miradas perdidas e distraídas ao longo do tempo,
Fiestra de ontem, de hojem e de mañá?
Cantas veces medrou o teu amor enteiro de mirada verde?
Mira a grandeza do Ceu Azul de Seijas,
Toma baño na verdura pura do Río Lindo
E  achégate as pequenas praias da fronte galega,
Perdo a imaje pura no fundo da beleza, pérdome nela,
Perdo odio e desamor na tranquilidade e na  quietude máxima
Dun lugar lindo, chamado Seijas,
Seijas que beijas con beizos de vidro  transparente
Meu Señor, compre voçe este alamabique máxico
De cobre puro brillante, dime o astuto vendedor alambiqueiro
Meu Señor é un alambiquero de Seijas,
Faga voçe a súa agua ardente no nome desta vila miñota,
Ou merque voçe lindas torneiras imitadoras das antigas auténticas.
A Vila de Seijas está na súa fermosura funda,
Torre cristalina de cores dunha casa antiga
A torre é un jet ergueito de poder transparente e polícromo
Que eu gardo na fotografía que eu fixen no seu día,
No tempo que  xa nao existe, na lembranza transportada
O Sol Inmenso  fai máis bela  a existencia, lus suprema,
Dame toda a lus necesaria, aparte de min o negro
Que me aturde e me desequilbra, dame toda a luz necesaria
Poso mirar a túa linda mirada antre faces lumisosos e sorrisos perfectos.
Que farei de min sen meu sorriso fondo e penetrante?
Tiago, explica The Flat Theory, eu amoso grande interés
E penso que son un grande ouvido que tudo escoita
Ou un atento alumno que ao seu profesor escoita
O Mundo, dí, Tiago, quere menos desigualdade,
Non teremos que subir ou baixar os andares tan diferentes
Do mesmo predio existential,
O equilibrio nao será un falsa teoría,
Mais ben será The Theory of Equaility,
Mais haberá coisas que nao muden,
Como a verde beleza dun prado perfecto e perpetuo
Onde os Regojo  a súa fermosa casa teñen ha anos,
Mirando dende uma casa branca situada em Seijas,
Nun promontotio nem moi alto nem baixo
Perto da figura dun Cervo non moi afastado,
Cravado na superfie do monte verde.
Gosto da beleza paisaxística, Portugal Nortenho
Gosto da froita das arbres frutáis
Visitamos tudos os frutáis, Gabí, Tíago, e   o que escrebe,
Se a oliveira nao da oliveiras,
Un día dara dabondo.
Miramos a cadeira para descansar da nosa Gabí
Numa esquina, escondida do jardin,
Onde non hai frío nen calor
E a paz fonda e enteira habita,
Con seguridade, un día perdido da nosa vida,
A cor fermosa do froito do aceite,
Será mirada pela a nosa vista  atónita.
A oliveira deu froito! Dis unha das
Fermosas criaturas, habitantes infantiis
Futuros guiadores dun país fermoso
Chamado Portugal, verde con vermello,
Habitan os mastros portugueses,
Mais a pesar de tudo do peso dos seus anos
Oliveira, ja con cem  anos vividos
Nao cansa de crear filmes fermosos e maravillosas
Porque, somentes hai ou existe um Oliveira
Dun delicioso Portugal Máxico
Que nao cansa de dar oliveiras verdes ou pretas,
Ou fitas fermosos dun gran cineasta.
Canta sabedoría filmográfica,
Mais agora penso na Póvoa de Varzim,
E penso até nunca máis acabar,
Consumo, integramente, os meu pensamentos existenciais.
Penso na máxica infanza vivida, con Miguel, Jojo,
Gabí, Jacqueline, Zi, Cucas, Genito, Gonzalo,  Loí   , Tía Hèléne,
Tío Eugéne, Isa, Tía Maé-Blanche Thenaisie-
, Tió Páe-Joao Salazar-Coelho-,
Memé, Pepé, Pica, Manela,
O Armando de Balazar, Ana de Póvoa, Narciso,
María Teresa, Teresinha,  Joao Coeho,Philipe, Olga, Sofía,
María Calafate, Zé Ruí, Alberto Matos e perdoarme
Se de alguén esquenzo, porque ja nao me lembro.
Percorrer as rúas da Póvoa coa Tía Blanche,
E a minha Mae, e eu nunha perfecta biciclete infantil
De aluguer. A imaxi nacao nun memino loiro
Discurre polas pequenas rúas daquela pequena vila.
Pasaba por diante do Casino,
Ir ao Dyana Bar coa Isa, era uma perfecta ocasión
Para beber o delicioso zumo de grosella,
Bacallau delicioso portugués,
Pelo día de Noite Bóa,
Que frango delicioso con recheio de castañas
.
O Bollo Rei, era un delicioso doçe,
Días de rebusados sabrosos
Ou aqueles Chewing Gum
En tiras longas e perfectamente empaquetados
Que, sempre, traía, uma sorpresa máxica.
E miraba a  a  cara esculpida de José María Eça de Queirós,
Hai pouco fun na percura dos mundos creados Eça de Queirós,
Puden coñecer a Lisboa do século dazanove
Ou a vida provinciana de pequenas vilas esquencidas.
Nas que o marido faltaba, ido ao Alentejo,
E a muller ficaba cun amor segredo de contrabando.
O mundo enteiro detíase na oficiña de Fernando Pessóa,
A vida era un constantes desasosego
Namentras os poetas verdadeiras morrían de dozura,
Cós  fados amorososos de Amalia Rodrígues
A vida portuguesa foi o comenzo da miña apertura ao mundo
 Portugal era unha guitarra máxica
Que facía máis doce o son de tódolos días,
Era Portugal  o pobo por min vivenciado,
E tantos amadores e amadoras da Lusitania.

Miguel    Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s