>PAXARIÑOS MAÑANCEIROS


>

                       Pontevedra, ao  1 de xuño de 2010.
                                 PAXARIÑOS  MAÑANCEIROS
Chío, chío canta paxariño da mañá amarela, limpo ceo aberto
Comeza o día  a loita cotíá, o gañar o pan de cada día, forza do traballo continuo
Canta paxariño canta  e faime a vida máis levadeira, aínda que un sono non sexa
Escoita chío, chío estou ledo porque o vida comeza nos cumios do soriso.
                         II 
Despedir sinistros inútiles, inútiles bágoas, fervenzas faciales escorridizas
Sucumbir a verdade opaca,  do mundo turbio e repugnante, nausea habitual
A vida é unha mentira malcontada en intres decadentes, perda de tempo
Un sinistro de contos opacos un engadido ao abuso indevido, perversidade
Unha luz de tebras absurdas o escuro que repudio que non se merece
Canto máis minto, érgome na verdade oculta, mudo de palabra e perversa
A verdade é unha ilusión abstracta, unha mentira disfrazada.
Agóchome nun conxunto das palabras sen sentido, discurso inútil,
Que absurda significa vivir para o mal, para o que non medra
Que agacha o Sol en fermosos días de primavera acesa, Luz do Vento Ceibo.
A mentira é un conxunto de ondas malévolas perdidas, movemento absurdo,
Que rematan nun extraño xesto idólatra, falso xesto inaudito, mentira
Que máis verdade enteira que a verdade rebosante ,activa  e penetrante
De felicidada henchida polo pasar dos anos vividos, vida ,
Dinme a vida enteira, a loitar  de cotiá, sorte e fortaleza constante,
De gañarme o pan diario coa dor das miñas mans cansadas, caios permanentes,
Describir roteiros de felicidade íntegra sen rumbo prefixado, aventura,
Polo paso da vida enteira antre susurros lentos e espidos, paso queixoso
E bágoas traidoras froito do cansancio cotiá, tristura anguriante.
Abro eidos ao paso da vida, abro eidos ao traballo constante.
Sucumbo as batallas inútiles perdidas miserentemente.
A mañanciña escoito o rechouchía dos paxariños amarelos,
Abre o canto aberto e o silenzo desaparece, estou quedo,
Porque o día está un pouquiño máis que recén estreado.
Chéirame a mañá fresca, lirio aberto con rocío lento,
Doce pinga de rocío fresco, frescos son os camiños da mañá.
O día comeza nos fogares e  homes e mulleres érguense
Do seus descansos fondos, ou do desalento da noite perdida
Ao frío do ar libre por carencia de vivenda,
Cartón duro e frío por cama, tirado nun recuncho
Das rúas carentes de humanidade.
A vida vai pasando con sentido pleno
Ou decrédito total, e o tempo avanta
Aumentando, por sorte o amplo número
No que na actalidade habito.
Miguel    Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s