>GAZA SECUESTRADA


>

Pontevedra, ao 5 de xuño de 2010
GAZA SECUETRADA
Esta necesidade imperiosa que chámame a escreber,
De feito repetido e constante, impulso interno ou reflexo
Externo .Esta chamada das letras escritas e caligráficas
Que impúlsanme a creación de pequenas hestorias vitais ou
Indiferentes, pulso do exterior o do meu mundo interno.
Historias alleas ou personais. A vida chámame a retratar
Anacos de inmensa felicidade ou perversidade concreta,
Fondos da miña vida en liñas escritas e paralelas.
Chámame a maneira que eu teño de mirar a existencia
A existencia desequilibrada dunha balanza inxusta.
A existencia dunha falsa filosofía de mentiras absurdas
E intencionadas, de enganos sutis e premeditados,
Unha tremenda desventaxa para atoparte contigo mesmo
Ou amar fondamente aos seres achegados ou non tan
Achegados que necesitan constante agarimo
No percurso das súas vidas perseguidas,
A constante amargura do mundo esquencido
Ese sabor amargo a limón amarelo,
E a chamada ao mundo especulativo,
As fábricas do textil en Bombay,
A destrucción de todo aquelo feble, aquel ser necesitado
Que pide constantemente anacos de amor roubado
E Vicente Ferrer soúbolles dar, agarimosamente,
Fondo que o poderoso ramata, sen piedade,
Ellacuría eliminado no medio do escándalo teolóxico,
Aniquilando a soñada esperanza e a pasión aberta ao
Mundo solidario e amoroso, vivindo xuntos para vivir.
A inversíón dos valores humanos e a deshumanización
A venda de armas a bom precio, negocio permitido;
E unha táctica máis de crear falsas espectativas.
Aniquilar ,á xente solidaria, navegantes dunha dun barco
De esperanza camiño da mortificada e esquencida Gaza,
Creación do estado de Israel no ano de 1948,
Pola Comunidade Internacional, sobor de todo
A excepción do desinterese
Dos que van a axudar ao que de todo carece
E da súa liberdade son donos os que manexan
Un exército sofisticado que non respeta
Os dereitos máis elementais dos seres humanos
Os maltradados Human Rights
Ao necesitado, ao bloqueado e perseguido
Sen vergoña algunha e total prepotencia mortal,
Namentras Silvio Rodríguez canta en Nova Iork
Aínda que parece unha contradicción ou paradoxo,
Ou unha inversión de valores,
Cando un pregúntase cal é o verdadeiro significado
Da palabra liberdade no seu amplo significado absoluto.
Daba a impresión que os febles non tiñan dereito
A habitar as propias terras, as súas que lles pertencen
E que no Mundo Pretérito foilles roubado
Por un extraño decreto da ONU de poder e forza.
No ano de 1948,.
De sócato, o culpable é convidado a ser iñocente
E o iñocente, fanno culpable, porque hai que crealo.
Quedando pequecha a Metamorfose
Do xenial Franz Kafka,
Mutan os valores, medra o odio frenética,
O insecto pequeno medra e medra e fica apresado froito do
Seu tamaño inesperado, preso de si mesmo.
O mónstruo foi creado por mor da espantosa
Metamorfose e a monstruosidade nazi
Remataría coa vida das súas irmás, de Franz Kafka
En campos exterminadores coma Auswitch en 1948.
Praga e 3 de xulio de 1883, nacemento de Franz,
Marcado polo autoritarismo do seu pai
Interpretado de xeito diferentes como
Marxista, Anarquista ou Xudaista
E fina en Viena o 3 de xuño de 1924
A crispación é unha constante cotiá namentras
Creánse exércitos de odio constante,
Que rematan no tiro mortal, ou bombardeo despótico.
Homes coa misión de matar, sen piedade,
A aqueles que carecen de armamento defensivo
E que son aniquilados por mor do odio ou da ameaza.
Gaza foi convertido nunha terra controlada e esquencida,
Pola Comunidade Externa e vive desamparadamente.
Europa, a Europa decadente non mira
A Gaza , carente de todo tipo
De mínimas necesidades para vivir con normalidade.
Lugares deste Planeta Azul, esquencidos
Da man Deus e abandoados ao súa mala sorte.
Triste debe ser ser palestiniano, abandoado
Do Mundo Enteiro e rexeitado fortemente
Por un exército extremista e perverso.
Palestina de bombas mortais, Palestina,
De balas inútiles que matan, día a día
A ilusión de vivir con respeto e integridade.
Resulta difícil recoñecer os erros correspondentes
Resulta difícil aceptar o que é verdade absoluta.
Mais despóis de tantos anos o odio segue aceso
E os mortos inútiles seguen cuantitavente
Aumentando, restando vidas que puideron
Estar cheas de constante ledicía
Pero xa non tiveron tempo de contar
O que ían a ser as súas vidas propias,
Somentes as nosas imaxinacións podería
Dar creto ao que ían ser e non foron.
A idade non contaba, contaba decer palestiniano
Home ou muller, ou neno, motivo suficiente
Para cortar o que ían ser e nunca foron,
Porque non deixaron ser o que querían ser.
Miguel Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s