>AULAS VALEIRAS


>

Pontevedra, ao 29 de maio de de 2010.
  AULAS   VALEIRAS
        Vaia có meu agarimo, aos meus colegas.
Marcha silanderio maio florido, carente de sol vivo
Con choivas dabondo a contra tempo, metereoloxía desordeada,
Política laiante, ou mentira constante. Xurde potente
O interés persoal e a solidaridade é un extraño vocablo
Que durme un soño incomprensible.
Morre maio especulativo de cifras delirantes,
Apretaremos tonto o cinto que cingue forte
A nosa cintura estreita, e, sempre, o feble
E fidel pagadoora de crises incomprensibles.
O  Mundo é unha Especulación constante e incomprensible,
Africa é o paradiso do continuo sufriemento
Africa da fame e a inxustiza.
Vivir para reventar as leises do equilibrio mínimo,
Vivir para mentir, para facer daño, para endurecer
Os sistemas do equilibrio vital.
Vivir para odiar, e odiar con forma suprema.
Existe a inversión da verdade en mentira,
E as mentiras son verdades  abstractas.
O insulto dentro do noso vocabulario é algo normal,
Utilizado con suma brutalidade política  ou social.
Os meniños e as meniñas aprender a insultar
Con suma certeza; o exemplo está claro
E os corazonciños pequeniños, mágoa,
Esquecen, as veces, a verba amar,
Ou quéroche porque necesito quererche,
Necesito xogar contigo, ou necesito decirche
Cantarche  que tanto che quero Miña naiciña,
Ou canto che quero meu Paiciño,
Se fora a caso; máis como neno ou nena
Necesito tanto do voso amor, do voso sorriso tenro.
Maio vaise, mañá, namentras fica escrito
Nas paredes do tempo imprecindible
Os feitos do Curso dous mil nove, dous mil dez.
A  lembranza dos días amados
O rexeite dos días inexplicables,
A  querencia de días de sorriso
Na Sá de Profesores; intre pequeno e máxico.
As palabras inútiles dirixidas a meniños ancorados
Na súa inmadurez; meniños que non se suben
Ao cabalo do tempo, por mor da imposilidade persoal.
Compartir a clase de inglés cunha compañeira agarimosa,
Facendo o rol de profesora de apoio ou Mae Deliciosa,
Digo Eu: a súa cara denota cariño  e achegamento,
Xosé , avanta no seu Mundo; hai calor humán.
Namentras o Miguelinho fai de paisiño listo,
O mapa da súa cara é unha constante antre a piñería
E o sorriso aberto. Manuel, é un traballaor implacable
Xavi, para a miña delicia, cada día fala máis inglés
E todos vos nenos e nennas sodes a fonte continua
Do noso quefacer cotiá.
Entraremos en Xuño; a vida segue,
Repartiremos ledicias merecidas
Ou disgustos calculados.
Dirémoslles, adeus, a un curso máis.
As aulas ficarán valeiras
Xa non haberá berros normais,
Os Mestres e Mestras gardaremos as ordes
Nas gavetas das mesas dos profeores.
As luces estarán en off,
As voces serán unha lembranza agradecida
Que poremos en on,
No próxomo mes de Setembro
No seu comenzo
Cruzaremos os corrdores valeiros,
As aulas desertas,
Termos tempo para  reflexionar
En que poderei mellorar?
E logo a computadora do tempo imparable
Abrirá un novo curso académico,
Para ben ou para mal,
Para ensinar o debido
E xeerar as ilusións
Para un Mundo máis feliz e útil.
Miguel     Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s