>O Primeiro de maio


>

Pontevedra, ao 1 de maio de 2010.
O 1 de maio.
Vivimos para vivir con respecto e dignidade.
Vivimos para gañar o pan cotiá.
Vivimos para compartir o noso salario
Cós seres máis achegados a nós
Necesitamos o traballo como alimento
Continuo para nosa superivenza
Pedras comer non podo.
Alimentámanos có noso traballo,
Reivindicamos a xustiza laboral
Elemento primordial de cada ser humano,
Sen ningún tipo de distinción,
Raza, credo, país…
Para aqueles e aqueles que ficaron
Fóra do eido laboral. O feble, de sempre,
Paga as desfeitas alléas, o que non
Lle pertence e castígano co mal alléo
O poderoso, o que especula, o que minte
O que rouba, sempre, gaña.
Desgraza malvida, é que un parella
Traballadora, castigo do demo do inferno,
Fique sen salarios. Salarios silandeiros,
Salarios fríos que xeneran inseguridade
E medo existencial. Quen alimentará
A este pequeno froito dos tempos actuais.
Os salarios non teñen números positivos,
Son os salarios dos ceros redondos
O Conxunto Valeiro o salario mudo
Os salarios valeiros
Veleiros alléos ao vento
Que insufla a beleza das brancas velas
Os salarios sen vida.
A riqueza morre para o humilde
E os sultáns dos cartos
Reúnenese en despachos de caoba grosa e
Brillante. Morrer que morre quen queira,
Mais ao poderoso ruín
Entende máis de economía que de
humanidade.
Que inxusto é a manipulación númerica
Que poderosos mentiras
Paseasen polo mundo enteiro
Quén e mellor quén,
Quen sabe todo mellor que todos,
Que absurdo vieiro conduce á mentira.
Cantas verdades proclamadas
Cantas mentiras cumplidas
Deste micrófono brillante e chamativo.
As de creer tódolas contos que eu che conte
E ti dirás, non é lóxico e normal tan quixera,
En vez dun ser humana parece
Un disparador de palabras automatícas.
Miradas serias miran ao orador
Baixan a cabeza de xeito afirmativo.
Créase confusión e dabondo insultos
Indebidos anda solta a lingua de hoxe.
Un Primeiro de Maio máis,
Un enfado maior, un caos económico,
Un ano máis no almanaque
Un berro impotente
Carregado de rabia activa
Daqueles desertores obligados
Do eido laboral
Os pavillóns das fábricas
Fican valeiros e as máqinas pararon.
As agullas estan fixas,
O pó vai cubrindo todo.
A nave no seu interior perverso
Vai tomando aspecto abandoada
Xa non hai vida, xa non hai traballo
Na nave senlleira ateigada da cor gris.
Os berros xa non existen
E as ordes deixáronse de cumplir,
E as máquinas fican paradas,
Ocupando sitios estériles
Hoxe polas rúas berramos
Traballo si, Fame non.
Reivindicamos os nosos dereitos
Máis elementais que permítenos
Chamarnos seres humanos civilizados
Con dereitos fundamentais imcumplidos.
Como é gañar o pan noso de cada día?
E por iso que hoxe polas Rúas da miña
Vila Linda, berro liberdade,
Porque estou preso no meu cárcere interior
Que chaman ausencia laboral sen
perpestivas.
Parece que a vida remata.
Parece que teño que estar na vida “parado”
Como se fora unha estatua que nada vale,
Quen me podera dar forza e movemento
Para traballar. Sinto inutilidade,
Non me sinto persóa útil
Estou, “forzosamento”, parado.
Non valo para sumar ou para restar.
Somentes estou eiquí para estar.
Vou perdendo a miña propia identidade
E vou atravesando valados de néboa branca
Sou como un ser invisible.
A ledicia vou perdendo, de cando en vez
Agarimánme coa unha bóa noticia
Un esperanza desexable
Ou unha mentira piadosa.
Tiña esperanza certamente,
Un certa esperanza
Nos tempos recén pasados,
Nos tempos de hoxendía
Mais todo foi un engano perfecto,
Ou un delirio de diñeiro especulativo
Unha burbulla virtual,
Espida de verdade averiguada
Fálanos de crisis abusiva
Paradisos fiscais
Diñeiro que non ten volta
O Primeiro de Maio
Reivindica o seu dereito
A traballar dignamente.
Miguel Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s