>REFLEXIÓN INTERNA


>

Pontevedra, ao 26 de abril de 2010

REFLEXIÓN INTERNA



Que tenra palabra inventaría
Para facer a vida tranquila e levadeira.
Que infame resulta o insulto e o feito descalificativo.
Cando queres saber o certo de tódolo certo.
O vocabulario provocativo e perverso,
Fai que a xente deixe de estar tranquila
E alimentada por un sutil sosego natural.
Trabúcasen a verdade en miserias inauditas.
E a miseria medra no que non era miserento xa.
A verdade fica soterrada cunha falsedade dirixida.
Vinganzas absurdas e provocacións inauditas
Forma parten do discurso absurdo.
De que xeito tremendo dividen,
De que xeito escuro,
Impoñen o que non debía suceder
E acontece por mor dun egoísmo ilimitado.
Palabras absurdas, sentencias disparatadas.
Queriamos ter superado os traumas pasados,
Mais miramos  que era unha relidade ilusoria.
Tomo parecía que ía sobre rodas perfectas.
Mais existían liñas divisorias,
Falso pluralismo, convidado de pedra dura
E xurdíu un muro divisorio e intelorante.
Todo o que ben se quería facer
Estaba mal feito, afirmados por xente
Que somentes quería o seu benestar particular.
Non era homes e mulleres interesados
No progreso común, no ben social
Dunha sociedade creente no pluralismo,
Na diversidade, nas lingüas dos Pobos do Estado.
Que respeto pode haber a quen soterra
A lingua dun determinado Pobo.
Porque arríncase a singularidade e a idiosincrasia
De cada un dos Pobos de España.
Porque rexeitamos a parte da nosa identidade propia.
Porque non queremos ser o que somos.
Sería coma unha fuxida espantosa de nós mesmos.
Sería como unha fuxida espantosa e desequilbrada.
O acontecer da vida enteira, podería ser
Un eido aberto as ideas plurais
A vida non ten senso lóxico
Vivindo na descalificación.
Atopa teu Norte propio, aquel que non fira
E refresca as túas ideas propias,
E fai de ti un ser que se indentifica,
Cóntigo, para recoñecer que eres,
Unha vez recoñecido contigo mesmo,
Irás na busca dos demáis, sen berros nen absurdas esixencias
Para, así, poder construir unha sociedade tolerante.
Cando será ese día que queimaremos as armas mortíferas.
Cando faremos a sociedade da paz e do sosego,
Cando remataremos cós xenes violentos
Que rematan coa paz a chaman  a dor
E arrincan da vida de seres iñocentes.
Dame toda a forza para arrincar a miseria
                    Dame a paz enteira contigo compartida
             Dame un bico lene cuberto de cariño aberto.
             Non remates có silencio lento e soave,
             Namentras o vento de Norte Ceive,
             Sopra polas chimeneas espidas.
            Azul está o serán ventoso,
            Azul están os teus ollos grandes.
            Canto coa delicia de contigo estares,
            A túa rente, sempre, que soporto mellor a vida,
            Para vivila con toda a fondura posible.
            Xúngome a ti en fermoso abrazo
           Non che podo explicar canto che quero.
           A vida vivo vivindo cada cacho dela
           Qué é como un barco ceive,
           De cadeas pesadas e pesos inútiles.
           O vento todo, o mar enteiro
           O mar verde ou azul o pensamento aberto
           O desexar o que escápase das mans,
           O máis elemental sosego que equilíbrame
           Violenza absurda aniña nas Illas Afastadas
           Dos Negros Corboráns  Absurdos
           Afástate, palabra absurda
           Adsurda máquina mintireira.
           Pon a verdade absoluta por diante,
          Vive para vivir,
         Non para mentir.
                                     Miguel  Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s