>O AMOR PASADO NON SE ESQUECE NUNCA


>

Pontevedra, ao 12 de abril de 2010
O  AMOR PASADO NON SE ESQUENCE,
                          NUNCA.
Tanto tiña que decirche,
Que nada che dixen, presente mudo,
Valeiro de fondo forma e contido.
Pasado en continuo movemento
Todo ficou na lembranza activa,
As frases inacabadas penduraban,
Nun ropero valeiro con cheiro a nafalina 
Branca, unha esfera  cheirenta e diminuta.
Tiña que decirche que o Sol brillaba,
Que o frío duro era unha ilusión rota.
Pero, todo, lémbrame,, constamente,
Dos paseos pola praia  longa de branca aréa,
O son constante das ondas do mar bello,
A cor verde dos piñeiros cubertos
De pel escura  e altos talos erectos
Que escahanban  na luminosidade do día.
A belleza non é un fenómeno banal,
O ceo azul e limpo con paxaros voando libres.
 A ilusión, tamén, brillaba, coma a auga do
Mar prateado, balanceo continuo,
Decreto do movemento continuo.
Mundo de ida e volta, saltibanque activo,
Pero todo ficou en nada, en un valeiro perdido
Doime a lembranza do que xa non podo
Tocar coa torpeza das miñas mans absurdas.
Lembro, xa vai tanto tempo, tantos anos atrás
Túa ledicia verdadeira e constante, túa dozura
 Tanto ficou sen que non souberas de min,
Os segredos prohibidos, a linguaxes segredas
Dos misterios irresoltos,
Tanto penso no que foi e o que pudo ser.
Dúas caras diferentes dunha mesma moeda
Dúas vidas paralelas do que foi e do que pudo
 Ser, mais todo rematou na memoria interna
Entón é cando  afúndome no fondo do que foi
E, as veces, penso que podería pasar,
Se non fora o que, verdadeiramente, foi.
Despóis de tanto tempo, unha vida enteira,
Lémbrome acariñar e pentear teu cabelo
Negro, un lustre de noite linda
E mirábasme cós teus ollos grandes e azuis,
E todo foi realidade concreta, un tempo, sono
Real e atractivo, un símbolo esculturas
Do segredo da belleza interna,
Parte das nosas vidas pasadas, tempo
Irrecuperable, pasado fermoso e bico
Agachado nos espacios do que xa non é.
 Pero todo cambiou, as nosas facianas abertas,
O poder aumentativo do número cuantitativo
Eu collín un camiño diferente e distinto ,
E tí te ías  afastando de min có paso do tempo
Torpe, delirio do derradeiro suspiro aberto.
Os seráns soleados, alumeados de lus pura
A posta do Sol inmenso, nas nosas frontes
Lémbranos os tempos de abrazos fondos,
Sentados nun banco duro de madeira vella,
Irreparable e castaño escuro.
Din que a vida pasada, toma viaxe  mental de
Retorno, eiquí estou, vereiche, de novo?
Fervenzas de lembranzas acuden as fontes
Continuas, fervenzas da auga misteriosa.
Da miña memoria inesquencible,
Abunda a lembranza, tempos dun amor
Pasado, tempo habitado na lembranza
E a lus  nostálxica alumea a miña estancia
Actual, tempo presente vivo.
O tempo avanta, día a día, o tempo imparable
Mais non podo deixar de pensar do que foi,
Cando agora atópome na túa distante
Distancia enorme, anos convertidos
Na simboloxía da pura distancai temporal.
Teño palabras para tí, palabras sinxelas de
Amor vivo, corpo en continuo movemento
Se eu poidera saber de tí, afastados
Completamente, lonxanía abstracta,
Non sería preciso construir este poema
Querido e apreciado ao que xa foi
De lembranzas  queridas e atónitas
Acudo á pasada lembranza para rememorar
O amor pasado e non perdido, fica o amor
Vivido, estancia do tempo pasado,
Non son máis cun cumio de lembranzas
Pasadas, foi e xan non é o que foi,
Un conxunto de tempo vivido, para o ben ou
Para o mal, ferida aberta e singular,
Construíndo a vida miña sen estar ao teu
Carón, ditancia dunha dor inexistente
Ti fixeches, tamén,  a túa existencia,
Mais confluímos no tempo pasado,
Naquel tempo fermoso
No que o amor era o froito da nosa unión.
Miguel   Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s