>MAI


>

 Pontevedra, ó 2 de abril de 2010
                   MAI.
                                    Adicado a miña  Mai.
Unha eclosión de xúbilo e dor contida,
Un laio de dor doce  e amargo,
Unha mestura enteira de sentimentos diversos
Estalou no límite da concepción.
Púxose a cero o almanaque recén iniciado
E vin a vida exterior, e nada vin, chorando.
Frío ambente, confusión e a calor de Xuño,
Mesturáse con pingas de suor, solpor insolente,
Caíndo pola frente ampla e pola quente faciana vermella.
Vin ao mundo luminoso
Por mor  da túa forza expulsora
Un berro agudo de dor afiada
Un sorriso brillante, nunha estrela viva cintileante,
Calado por bágoas cristalinas e transparentes.
Estive tantos meses coma pensas tí,
No mesmo teu ventre interior,
Acollido e coidado , esperando o intre sinalado,
Onde a lus externa non existía
Acolledor, fonte alimenticia
Cordón umbilical, liña de transmisión perfecta
Coidado permanente e perfecto.
Desexos de fonda lus exterior tiña,
Chamarónme ao mundo de afora,
O Mundo externo desprotexido,
Das palabras torpes
E dos bicos azuis,
Azuis como eran teus ollos, azul ceo.
Mai querida Mai, fonte vital, sempre,
Mai protectora dun meniño feble,
Dunha magrura estraordinaria
Eran os tempos de sorrisos sinceiros
Nós, Querida Mai, e o Mundo noso era.
Eramos pequenos seres  diminutos
De cabelos loiros e longos,
Pentiados polo vento Norte ceibo,
Coma se viñermos de latitudes extrañas
Mais mirabamos para a túa faciana bella,
Eu, para tí, era para min, teu fillo menor,
E Tí Mai  eras para min
A persóa máis estraordinaria e fermosa
Do  Mundo enteiro coñecido e habitable
Eu queriáche daquela xa, distancias longas:
De O Grove ao Bós  Aires,
Que era un amor incalculable.
Mai protectora, ensinadora correcta
De todo aquela, que daquela, houbera
Que ensinar como froito de  futuro esperanzador,
Que có longo tempo, chegóu, pronto.
Eu quería ser como tí eras,
Mais como un pequeno home diminuto
Amarrado a seguridade, que tí dábasme
E que eu non chegaba a acadar.
Por inmadurez merecida.
Todo foi un tempo máxico,
Todo foi unha lección de sabedoría materna.
Ti e máis Pai, erades os meus heróes,
Os conquistadores dos meus eidos descoñecidos,
E sempre había un nome exacto
Ao descoñecido e  a sorpresa máxica,
De habitar a máxia constante
Do que non sabía ou iñoraba.
Ti, Mai, abrícheme  o camiño confuso
Ao mundo externo e desordeado,
Nunha confusión abstracta,
Ao que a min refírese, por certo.
Sain do mundo pechado,
A un mundo ateigado de lus constante.
Igoal que Pai querido, fixera,
Estabas conmigo cando tocaban
Os tempos duros que mal agasallan
A vida a cada un de nós.
Soubéchedes darnos  a forza
A pesar das dores vitais.
Tremendas dores pasadas
Que fican no rexistro da memoria.
Décheme a forza para na vida abrir vieiro
Déchemede a coraxe e valentía
Para  rematar  có  devastador
Túnel do medo abstracto.
Os anos incomprendidos
O estar na vida sen comprender
Que eres para estar.
Có mundo do sosego. Acouga.
Ou coa loita cotíá, valentía,
Ou o desacougo constante,
Eran para Mai,
Eidos no que as tebras fondas,
Pasarían a un campo aberto de luz.
Emerxía, polo apoio teu,
Por teu agarimo querido  e desexado
Como un  campo verde  de primavera,
Ateigado de flores silvestres.
Aquelo que fora quietude adversa,
Convirtíuse nun movemento continúo
Equilibrio e  dozura, con senso útil e vital.
Que maior amor, que un amor de Mai,
Mae Querida, que ao Mundo trouxécheme.
Mais un día de finais se setembro,
Cando o sol aínda quentaba,
Voáche coma un ave rápida,
Afastado de ti puiden mirar,
Os teus derradeiros vóos
                               II
Sumamente difícil é para mi non lembrarme de tí.
No pensamento fondo e non sutil, senlleiro e social.
Na soidade do meu tranquilo sosego, quietude máxima,
Lémbrome tanto de tí, como de tí son o teu fillo.
Sento  o frío pálido da aurora leve. Mañá queda.
Sinto que non estás pero habitas no meu interior,
Sen decirme ren sen importacia ou algo trascendente.
Habito nas túas palabras sinxelas e tranquilas.
Habito na noite das lembranzas inesquencibles.
Unha noite de tebroada estival e azul.
Lóstregos luminosos dominaban
As pequenas fendas das brancas contras.
Un cheiro a aréa mollada e a terra negra iluminada.
Eu criatura pequena achegueime a tí,
Ao teu peito quente e lene.
Sen darme de conta e coma se fóra un espexismo máxico,
Habitaba na túa faciana perfecta, no son da túa voz acolledadora.
Estás aqui sen estar aquí ,máis, sempre, conmigo estás.
O tempo pasa  e seguimos no achegamento.
Eu estivera no teu quente ventre,
E ti estás no interior do meu cor cálido
Teu cálido bico de amor e dozura perfecta.
A túa man pequena que me agarimaba docemente.
O teu reproche merecido ante o meu comportamento,
Nú de senso común; xove eu fidel creente,
Dos meus ideais daquela perfectos,
E para min indiscutibles e insobornables.
Que maior razón que   meu idealismo perfecto,
Unha estrela  branca que penduraba do ceu azul.
Pero ti Mai, que sabías más da vida no tempo puro.
Querida Mai, diciásme, o consello axeitado
Faciásme trocar a un estado vital diferente.
Mai Miña, que me deche a vida, que, agora vivo,
Nun andar terceriro do númaro cento vinte e tres,
Da Rúa García Barbón, naquel vinte e dous
De Xuño de mil novecentos e cicoenta e tres.
Alí naquel terceiro andar,
Pasamos anos parcos e indiferentes.
Anos fallos de liberdade absoluta.
Vigo era unha cidade abandoada no tempo,
Pensamento ríxido e teso.
Eran tempos da carencia absoluta,
O ceu de Vigo era gris chumbo,
E Tí, Miña Mai,  me ensinabas
Os códigos da conducta naquelos intres
Nos que a liberdade mínima,
Era un secuestro calculado.
Miguel    Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s