>ELISA


>

 Elisa na distancia
Pontevedra, ó 24 de marzo de  2010
Ausencia de  Elisa.
ONDE  ESTÁS  ELISA?
AO MELLOR  NO FONDO
DA DISTANCIA AZUL.
PENSA  A MOZA,
AO LONXE?
Síntome ausente  da túa sana presencia.
Unha vida vivida e  un pranto acabado
Pequenas palabras contigo dicía,
Palabras sen importancia,
As máis importantes que máis valen
Non calculadas, palabras expontaneas,
Incursións lingüísticas queridas,
Un saúdo agarimoso e disinteresado,
Un sorriso aberto de ledicia natural
Tratei de agarimar o tempo restante,
A vida é un interrogante indefinido,
Unha viaxe de Ida e Volta,
Un cacho de materia  andante.
Amiga Elisa, gárdoche lembranza leda
Miña viciña do primeiro andar
No meu  íntimo do meu ser
Sempre estarás no me interior interno,
Unha caixa máxica de lembranzas vivas
Onde os sentimentes acuden  a miudo ,
Como un pasado que habita o presente actual
Mais un día da semán pasada
Deixache espida a vida enteira
Comezando un longo silencio pechado.
A túa ausencia provócame un desalento amargo,
Lémbrame  o feito intrínseco que todos rematamos no
Límite temporal establecido,
Día Tal de cual á hora Z
Xa non te atoparai no hoco da escada,
Ou no espazo pequeno dun elevador estreito.
Asulágame na túa pasada presencia,
O teu sorriso lindo o sorriso vivo
Que dá vida e quita morte.
 Vida querida que comezas có pranto infantil
Fonte de ledicia e dor de nai
E rematas cunha dor que mata lentamente
Ou de súpeto, por un impacto brutal.
Permíteme este
Tosco  e triste homaxe tremendo.
Permíteme de pensar onde estarás,
En que lugar oculto do mundo misterioso
Cando a luz está acesa, hay luz de vida intensa,
Mais cando penetra a obsuridade  asanina
Tocan as campáns e a tristura de persoa ausente,
Coma suplir o teu espazo habitable,
Como falarhe con delicia e agarimo
Cando non eres un ser presente físico
Como comprender o fin dos límites,
Como espidir  a dor que clama e vence,
Non podo a tí achegarme porque,
Atravesache a verdadeira barreira do imposible.
Como comprender a carencia absoluta de vida quente,
Como quentar o frío tremendo  morte absoluta.
Como mirar a túa faciana sensata e crara.
Como convertir a dor da tristura  na cantiga permanente
Voz que non da voz porque vive no mouro,
No mouro nada medra, ausencia total de luz viva,
Palabra queixumosa, laio que dóe dabondo.
Atristura enteira abrangue os barrios da luz triste
Como convertir en ledicia relativa,
A dor da morte chamada,
Fronteira descoñecida, mundo ateigado de lembranzas
Loitanto os derradeiros anos da súa vida,
Coa dor penetretante, coa sumisión a fría tristura,
E abandonadache o mundo enteiro sen aviso previa
Deixáchenos sós neste mundo tolo e irracional
No que nada é normal ou lóxico.
Parece que somente o poder económico e lóxico
E que por enrriba de homes e mulleres
Descansa, placidamente o diñeiro legal ou ilegal,
Mais o ser humano ocupa un escalafón trivial.
Deixache este mundo irracional,
De guerras absurdas e asasinatos cotiás,
De  traficantes de armas mortiferas,
Que divian a pobos e etnias diferentes,
Deixache este mundo que negocia
Coa saúde allea por mor
De reamatar coa saúde pública,
Para rematar cunha xuventude aberta,
Presa de dous gramos de cocaína adulterada
Ou da heroína vida  das terras afganas.
Xa non estás querida Elisa.
O mar azul de fondo está tranquila
Mais a moza de sombreiro con vestido branco,
Pregúntase: onde estaás querida Elisa.
Miguel   Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s