>SOIDADE


>

                                                              Pontevedra, ao 16 de outubro de 2006.


Soidade xusta do momento adecuado.
Sinto a súa figura permanente,
A miña rente, perpetua e detida,
Mirada perdida no fondo oculto e ao afastado
Dun vaso cheo de ilusións perdidas,
A solicitude constante á perda do medo asasiño,
A matanza inútil da barbarie constante,
O desalento queimante, o xuramento falso,
A verdade valeira de contido real,
A doutrina da mentira cotiá,
A perda da confiaza valeira,
O rechouchío do paxaro confinado, de por vida,
Á gaiola constante. Que remate da liderdade debida,
O decir amar e sintes o rexeite ao delirio tremendo.
O mundo é unha continua mentira,
Que remata por encher ó campo da verdade querida.
Como averiguar en onde está o vértice concreto
Do senso do equlibrio total.
Coma farei para non disparar coa miña lingua bruta,
Verdades que traspasen os límites delimitados.
Como vou a encaixar verdade coa verdade.
Coma quitar do mundo real o que xerera desequilibrio.
Como xuntarme a un anaco de amor cálido e desinteresado.
Como habitar no senso pleno o que eu son.
Espido de medo que mata, sen presa nen permiso.
Como encher os meus erros cun cachiño tenro,
De sabedoría fonda que invita á flor do equilibrio constante.
Cono abandoar todo aquelo que me doe dabondo,
E invita a un equilibrio curativo e dinámico.
Son coma o cabaleiro manchego, perdido
No fondo da súa inxenuidade suprema.
Perdido estou antre muiños de vento,
E tantos libros lidos sen senso.
Fiquei cego de sabedoría,
Fiquei tolo de inxenuidade,
E coa miña lanza longa e estreita,
Loito con pantastas existentes no meu maxín.
Inxenuidade adsurda, illa das ilusións perdidas,
Pérda absoluta da palabra exacta pero absurda.
O mundo das palabras decisivas,
Perderónse polos camiños longos da vida.
Quizáves, vivimos sen vivir,
O senso real ao que pertencemos.

Encher o que cheira a constante valeira,
É unha laboura dura e tremenda.
Doado é encher os vasos do líquido elemento,
Doado é falar sen senso, absurdumante,
Caíndo en verbas delirantes
Carentes de significado puro
E significante concreto.
A palabra espida
É a finción da perda de tempo limpo.
Convídoche a ser ti mesmo,
A coñecerche, integramente,
A túa aceptación plena.
Convídoche a decer o que eres
E non a afirmar o que che gustaría ser.
Vive o mundo con sentido que vives o mundo enteiro.
Vive para vivir,
Vive para sentir,
Vive para ó ben
Vive para a aceptación do mal.
Recicla a teoría do mal infundado,
Quérete como eres tí,
Funde coma ferro líquido
Aquilo que non admites no teu ser interior.
Respira fondo,ondá habita a  ledicia constante.
A vida vive por si mesma.
Se te sentiras coma un barco sen rumbo,
Acude ao mundo solidario,
Acude ao mundo orientativo.
Énchete enteiro e, sempre, vive vivindo.
                                      Miguel   Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s