>IDIOMA


>

      Pontevedra, ao 23 de xaneiro de 2010
NON NOS ARRINQUES  A LINGUA PROPIA.
De  me maneira decirlle que si
A aquelo carende se senso
Carencia da lóxica inmediata
A ideoloxia mintireira
A demagoxia constante
Sempre foron pantasmas tremendos
Que veñen  e marchan
Coma o péndulo dun vello orloxo.
Falar temos que falar, sempre.
Traizoarías a Rosalía,
A Curros
Ou a Pondal?
A nosa lingua mae 
Non quere ser rexeitada por ninguén,
Namentras outros seres insensatos
Son os criadores poderosos
dunha sociedade galega dividida.
Mágoa as flores perdidas,
A creazón do desalento constante.
Hoxe na Alameda calaron
Os paxariños cantores,
O ceu estaba  gris moi gris,
E comenzan a caer as primeiras
Pingas da choiva castigadora.
Que vista máis bela
Que teus ollos lindos,
Que vista máis bela
Cando  a tarde lenta e sosegada
Cae sobre o Océano Atlántico
Namentras as ondas saltimbanquis
Crean a fermosura do mar vivo.
Que bonito é o noso país,
Miña amada terra
As fermosas praias
Os verdes montes,
As veigas cheas
E os pinos movéndose
Por mor do soplo de vento ceibo.

Son galego enteiro,

Con cara ampla

E corazón ledo.

Non renego de nada

Da miña identidade propia.

Parece coma se un corvo negro,

Apoderásese dun idioma querido,

Falado dende neno,

Pero sempre hai un estrano lugar

Para a súa presecución e falso delito.

O campo da demagoxia pura,

Ocuparon o espazo amplo

Froito da manipulación lexislativa.

Fobias de señoritos finos,

Tanto tempo na percura do consenso

Para agora queredes dividir

Ao pobo galego soberano.

Algúns rexeitan a lingua do seus pais.

De maneira estraña e ateigados de absurdos

Complexos, froito  do non aceptamento

Ao que son. Son os galegos renegados

Que non  se aman asemesmo.

É unha mentira disfrazada

De verdade falsas.

Son as palabras bárbaras e tremendas,

Que firen os corazóns doidos

De que  serve a ceptar o que somos.

Dame a impresión que vivimos
No absurdo, no que non ten senso,
Na época dourada de facer mal.
Non importa o quen sexa
Nametras o que dirixe incorrectamente
Afártase de crear confusíón
De derivar naquelo que é inutil,
Mais que se sente importante
Sen serlo.
Que é ser importante?
Mentira máis
Mentira menos,
Caducidade das palabras verdadeiras
Teoría da crispración calculada,
E foi entón que aquelo que era doado
Fíxose complicado e absurdo.
Era coma se cambearan os signos mattemáticos,
O máis era un menos,
E o multiplicar era dividir.
Unha Galicia con fendas e feridas.
O lobo negro tansformado
En secuenxia humana,
Ruxe no fondo da noite perdida.
                                   XÚBILO
Pero X. L. Méndez Ferrín querido,
Hoxe serás o novo Presidente
Da Real Academia Galega,
Por merecemento propio,
Porque eres un ser único,
Meu querido profesor,
Meu conselleiro lector,
A través da lectura dos teus queridos libros.
Non che quixeron darche o Premio Nobel.
Pero ti hoxe, a partires do
Vintatres de xaneiro, sábado,
Do ano de dous mil dez,
Eres o novo Presidente
Da RAG.
Vaian ao traveso deste homilde poema
Os meus parabéns, querido Xosé Luis.
                                 Miguel  Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s