>A XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN..MEU QUERIDO PROFEOSR


>

                         Pontevedra, ao 23/01/10
A XOSÉ LUÍS MÉNDEZ  FERRÍN.
  MEU QUERIDO PROFESOR.
Pasaron os tempos distantes,
Afastados de memorias reáis,
Ateigadoas de soños cumplidos.
Pero xa vai tanto tempo daquel
Tempo amarrado a lembranza,
Ao tempo que nunca voltará,
Máis fomos construíndo,
Co paso dos anos vividos,
Fermosas hestorias,
Ou momentos duros
Que doían dabondo e tanto
Ti comenzaras, con
Percival e Outras Hestorias,,
Aquel comezo máxico,
Tempos con Lugrís, Avilés,
Madrid , Café Xixón
Que da comezo a túa sabedoría
Coma escrito galego de vangarda
Quizáves revolucionaria.
As túas liortas políticas
As túas guerras verbais,
A palabra metaforfoseada,
Para convertilo en libros deliciosos,
Que invitan a lectura,
Lectura cun certo fondo didáctica,
A beleza das palabras
O discurso da verba escrita,
Era un fonte de hermosura continua.
Aquela pequeno escrito
Que deixáchelo pegado,
No disco de Pilocha,
Idioma Meu, Manuel María,
Dous o tres párrafos fermosos,
Dicián: dende punta de cabalo de afora…
Tería que coller  a funda do vinilo negro,
Fixarme na  beleza de Pilocha,
E darlle a volta a funda do disco,
Para o difrutar das palabras fermosas túas.
Foches un profesor agarimoso,
E sempre, ficou en mín a túa pegada,
Respetuosa, igoalitaria e homilde.
Teus alumnos queríamosche moito,
O día da tristura da morte do teu meniño,
Ficamos derrubados no medio da aula triste.
Non diferenciabas aos teus alumnos,
Nem polo xeito de vestir,
Nen por nada diferente.
Eras agarimoso con Isaac, lémbraste?
O ventre hinchado dil os riles enfermos,
O amigo Fálagan, sorrinte, sempre,
E o sobriño  de Anxel Fole,
A quen ti tratabas, agarimosamente.
Leónides de Carlos era un gran amigo teu
El, de igoal xeito era bon.
Con Pólvora e Magnolias,
A il ía adicado. Leónides,
Predidente do Colexio de Doutores e Licenciados,
Teu amigo, Laredo, teu crítico.
Eras naqueles tempos pasados,
Modo de comunicación constante,
Ou ben  se fora polos teus libros ideais.
O Grupo de Comuncación Poética,
Rompente: Alfonso Pexegueiro,
Ille del Dones, Foles,
Antón  Reixa, Alberto Avendaño.
Aquela pólvora revolucionaria,
Aquel estourido tremedo,
Fíxose a beleza da magnolia queda e soave.
Alá ficaron Arraianos,
Retorno a Tagen  Ata,
Voce na Néboa,
Poesía enteira de Heriberto Bens,
O Fin dun canto,
Erótica,
Estirpe,
O Outro,
Era na Selva de Esm,
Contra Maquiero,
O Crepúsculo es as Formigas
Arrabaldo de Norte,
Elipsis e Outras Sombras,
Antón e os Iñocentes,
Crónica de Nós,
Amor de Artur,
Arnoia Arnoia,
Bretaña Esmeraldina
Arrianos,
No Ventre do Silencio,
Fría Hortensia e outros contos.
As fría mañáns nas Travesas,
O s cafeses quentiños,
Engulidos nos bares achegados.
O curto camiño do establecento público,
Atá o Instituto de Santa Irene,
A complidcidade coas rapazas lindas
Do Instituto femenino,
Os primeiros pitos fumados
A contragosto,
A insolencia do lunfardo,
O adolescente en liorta,
E exposisión polo suposto amor
Dunha rapaza do Instituto femenino.
A seriedade do Director Pazos,
Namentas Laerdo pensaba matemáticamente,
E codeada sen límites
A Don Gozalo de Berceo
Os apuntes do bon Leónidos,
Encol da Filosofía Clásica
Da Antiga Gecia,
Parménides de Elea,
Zenón, Heráclito.
Os comentarios que percorrían a zóa
Das Travesas. As faladurías de Rufo
Ou as faladurías do fillo de Rufo.
A luz pobre no interior da aula gris.
A severidade da palabras que dictaban.
O medo ao definido e a non sei que.
A túa postura valente ante os tempos
Daquela. A lei dictatorial
A orde do medo,
O tapar as bocas abertas
Pidindo liberdade,
O reloxo enorme na torre outa.
Do Instituto de Santa Irene,
A quietude das arbres verdes
Apuntando ao ceo vigués.
Ceo gris dunha cidade perdida en gris,
A lus apagada,
A Praza de América, ateigada de derrota.
As cicatrices da vida nas nosas costas,
A apertura que nunca chegaba,
O desasosego; a rotura da armonía
A rabia traducida a un pechamento colectivo.
O abuso constante a lei do medo
Pero, agora, Xosé Luís, amigo,
Chegache a presidencia da RAG,
Por eso de ti escrebo con ledicia,
Porque merécelo, incansable escritor
Lector afinado, bon escolledor de autores,
Joyce, Faulkner, Kerouack.
Percival descansa na hestoria do tempo,
Máis valeu a pena, Xosé Luis.
                                        Miguel  Dubois
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s