>O IDIOMA DO MEU POBO


>AMOR E DOZURA É VIVIR   Pontevedra, ao 10 de xaneiro de 2010

 
 
 
 
A LINGUA  DO MEU POBO.
 
 
 
Amanda lingua galega,
 
Lingua do Pobo galego
 
De ti non rexeito,
 
Fonte da boca aberta,
 
Da que saen verbas galegas,
 
Oriundas  das Terras da fermosa Galicia.
 
Non rexeito da miña lingua querida.
 
Non rexeito do berce do meu falar.
 
Galicia fica senlleira, aíllada,
 
Sen a súa lingua falada e escrita.
 
Cantas horas de clase ensinadas,
 
Cantas autores estudados,
 
O Rexurdimento,
 
Rosalía, Curros e Pondal.
 
Porque non lembrarse de
 
Luis Pimentel, de Ramón Cabanillas,
 
Por que non lembrarnos de
 
Uxío Novoneyra, de Manuel  María,
 
De Rafael Dieste, de Lorenzo Varela,
 
De Antón Avilés, de X. L.
 
Méndez  Ferrín, de Carlos Casares,
 
De Bernardino Graña,
 
De Darío Xohán Cabana,
 
De Suso de Toro,
 
De Otero Pedrayo, de  Anxel Fole,
 
De Neira Vilas, de Manoel Antonio,
 
De Castelao ,de María Mariño,
 
De Roberto Blanco Torres,
 
De Antón Tovar Bovillo,
 
De  Manuel Lueiro Rey
 
De Luis Seoane,
 
De Rafael Dieste,
 
Todo un sin fin
 
De escritores galegos,
 
Froito  do traballo amado e querido
 
En prol da nosa lingua linda,
 
E da nosa lieteratura grandemente
 
Fermosa e creadora,
 
Ancorada no mundo da fermosura,
 
Di quefacer literario galego
 
Froito da xenialidade,
 
Nunha lingua fermosa
 
Cantareira, linda e aberta.
 
Non nos negarán o dereito puro
 
De falar a nosa lingua viva.
 
A lingua que mirounos nacer
 
Nos nosos lares abeira   da costa limpa,
 
Ou nas casas do interior,
 
Lugares productores de campos sementados
 
De esperanza e froito. Millo verde,
 
Que agarimávanos a faciana suorosa
 
Co vento norte do verán ateigado de lus clara
 
Galego para os galegos e galegas,
 
Non rexeitamos da orixe fermosa
 
Que fíxonos falar un galego perseguido
 
E agora rexeitado,
 
Pola falla de madurez total
 
De xente que desafía
 
O idioma que fala
 
Mais que non pensa
 
Na Galicia real, xusta a medida
 
Que debe ser, no seu ponto equilibrados
 
Creazón da disputa valeira,
 
División absuda, perda temporal,
 
Dun pobo debido a súa xente galega
 
Ou aqueles que de fóra veñen,
 
Serán ben recibidos,
 
Porque acollémolos con agarimo e mimo.
 
Valente lingua de mariñeiros fortes,
 
Que representa ao pobo galego navegante
 
Nos portos onde fan falar
 
O doce lingua da linda Galicia.
 
Lingua de troveiros namoradores
 
De mozas a beira da Praia de Cesantes.
 
Galicia emerxe na súa grande beleza
 
Coa forza da súa lus clara e penetrante,
 
Galicia fala galego, canta en galego,
 
Galicia fala en galego, galicia escrebe
 
Nunha maravillosa lingua, froito
 
Do esforza e o amor a esta terra linda,
 
Castigada,pola contra,
 
Polo exceso especulativo,
 
Da construcción  absurda.
 
Verdes eran  os verdes campos,
 
E emerxen na súa supercie,
 
Construccións absurdas,
 
Que destruiron  a bela Galicia verde.
 
Quero si quero tanto a miña terra,
 
Que pregaría que o seu chan chá
 
Fora ben tratado con dozura aquelada.
 
A beleza que sempre foi bela,
 
Debería ser unha fase estática e permanente.
 
Por eso non podo rexeitar
 
A miña fala galaga,
 
Porque rexeitaría a fala natural
 
Do pobo galego ceibo.
 
 
 
 
                         Miguel  Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s