>A REI MOTO REI POSTO


>AMOR E DOZURA É VIVIR

Pontevedra, ao 31 de decembro de 2009
 
 
A REI MORTO, REI
 
POSTO
 
Tempo, tempiño, tempo,
 
Suma e segue,
 
Habita números outos
 
Habita po paso da historia pasada,
 
As lembranzas queridas,
 
Os prantos gratuitos,
 
As condeas absurdas,
 
As decisións incomprensibles.
 
 
O Mundo enteiro
 
Habita có paso do tempo,
 
A hestoria vivida
 
Abandonamos un ano pasado
 
E nunhas horas videiras,
 
Choutaremos, beberemos,
 
Bridanremos,
 
Darémonos bicos agarimosos,
 
Bicaremos con traizón calculada,
 
Amosanda a cara agachada
 
Do que  desexamos ser,
 
 
Mais non somos.
 
A cidade estoupa en locería
 
Nouturna, ceo de cores diversas
 
 
Os sufridores seguén seu lento
 
Sufriminto crónico,
 
Externo ou interno.
 
O traficante brinda
 
Pola gloria do seu tráfico.
 
O enfermo sofre,
 
Os albergues son sufrimento
 
E acollen aos seres apenados
 
Homes cansados ou rexeitadas
 
Mulleres denigradas.
 
Deixámolo ano vello,
 
Un pouco máis bello no tempo
 
Da ledicia e o sufrimento.
 
Pero a vida segue, meus amigos,
 
Pero a vida segue, miñas amigas
 
Un abrirá con toda ledicia
 
Un viño espumoso,
 
Un cava catalán
 
Un champagne francés.
 
Ou unha botella de anís.
 
As sás de festas estarán ateigadas,
 
E todos xuntos, amigos ou nemigos
 
Van enchendo as copas fraternas
 
Ou a banalidade dun berro roto,
 
Dun queixume doroso.
 
 
E daremos paso  ao pensamento
 
Interior aos feitos  sucedidos
 
Neste ano que imos abandoar.
 
Pensaremos nos males feitos
 
E ocorridos, nas verbas traizoeiras
 
Nas promesas de amor roto,
 
Da fonda ledicia vivida,
 
Fondamente, habitada plena.
 
E pensaremos  naqueles
 
Que utilizaron as malas artes
 
Da Ética Fundamental,
 
E diremos que a Lingoaxe
 
Dos Valores elementais,
 
Foron para este poeta galego,
 
O deserto máis absurdo,
 
Da palabara habitada
 
Da mentira continuada.
 
Pero deixaremos, nunhas horas
 
Próxima a hestoria deste ano
 
Que vai pasar para ao Mundo
 
Da lembranza próxima
 
Con doses de amor fonda,
 
Que nos enche coma seres
 
Enteiros da vida que habitamos.
 
Que maior entrega
 
Que o desinterés,
 
Dos intereses creados,
 
Para o Mundo especulitado.
 
Eu douche bicos quentes,
 
Se ti quixeras non me deas nada,
 
Mais, sempre, respétame,
 
Na miña dimensión humana.
 
 
 
 
               Miguel Dubois.

>OS SEN TEITO


>AMOR E DOZURA É VIVIR

Terras de Marín, ao 19 de decembro de 2009

Imos xa entrar no Nadal de descanso,
Para uns. Para outras un Nadal descomunal
De traballo de venta imprevisible,
Sociedade de consumo,
Alerta os puchos furados
Por mor da crise económica.
Locería dabonda por rúas cheas
De vidas humanos.
Uns van con rumbo fixo
E outroe perderon o rembo exacto
Do poder razoable.
Home tirado na beirarúa,
Leva a man extentida,
E a súa rente nun recipente ovalado
Depositas estás as emolas daqueles
Qu enun intre dado
Sentíronse con bondade.
Non teñen ren
Para parar a súa fame constante.
Son os homes e mulleres sen teito permanente,
Os amigoda friaxe,
Os que viven o sufrimento deles
Os re4xeitoados daa cidades

>EXISTENCIA, VIDA E CAMIÑO


>AMOR E DOZURA É VIVIR  Terras de Marín o 15 de decembro de 2009.

                EXISTENCIA, VIDA E CAMIÑO

O mundo é un grande esperanza,
Habitado se soños partidos,
Habitado de sorrisos abertos,
Ao mundo que espera,
E que non desespera,
Sempre esperando.

O mundo é unha  bola azul semiderrubada
De esperanzas azules perdias.
O Mundo é un barco a deriba,
O Mundo é un salvavidas de esperanza continua.

Mundos da esperanza,
Mundos desesperados doutros mundos partidos.

O berro desesperado derruba o silencio murcho
Da mañá fría. Espero e non desasosego,
A derradeira palabra espida.

As campás torpes da catedral pétrea,
Non deixan de repinicar.
As afiadas torres
Dirixen  o seu camiño longo,
De cara a un ceo zul e branco.
A maña está fría e torpe
Namentras  a branca neve
Non me deixa albiscar
O camino que aínda
Non andiven por hoxe.
A vida segue