>FÃO–PORTUGAL


>AMOR E DOZURA É VIVIR

Fão, Portugal, ao 2 de agosto de 2009.

Percepción real do Mundo Pasado,
Habitantes reais e puros dos que foron e son.
Volto ao Porugal querido. Que sono de ambición
Inspirador dun pasado ateigado,
De historia viva que vive agora no Mundo da Lembranza.
Acende a lus pasado dun tempo vivo
Que non xeme e vive como unha historial real e penetrante.
Vivo querendo vivir o que son,
A distanza percorrida até o de agora.
Estou en Fão puro rodeado de pineiros de verde caruma,
Brisa marina que se extende até Esposende na beira do mar.
Falo dun campo sinxelo dun golf marítimo e fluvial
Pano verde natural aceso,
Descansan tamén,en uns pineiros ergueitos.
Paos de golfista puro e brancas pelotas duras,
E un burato como premio enteiro ao xogo realizado.
Primos como cómplices e amigos.
A Pôvóa do Varzim é un pobo grande
Cargado de máxicas lembranzas,
De neno pequeno e adolescente,
Sulagado nun mundo confuso.
Pôvóa de Varzím é unha fonte continuada
De lembranzas habitadas de nostalxias.
Nadales enteiros o vento forte de decembro
É unha testemuna enteira,
Daquelos nostálxicos Nadales máxicos.
Estou en Fão, Portugal, ben coidado
E non son un estranxeira na Terra da Lusitania.

Miguel Dubois

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s