>CARUMA VERDE


>AMOR E DOZURA É VIVIR
Caruma verde
Verde caruma
Canción viva
Que latexa
Enrriba
E en baixo
Coma a longa pola
Dun alto piñeiro preñado
De carumas verdes
Afiadas
Que se deixan
Abanear
O ritmo deste vento nortiño
Nortiño meu
Meu vento amado
Caruma verde
Cabelo de arbore peitiado
Que engaiolas
As Guitarras fermosas
As Frautas doces
Os Bongós africanos
Os Extranos teclados
As Gaitas galegas
E os acordeóns arxentinos
E voces fermosas
Que asemellan
Cantos de anxos extensos
Que nas polas vivas
Dun senlleiro piñeiro
De verde caruma
Cántalle
A lúa branca
Dun verán quedo.
Nos somos a caruma espida,verde
A que loce coa forza da seiba
Nas polas verdes dos piñeiro.

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s