>CANCIÓN LEDA PARA ELIXIO. A LEDICI DE VIVIR


>AMOR E DOZURA É VIVIR

Pontevedra, ao 8 de febreiro de 2009

CANCIÓN LEDA PARA ELIXIO. A LEDICIA DE VIVIR

Ao meu querido amigo, Elixio González Pérez ; pola túa bondade, pola túa paciencia; por ser ti.

Transmisión da tranquilidade e do sosego,

Escoita, atentamente coa cara da bondade,

Na súa faciana redonda e envolvente,

Con lentes postas ou gafas perdidas.

Na mesa do despacho da bóa compañeira.

Perdido graciosamente ante a sorpresa
E o sorriso doce coa testa dubitativa.
As veces, achégome a tí,
Porque me sinto seguro a túa rente, Elixio.
Non quixera eu molestar, manipular,
Facer dano, ou intrigar, perdelo

Querido tempo amado.

As veces perdo os límites da paciencia

Furacán verbalístico directo e dirixido.

Non soporto a linguaxe perversa,

Das dúas caras unha sonrrinte e falsa,

E en canto marchas a expresión da faciana

Deixada, convírtese na faciana traidora.

Fala de incongruenza, e de rumbo perverso.

Eu, meu amigo, somentes teño unha única

Faciana que fala unha linguaxe directa.

Son un máis con moitos erros e diversos,

Non admito a linguaxe da hipocresía perversa,
Admito o ben que toque,

Admito o mal que teña que soportar,

A door que penetra duramente,

Nos momentos difíciles,

Da humana existencia.

Que brutalidade perversa querer,

Gañar, sempre, meu caro amigo!
Que tristura tonta e absurda,
Non querer admitir as partes malas
De ti mesmo! As que doen e firen.
Entón é cando entramos na diabólica loita

Absurda de xogar, infantilmente,
Como adultos formados, supostamente,

A mirar que é o máis listo ou máis parvo

E xogamos a mirar a quen é máis perverso,
E cal de nós conta máis absurdas mentiras.

Chegados a este ponto concreto,

O noso esprito perdido é un extraño
Mundo, que non admite verdades decididas
Chegados eiquí o Norte dirixente,
É un vento perdido na Roseira dos Ventos,
No medio da singladura torta.

Porque non admitir a verdade íntegra?
Porque as desfiguración da realidade,

Cando temos todo un Mundo enteiro,

Para querernos con suma forza?

Por que as conductas egoístas e perversas
Son as donas dos nosos actos cotiáns?
Por que crear unha absurda horda
De enemigos inútiles?

U-la tolerancia perdida,

U-lo sentido homilde da vida?
Por que non chamar as realidades
Polo seu nome único?
Por que crear un filosofía tremenda
De absurdos e improperios?
Por que danar ao corazón quente
Dun compañeiro de traballo?
Que bonito son os mundos sinxelos,
A humanidade do mundo querido,
Dúas xeracións queridas,
Xogando ao naipe unha tarde de invernía
Antre expresións de gozo sublime,
Antre pais queridos
E fillos amados.
Que bonito é ensinar,
Aos meniños que non saben
E que nós lles guiamos
No mundo infantil
Da aprendizaxe cotiá.
Resulta fermoso,
Ensinar ao que non sabe,
Resulta fermoso ensinar
Un idioma estranxeiro
A meniños de tres aniños cumpridos.
O espectáculo está asegurado:
O mestre e un número circense,
Que a traveso de cores fermosas
E cancións lindas
Ensina aso cativiños
Unha lingua de estraños sons.

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s