>BEATRIZ


>AMOR E DOZURA É VIVIR

BEATRIZ

FELIZ NADAL

e moi feliz 2009

Benquerida Beatriz: como pasa o tempo, como se pasa a vida enteira, como medraron os nenos, namentras outros meniños e meniñas, como os vosos voltan, de novo e de xeito individual e único o seu propio crecimento. Que parella más fermosa tendes! Crecen moi rápido, ben o sabes. Disfrutade deles, dalles todo o cariño e amor do mundo, porque non hai verba máis fermosa que “amor.” Que faríamos neste mundo sen amor? Pasamos unha tarde, sumamente lediciosa na casa de Tino e de Balby. Eran intres perfectos cubertos dunha certa maxia atemporal. Xuntábanse xeracións diferentes pero todas elas xunguidas polos lazos afectivos e comprendidas dende altas edades até as edades máis deliciosas. Vivimos para vivir, vivimos para cumplir cós nosos traballos , cós nosos momentos de lecer e nos facemos un pouquiño máis grandes, coas deliciosas cousas pequenas, aquelas pequenas cousas que nos cobren de delicia. Vivir vivindo a vida, tocar a vida con ledicia, sentir que vivo, que non son un moble, que sinto, que amo, e non rexeito, porque a falla de respecto e o rexeitamento non son actos lícitos. Dentro do respecto, dentro da humildade a vida é máis doada. De que me vale os aditivos, as falsas condecoracións. Non son como eu son, aceptándome e queréndome e así, deste xeito aceptándome tal e coma son amo ao meu próximo. Despóis desta reflexión, un tanto persoal pero real, vouche escreber un poema para ti Bea.

Pontevedra, ao 21 de decembro de 2008.

BEATRIZ

I

Doume de conta de como o tempo pasa,
Pasa e non durme e os orloxos manteñen
Intactas as súas maquimarias perfectas e suizas.
Praza de Galicia , Vilagarcía de Arousa,
Xoguería Silva a máis linda de toda a Perla Arousá.
Tino, meu querido Tiniño, eu che quero
Todos te queremos,
Porque Tiniño eres único e bondadoso.
Na trastenda arranxabas aquelas máquinas perfectas
Pero sempre tiñas un momento de ledicia,
Para agasallararnos co teu sorriso vivo.
O teu sorriso lene, tranquilo
A caricia para os cativiños,
A vida Tiniño da Xoguería Silva,
Era perfecta e maravillosa.
Balby ,tamén ,sorría e xogaba,
Agasallaba aos meniños,
Cantáballes algunha cantiga máxica
Pero sempre a ledicia estaba
Naquela fermosa Xollería da Praza de Galicia.
Lugar de perfecta atracción.
Maripa e máis a Tía Tucha a rente estaban,
Coas súas prendas de vestir á venda perfecta.
Petelas, Braulio, Jesús María….
E cantos máis. Quizáves eles e elas
Marcharon de xeito físico,
Pero aínda continúan vivindo
No interior dos nosos corazóns.

II

Eras os tempos das praias,
De cons graníticos
De formas caprichosas,
Lugar de pousamento de negros corboráns,
As casas cáseque a beiramar,
Beiramar xoia luminosa,
Con ondas perfectas de escuma branca,
Coma a neve dunha afastado cumio outo.
Aquela casilla azúi descorida e máxica,
Algo tiña sen saber moi ben
Que era o que ela tiña.
Tempos fermosos cós nosos fillos,
Algunha saída torpe e nocturna,
Perdendo a testa antre licores perigosos.
Unha bronca merecida a volta.
O Cuco Máxico, a ledicia de se chamar daquela maneira
Nametras “o petirroxo” non paraba de piar,
Namentres un lle decía ao outra:
Escoitas o paxariño Isidoro?
Fermosura de tempos de verán perfecto,
Guitarra perfecta e voces de coro vilagarcían,
Baños de ledicia na auga fría da praia linda.
Lembranzas que fican gravadas na lembranza.
Tino tirábase perfectamente de testa deritiño
E cravávase dereitiño na auga fría
Igoal facía Alfonso querido.
Sendo os demáis expertos nadadores incansables.
Balby estaba coma un camarón cocidiña
Tres da tarde e cociamos coma perfectos camaróns
Mais eu tamén. Era coma se nos levábanos ben
Có Gran Astro Solar dador de vida.
O Nadal no Cuco e os meniños pequechos.
Alfonso protestando, dado que Angelita,
Non lle deixaba comer o que o bon Alfonso quería.
Pero ésto no es nada Geli..!
Ti Bea chegabas, de cando en vez
A aquel delicioso lugar de Balea,
As veces viñas soíña e as veces con grata compañía,
Pero é a vida a que nos ensina a vivila,
E os días van pasando e pasan e pasan,
E querida parella que fermosas criaturiñas tendes.
Dúas maravillas deliciosas.
Que día máis lindo hoxe pasamos
No cumpleanos de noso querido Tiniño.

Miguel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s