>ONDE ESTÁ O MEU VERDADEIRO NOME?


>AMOR E DOZURA É VIVIR

ONDE ESTÁ O MEU VERDADEIRO NOME?‏

Ardán, Marín, ao 19 de decembro de 2008.

Doume de conta, coma pasa a vida,
Coma imos queimando os espazos valeiros,
E coma imos enchendo a vida enteira da ledicia perdida.
Dubido, por desgraza, dabondo, queimo a sin razón,
E non vou pola vida real dando inúiles paus duros
De cego converso. Non vexo porque non quero
Mirar a verdade, que me pecha os ollos esperanzadores,
Dun espazo lumínico perdido no cumio do meio día.
E todo avanza, sen tregua,
E todo retrocede no pensamente vital humano.
O rico enriquece legalmente,
Namentras o pobre paria
Síntese máis miserento e inútil.
Obedece as ordes pertinentes,
Baixa a testa triste,
E Non chega a cobrar un salario mínimo.
O desiquilibrio social
E un constante social.
Wall Street enche as súas arcas perfectas,
Namentras os chamados amos dos cartos,
Homes de nobleza indudable, degradada,
Pasan a forma a nómina da delincuencia monetaria.
E non podes protestar e non podemos queixanos.
U-lo Norte perdido?
Que é o concepto real da existencia humana?
Que é a xustiza e que é a inxustiza?
Que son os dereitos humanos?
Que é a Organización das Nazóns Unidas?
Que son as guerras asasinas?
Cal é o concepto da Ética Fundamental?
Que son os Valores, como concepto fundamental?
E, de súpeto, esquecémonos dos nosos nomes reáis,
Do que somos e do que facemos.
Agora non sabemos onde o Norte fica.
E os faros durmen insomnios verdes e vermellos.
Namentras os narcotraficantes aproveitan
As escuras noitas
Para a tremenda descarga,
Futura asasiña da xuventude desorientada.
Teremos que atopar o tempo perdido
O camiño real vital
Debemos atoparnos,
Aceptarnos o que somos
E afastarnos do Mundo valeiro
Que somentes parece pensar
No benestar persoal,
Onde o sentido comunitario.
Onde esta o meu verdadeiro nome?

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s