>CANCIÓN DE BERCE PARA EDUARDO


>

Pontevedra, ao 15 de decembro de 2008.

CANTIGA DE BERCE PARA EDUARDO.

Quefelicidade completa e sublime,

É o sair ao Mundo externo,

Enchido de lus fonda e esperada.

Carregado de toda a súa poderosa forza.

De pulmón infantil de ar cheo,

Escoito a ledicia do seu choro

De meniño recén nacido.

Abre todo o seu espazo,

Nun lugar no mundo habitado.

Veño, pequerrechiño e fermoso e lindo

A vivir toda a miña vida convosco,

Recén coñecida familia esperada.

Son o comezo o principio

Uns números pequenos e baixos

No mundo temporal mesurable.

Son pequerecho mais sorprendente, tamén.

Vou deixando cós ollos abertos,

Aos que para min miran,

Coa faciana sorpresiva

E nos beizos un sorriso delicado e doze.

Comezo dunha vida fermoso,

Longo espazo, aínda non vivido,

Querido futuro da esperanza continúa,

Son coma unha lus máxica

Que aluméa os espazos valeiros.

Encho a vida có neu pequeno corpo,

Son un gran e fermoso pequerricho.

Son desfacedor de tódolas las tristuras inútiles.

Son unha fonte esperanzadora e longa.

Son o comezo do futuro,

O presente actual,

E o tempo que xa pasóu,

Sen darnos de conta, tempo constante,

Mamaciña míña, Benquerida María,.

E como se non me dera de conta,

Os días pasan e as aves fermosas pasan

Polos los claros do ceu de outono,

Que a cáseque xa nos quere deixar.

Namentras eu, vou medrando, sen presa,

Cheo da felicidade que me acompaña,

Día a día, sen tregua nen límite.

Eu son eu Eduardo Fermoso Lindo,

O mundo futuro da esperanza inesgotada,

Aquel porvir escrito en libros de maxia e fermosura.

Que bonito é

Producir os primeiro sorrisos

A miña benquerida Naiciña,

Entón, Ela a Mamae,

Énchese dunha felicidade perfecta

Que comparte cós seres queridos,

Que feliz me sinto,

Querida María,

Mirando a este neno lindo,

Durmindo sonos fermosos

Non seu berce ledo e tranquilo.

Miguel Dubois

FELIZ NADAL E ANINOVO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s