>SER O QUE EU SON


>AMOR E DOZURA É VIVIR

Ardán, Marín  ao 4 de novembro de 2008

Asumo o que son,

Sendo o que sou,

Sendo eu,

O tempo habitado

De longos días lediciosos,

De longos días perdidos,

Antre o tempo perdido

Sen tempo, nulidade pura,

Palabra abstracta,

Interrogante ou palabra exacta,

Matemática da palbra absursda,

Cargada de intencións inútiles

No medio da vida  vivida,

Nos lugares diferentes

Nos extremos das palabras malintencionadas.

Asumo o verbo asumido,

Sendo o que son:

Grande ou pequeno.

Perverso ou favorable.

Son eu, somentes, eu,

Este espazo  vital andante

Ou descansando na fidelidade,

Ao amor encantado

Con embruxo decidido,

Que se achega ao meu ser enteiro,

Nas lúas perdidas dos veráns Atlánticos,

Rias Baixas ou Rías Altas,

Por testemuñas marítimas,

Dos versos adicados,

Aos capitáns das embarcacións,

Que atravesan as Terras de Fisterra.

Son eu, enteiro ou que eu son

Cáseque nada sou sento

O que eu son.

                     Miguel    Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s