>IILA FERMOSA E A VIDA


>


 A ILLA FERMOSA E A VIDA
                                           Pontevedra, ao 07/11/2008
                  ILLA  FERMOSA E  A VIDA
Amado ser humano,
Canto che quero, amado ser humano.
Vivo no Mundo para tí.
Home multiracial
Muller igoal,
Habita o Mundo para querelo e amalo.
Estoura o medo contido,
Ábrese enteira a potente libertade,
Somos as naves belas
Que navegan nos mares libres,
O vento con toda  a súa forza,
Hincha con todo seu poder
As brancas velas, simbolos pacifistas,
Que nos conducen as Illas Doces,
Cargadas de  sucres brancos e castañas,
De froitas fermosas, e sabrosas.
Chegaremos ao Porto Fermoso
E alí nos acollerán os habitantes pacíficos,
Aqueles que non coñecen as absurdas guerras inútiles,
Porque en Illa Fermosa viviremos con  todo  o noso amor enteiro
Para o amor enteiro.
Dádenos a paz roubada,
Disfrutaremos da paz conquistada.
En Illa Fermosa a guerra, como palabra,
Entra dentro do vocabulario prohibitivo.
Illa Fermosa énchese enteira de amor puro,
O odio absurdo é outra palabra prohibitiva,
Queremos amar, enteiramente,
Aos nosos seres semellantes.
Que é o Mundo enteiro carente
Do amor máis puro e delicioso.
Que é o Mundo se non te teño a tí, meu amor querido.
Cando ti non estás nas miñas mañás,
Os abrentes parécenme escuros e carentes de vida.
Canto ti estás, meu amor  querido,
Os amenceres son abertos puntos luminosos
E  cheos do sentido máis plácido  e vital.
Que aventura máis fermosa
É vivir por tí e para  tí.
Máis en Illa Fermosa,
Todo asemella a un paradiso máximo.
Un Mundo de amor
No que a verba sen amor é máis cá un sacrilexio puro.
Habito para amar,
Amo para vivir.
Estou vivo porque vivo para vivir, afortunadamente,
A vida enteira que quero desexar.
                   Miguel     Dubois.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s