>O TEMPO PASA A RENTE DUN PEIRAO DE PEDRA


> Ardán, Marín, ao 10 de novembro de 2008

Achégome ao mundo enteiro,

Coa forza íntegra do amor querido.

Non son máis que o lugar ocupado,

A palabra pronunciada ou o verso escrito,

Cargado da sumisa voz de palabras perdidas,

No curso íntegro do tempo pasado.

Son un pequeno habitante ceibe,

Un ensinante calquera,

Un plantexador de palabras absurdas,

Un queixume habitado de memorias perdidas.

Xa non son o que no momento fun,

Engado máis tempo e sumo minutos enteiros

Da vida fonda que latexa labazadas absurdas

De donos imperfectos.

Asisto ao espéctalo vital

Coma un máis antre a multitude existente.

Sucumbo de momento

Aos golpes baixos e aos combates inútiles,

E a vida pasa rápido,

E o vento zóa, constantemente,

Na beira dos pedras dos peiraos esquecidos.

Unha vestimenta de anos dabondo

Habita no tempo persoal

Habito a vida para vivir vivindo.

MIGUEL DUBOIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s