>POR TÍ


>Por tí a ruptura total do silenzo nouturno,


Por tí o medo inaudito,


Por tí, o laio constante do sufrir tremendo,



Por tí, as noites de medo absurdo,


Por tí, os vidros dos vasos escachados,


Por tí, a verdade pura e constante,


Por tí, condeno o esprito velenoso,


Por tí venteo, para que os piñeiros movan,


Ao vento forte a verde caruma,


Que os verdea.


Por tí, o silenzo nocturno,


Por tí, as oracións piadosas,


Por tí ,as palabras miserentas,


Por tí, os galos simpáticos,


Por tí, as galiñas chocas,


Por tí as bágoas me esbaran, constantemente,


Pola fronte das miñas rosadas meixalas,


Por tí, a vida enteira,


Por tí, todo os nomes habidos,


Por ti, tódolos días vividos,


E a noite está doce, quizáves,


Estéa agachada no medio das luces soaves,


Namentras eu perdo a miña cabeza enteira,


Antre poemas malditos,


De mulleres tolas


E homes deformes.


Os bicos están tortos,


O sol non alumea,


E de noite é de día,


Por ti, o pranto mañanceiro,


Por tí o xemido da dor dura,


Por tí, o traballo perdido,


E os sonos perdidos,


Por tí, aqueles traicioneros,


Buscadores de mentiras baratas,


Por tí, os días perdidos,


Por ti a esperanza futura.





Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s